Le Sacre du printemps: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Engade 3 libros para verificar) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot |
m Reemplazos con Replacer: «os pasaxes» |
||
(Non se amosan 20 revisións feitas por 6 usuarios.) | |||
Liña 23:
'''''Le Sacre du printemps''''' (en [[lingua francesa|francés]]) ou '''''Весна священная''''' (en [[lingua rusa|ruso]], transliterado ''Vesna sviashchennaia'') é un [[ballet]] e concerto orquestral do compositor [[Rusia|ruso]] [[Igor Stravinskii]]. Foi escrito para a tempada dos [[Ballets Russes]] de [[Sergei Diagilev]] de [[1913]];<ref name= Hartog52/> a coreografía orixinal foi obra de [[Vatslav Nizhinskii]], con deseños de escena de [[Nikolai Rerikh]].<ref name=White177 /> Cando foi estreada, no [[Théâtre des Champs-Élysées]] o [[29 de maio]] de 1913, a natureza [[vangardas|vangardista]] da música e a coreografía causaron sensación e case orixinaron disturbios na audiencia.<ref name=H28/> Aínda que creou a obra para a escena, con pasaxes específicas acompañando ás personaxes e á acción, a música conseguiu o mesmo, senón maior recoñecemento como peza de concerto, e é amplamente considerada unha das obras máis influentes da música do [[século XX]].<ref name=Bernstein /><ref name= Smac/>
Stravinskii era un compositor novo e practicamente descoñecido cando Diagilev o recrutou para crear obras para os Ballets Russes. ''Le Sacre du printemps'' foi o terceiro proxecto deste tipo, despois do aclamado ''[[L'oiseau de feu]]'' (1910) e ''[[Petrushka]]'' (1911).<ref name= Hartog52/> O concepto detrás de ''Le Sacre du printemps'', desenvolvido por Rerikh a partir da idea dun bosquexo de Stravinskii, é suxerida polo seu subtítulo, «Imaxes da Rusia pagá en dúas partes»; no escenario, despois de varios rituais primitivos que celebran a chegada da primavera, unha moza é escollida como vítima dun sacrificio e baila ata a morte. Despois dunha recepción mixta por parte da crítica na súa forma orixinal e unha pequena xira por [[Londres]], o ballet non volveu ser representado ata a década de 1920, cando unha versión
A partitura de Stravinskii contén moitas características novidosas para a época, entre as que se inclúen experimentos na [[tonalidade (música)|tonalidade]], a [[métrica (música)|métrica]], o ritmo, a [[Acentuación (música)|acentuación]] e a [[consonancia a disonancia|disonancia]].<ref name="Morgan1"/> Os analistas teñen observado na partitura unha base significativa na música popular rusa, unha relación que Stravinskii tendía a negar. A música de ''Le Sacre du printemps'' influíu a moitos dos principais compositores do [[século XX]], e é unha das obras máis gravadas do repertorio clásico.<ref name=H162/>
Liña 29:
== Antecedentes ==
[[Ficheiro:Stravinsky Igor Postcard-1910.jpg|miniatura|esquerda|Stravinskii en [[1903]].]]
[[Igor Stravinskii]] era o fillo de [[Fedor Stravinskii]], o principal [[baixo (voz)|baixo]] da [[Teatro Mariinsky|Ópera Imperial]] de [[San Petersburgo]], e Anna, nada Kholodovskaia, unha cantante afeccionada competente e pianista dunha antiga familia rusa. A asociación de Fedor con moitas figuras importantes da música rusa, entre as que se inclúen [[Nikolai Rimskii-Korsakov|Rimskii-Korsakov]], [[Aleksandr Borodin|Borodin]] e [[Modest Musorgskii|Musorgskii]], fixo que Igor medrase nun fogar intensamente musical.<ref>{{Cita web |apelidos=Walsh |nome=Stephen |título=Stravinsky, Igor, §1: Background and early years, 1882–1905 |url=http://www.oxfordmusiconline.com/subscriber/article/grove/music/52818pg1#S52818.1 |páxina-web=Grove Music Online |ano=2012 |dataacceso=15 de outubro de 2014 |lingua=en}}</ref> En [[1901]] Stravinskii comezou a estudar dereito na [[Universidade Estatal de San Petersburgo|Universidade de San Petersburgo]], mentres tomaba clases particulares de harmonía e [[contrapunto]]. Tendo impresionado a Rimskii-Korsakov con algúns dos primeiros esforzos compositivos, Stravinskii traballou baixo a guía do vello compositor. No tempo da morte do seu mentor en [[1908]] Stravinskii tiña realizado varias obras, entre elas a [[Sonata para piano en Fa
En [[1909]] ''Feu d'artifice'' foi interpretada nun concerto en San Petersburgo. Entre os que se encontraban na audiencia estaba o empresario [[Sergei Diagilev]], que daquela estaba planeando introducir a música e a arte rusa nas audiencias occidentais.<ref name= Hartog52>{{Cita Harvard|White|1961|sp=sí|pp=52-53}}</ref> Ao igual que Stravinskii, Diagilev estudara inicialmente dereito, mais gravitara no mundo teatral por medio do xornalismo.<ref>{{Cita web |título=Diaghilev, Serge |url= http://www.oxfordmusiconline.com/subscriber/article/opr/t237/e2929?q=Diaghilev&search=quick&pos=3&_start=1#firsthit |páxina-web=The Oxford Dictionary of Music |ano=2012 |dataacceso=15 de outubro de 2014 |lingua=en}}</ref> En 1907 comezara a súa carreira teatral coa presentación de cinco concertos en París; ao ano seguinte introduciu a ópera de Musorgskii ''[[Boris Godunov (ópera)|Boris Godunov]]''. En 1909, aínda en París, presentou os [[Ballets Russes]], inicialmente coas [[Danzas Polovtsian]] da ópera de Borodin ''[[Knyaz Igor]]'' e ''[[Scheherazade (Rimskii-Korsakov)|Scheherazade]]'' de Rimskii-Korsakov. Para presentar estas obras, Diagilev recrutou ao coreógrafo [[Mikhail Fokin]], o deseñador [[Leon Bakst]] e o bailarín [[Vatslav Nizhinskii]]. A intención de Diagilev, con todo, era producir novas obras nun estilo distintivo do século XX, e estaba a buscar talento compositivo fresco.<ref>{{Cita web |apelidos=Griffiths |nome=Paul |título=Diaghilev (Dyagilev), Sergey Pavlovich |url= http://www.oxfordmusiconline.com/subscriber/article/grove/music/08450?q=Diaghilev&search=quick&pos=1&_start=1#firsthit |páxina-web=Grove Music Online |ano=2012|dataacceso=15 de outubro de 2014 |lingua=en}}</ref> Tendo escoitado ''Feu d'artifice'' achegouse a Stravinskii, inicialmente cunha petición de axuda na orquestración da música de [[Frédéric Chopin|Chopin]] para crear o ballet ''[[Les Sylphides]]''. Stravinskii traballou na abertura "Nocturne" e no peche "Valse Brillante"; a súa recompensa foi un encargo moito máis grande, escribiu a música para un novo ballet, ''[[L'oiseau de feu]]'' (''O paxaro de lume'') para a tempada de [[1910]].<ref name=Hartog52 />
Liña 61:
|-
| align="center" | ''Rondes printanières''
| align="center" |
| As mozas bailan o ''Khorovod'', as "Rondas primaverais".
|-
Liña 124:
Taruskin enumerou numerosas fontes que Rerikh consultou cando creou os seus deseños. Entre elas está a ''[[Crónica de Néstor]]'', un compendio de indumentarias pagás de principios do [[século XII]], e o estudo de [[Aleksandr Afanasev]] sobre o folclore campesiño e a historia pagá.<ref name=Vdt14>{{Cita Harvard|Van den Toorn|1987|sp=sí|pp=14–15}}</ref> A colección de traxes da princesa Tenisheva foi unha das primeiras fontes de inspiración.<ref name=H4 /> Cando os deseños estiveron rematados, Stravinskii expresou o seu pracer e os declarou como «un verdadeiro milagre».<ref name=Vdt14 />
A relación de Stravinskii co seu outro principal colaborador, Nizhinskii, foi máis complicada. Diagilev decidira que o xenio de Nizhinskii como bailarín debía traducirse no papel de mestre de ballet, non foi disuadido cando o primeiro intento de Nizhinskii como coreógrafo, ''[[L'après-midi d'un faune (ballet)|L'après-midi d'un faune]]'' de Debussy, causou controversia e case un escándalo a causa dos novos movementos estilizados e os seus xestos abertamente sexuais ao final da obra.<ref>{{Cita Harvard|Stravinskii|1962|sp=sí|p=36}}</ref><ref>{{Cita Harvard|Kelly|2000|sp=sí|p=263}}</ref> Da correspondencia contemporánea despréndese que, canto menos inicialmente, Stravinskii viu os talentos de Nizhinskii con aprobación; unha carta que enviou a Findeyzen louva «o celo apaixonado e a completa modestia» do bailarín.<ref name=H109>{{Cita Harvard|Hill|2000|sp=sí|p=109}}</ref> Con todo, nas súas memorias de 1936 Stravinskii escribe que a decisión de contratar a Nizhinskii neste papel o encheu de aprehensión; aínda que admiraba a Nizhinskii como bailarín non confiaba nel como coreógrafo: «... o pobre rapaz non sabe nada de música. Non pode nin ler nin tocar ningún instrumento».<ref>{{Cita Harvard|Stravinskii|1962|sp=sí|pp=40–41}}</ref><ref>A irmá de Nizhinskii, Bronislava Nizhinska, posteriormente insistiu en que o seu irmán podía tocar varios instrumentos, entre os que incluía a [[balalaica]], o [[clarinete]] e o [[piano]]. {{Cita Harvard|Kelly|2000|pp=273–77}}</ref> Aínda máis tarde, Stravinskii ridiculizou ás bailarinas de Nizhinskii como «Lolitas patexas e trenzadas».<ref>{{Cita Harvard|Stravinskii|Craft|1981|sp=si|p=143}}</ref> Stephen Walsh, un destacado analista de Stravinskii, suxeriu que o tardío rexeitamento á coreografía de Nizhinskii, xunto coa negación das influencias da música popular, formaban parte dun intento por parte do compositor, daquela no exilio, de restar importancia ás raíces e influencias rusas da música.<ref>{{Cita web |apelidos=Walsh |nome=Stephen |título=Proms 2012: Programme note: Stravinsky – The Rite of Spring |url=http://www.bbc.co.uk/proms/whats-on/2012/analysis/139 |publisher=BBC |dataacceso=18 de outubro de 2014 |lingua=inglés
O relato autobiográfico de Stravinskii fai referencia a moitos «incidentes dolorosos» entre o mestre de ballet e os bailaríns durante o período de ensaios.<ref>{{Cita Harvard|Stravinskii|1962|sp=sí|p=42}}</ref> A principios de 1913, cando Nizhinskii estaba gravemente atrasado na planificación, Stravinskii foi advertido por Diagilev que «a non ser que veñas aquí inmediatamente [...] ''Le Sacre'' non se levará a cabo». Os problemas foron superados lentamente, e cando tiveron lugar os ensaios finais en maio de 1913 os bailaríns parecían ter superado as dificultades da obra. Mesmo o escéptico director de escena, Serge Grigoriev, estaba cheo de loanzas pola orixinal e dinámica coreografía de Nizhinskii.<ref>{{Cita libro |last=Grigoriev |first=Serge |title=The Diaghilev Ballet 1909–1929 |publisher=Constable |year=1952 |location=Londres|lingua=en|páxina=84}}</ref>
Liña 130:
O director Pierre Monteux traballara con Diagilev dende 1911, e estivera á fronte da orquestra na estrea de ''Petrushka''. A primeira reacción de Monteux ante ''Le Sacre'', despois de escoitar a Stravinskii tocar a versión para piano, foi marchar da habitación e procurar unha esquina tranquila. A pesar de que podía exercer as súas obrigas con conciencia profesional, nunca chegou a gozar da obra; cerca de cincuenta anos despois da estrea dixo ás solicitudes de información que a detestaba.<ref>{{Cita Harvard|Kelly|2000|sp=sí|pp=273–74}}</ref> O 30 de marzo Monteux informou a Stravinskii de modificacións que consideraba necesarias para a partitura, todas elas levadas a cabo polo compositor.<ref>{{Cita Harvard|Hill|2000|sp=sí|p=29}}</ref> A orquestra, composta principalmente a partir da [[Concerts Colonne]] de París, era con 99 músicos moito máis grande que a que se empregaba normalmente no teatro, e tiña dificultades para coller dentro do foso da orquestra.<ref name="Kelly, p. 280">{{Cita Harvard|Kelly|2000|sp=sí|p=280}}</ref>
Despois de que a primeira parte do ballet recibira dous ensaios orquestrais completos en marzo, Monteux e a compañía partiron para actuar en [[Monte Carlo]]. Os ensaios continuaron cando regresaron; o número
O papel da vítima do sacrificio ía ser bailado pola irmá de Nizhinskii, [[Bronislava Nizhinska]]; pero quedou embarazada durante os ensaios e foi substituída pola relativamente descoñecida Maria Piltz.<ref name=K273>{{Cita Harvard|Kelly|2000|sp=sí|pp=273–77}}</ref>
Liña 151:
=== Primeiras interpretacións e reavivamentos ===
[[Ficheiro:Massine, Leonide (1895-1979) - 1914 - Ritratto da Leon Bakst.jpg|miniatura|esquerda|[[Léonide Massine]], quen fixo a coreografía do reavivamento de [[1920]].]]
A estrea foi seguida de cinco representacións máis de ''Le Sacre'' no Théâtre des Champs-Élysées, a última delas o [[13 de xuño]]. Aínda que nestas ocasións foron relativamente pacíficas, algo do estado anímico da primeira noite se mantivo; o compositor [[Giacomo Puccini|Puccini]], que asistiu á segunda representación do [[2 de xuño]],<ref>{{Cita Harvard|Kelly|2000|sp=sí|p=294}}</ref><ref>{{Cita Harvard|Hill|2000|sp=sí|p=116}}</ref> describiu a coreografía como ridícula e a música cacofónica: «a obra dun home tolo. O público asubiou, riu e aplaudiu».<ref>{{Cita libro |last=Adami |first=Giuseppe|outros=Traducido por Makin, Ena |title=Giacomo Puccini: Letters |url=https://archive.org/details/lettersofgiacomo0000pucc_d4g6 |publisher=Harrap |location=Londres |year=1974 |isbn= 0-245-52422-3|lingua=en|p=[https://archive.org/details/lettersofgiacomo0000pucc_d4g6/page/251 251]}}</ref> Stravinskii, confinado na súa cama por [[febre tifoide]],<ref>{{Cita Harvard|Stravinskii|1962|sp=sí|p=49}}</ref> non se uniu á compañía cando foi a [[Londres]] para realizar catro representacións no [[Theatre Royal, Drury Lane]].<ref>{{Cita web |título= Diaghilev London Walk |url= http://www.vam.ac.uk/content/articles/d/diaghilev-london-walk/ |páxina-web=[[Victoria and Albert Museum]] |dataacceso=25 de outubro de 2014 |lingua=inglés}}</ref> Nunha recensión da produción de Londres, o crítico de ''[[The Times]]'' estaba impresionado de como os elementos diferentes da obra se unían para formar un todo coherente, mais era menos entusiasta sobre a música en si, opinando que Stravinskii sacrificara por completo a melodía e a harmonía en favor do ritmo: «Se M. Stravinskii tivera querido ser realmente primitivo, tería sido intelixente para..., escribir o seu ballet só para tambores».<ref>{{Cita publicación periódica|title= The Fusion of Music and Dancing|journal= The Times|date= 26 July 1913|page= p. 8}}</ref> O historiador do ballet Cyril Beaumont comentou sobre os «movementos lentos e groseiros» dos bailaríns, encontrándoos «en completa oposición ás tradicións do ballet clásico».<ref name=White177>{{Cita Harvard|White|1966|sp=si|pp=177–178}}</ref>
Despois da estrea en París e as representacións de Londres, os acontecementos conspiraron para impedir máis representacións do ballet. A coreografía de Nizhinskii, que Kelly describe como «tan sorprendente, tan escandalosa, tan fráxil en canto á súa conservación», non se viu de novo ata os intentos que se fixeron para reconstruíla na década de 1980.<ref name=K292 /> O [[19 de setembro]] de 1913 Nizhinskii casou con [[Romola de Pulszky]] cando os Ballets Russes estaban de xira sen Diagilev en [[Suramérica]]. Diagilev desgustouse e enfureceu cando se decatou de que o seu amante casara, e despediu a Nizhinskii. Entón Diagilev viuse obrigado a volver a contratar a Fokin, que dimitira en 1912 porque Nizhinskii pedira facer a coreografía de ''Faune''. Fokin puxo como condición ao seu recontrato que non se levase a cabo ningunha coreografía de Nizhinskii.<ref>{{Cita Harvard|Buckle|1979|sp=si|p=268}}</ref> Nunha carta ao crítico de arte e historiador [[Alexandre Benois]], Stravinskii escribiu: «A posibilidade marchou por algún tempo ver algo valioso no campo da danza e, aínda máis importante, doutra vez vendo esta descendencia miña».<ref>{{Cita Harvard|Walsh|1999|sp=si|p=219}}, citando a carta do 20 de setembro/3 de outubro de 1913</ref>
O inicio da [[
=== Coreografías posteriores ===
O ballet foi mostrado por primeira vez nos Estados Unidos o [[1 de abril]] de [[1930]], cando a versión de Massine de 1920 foi interpretada pola [[Philadelphia Orchestra]] en [[Filadelfia]] baixo a dirección de [[Leopold Stokowski]], con [[Martha Graham]] bailando o papel da Escollida.<ref name=Juillard>{{Cita publicación periódica|apelidos=Berman |nome=Greta |título=Painting in the Key of Color: The Art of Nicholas Roerich |url=http://www.juilliard.edu/journal/painting-key-color-art-nicholas-roerich |obra=the Juilliard Journal Online|data=maio de 2008 |dataacceso=27 de outubro de 2014 |lingua=en}}</ref> A produción trasladouse a [[Nova York]], onde Massini se sentiu aliviado ao encontrar ao público receptivo, un signo, pensou, de que os neoiorquinos estaban finalmente a tomar en serio o ballet.<ref name=J233>{{Cita Harvard|Johnson|1992|sp=si|pp=233–234}}</ref> A primeira produción deseñada en América, en [[1937]], foi a que fixo o expoñente da [[Danza contemporánea|danza moderna]] [[Lester Horton]], cuxa versión substituíu
[[Ficheiro:Moscow Bolshoi Theatre 2011.JPG|miniatura|O [[Teatro Bolshoi]] de [[Moscova]], onde a produción de [[1965]] de ''Le Sacre'' foi descrita por un crítico como "a propaganda soviética no seu mellor momento".]]
En [[1944]] Massine comezou unha nova colaboración con Rerikh, quen antes da súa morte en [[1947]] fixera numerosos bosquexos para unha nova produción que Massine realizou con éxito en [[Teatro alla Scala|La Scala]] de [[Milán]] en [[1948]].<ref name=Juillard /> Isto anunciou unha serie de producións significativas de posguerra en Europa. [[Mary Wigman]] en Berlín ([[1957]]) seguiu a Horton en destacar os aspectos eróticos do sacrificio da virxe, como fixo [[Maurice Béjart]] en [[Bruxelas]] ([[1959]]). A representación de Béjart substituíu o sacrificio culminante por unha representación do que o crítico Robert Johnson describiu como «coito cerimonial».<ref name=J233 /> A [[Le Sacre du printemps (MacMillan)|produción de 1962]] do [[Royal Ballet]],
En [[1975]] [[Pina Bausch]], que se fixera cargo da compañía de ballet de [[Wuppertal]], causou un gran rebumbio no mundo do ballet coa súa crúa representación, levada a cabo nun escenario cuberto de terra, no que a Elixida é sacrificada para gratificar a misoxinia dos homes que a rodean.<ref>{{Cita publicación periódica|last= Wakin|first= Daniel J.|title= Pina Bausch, German Choreographer, Dies at 68|url= http://www.nytimes.com/2009/07/01/arts/dance/01bausch.html?_r=1|journal= The New York Times|date= 30 de xuño de 2009|accessdate=27 de outubro de 2014|lingua=inglés}}</ref> Ao final, segundo Luke Jennings, de ''The Guardian'', «o elenco é suorento, sucio e audiblemente arquexante».<ref>{{Cita publicación periódica|last= Jennings|first= Luke|title= Obituary: Pina Bausch|url= http://www.guardian.co.uk/stage/2009/jul/01/pina-bausch-obituary-dance|journal= The Guardian|date= 1 de xullo de 2009|accessdate=27 de outubro de 2014|lingua=en}}</ref> Parte desta danza aparece no filme [[Pina (filme)|Pina]]. En América, en [[1980]], Paul Taylor empregou a versión da partitura para piano a catro mans de Stravinskii como fondo para un guión baseado en asasinatos de nenos e imaxes de filmes de gángsters.<ref name=J233 /> En febreiro de [[1984]] Martha Graham, no seu 90º aniversario, retomou a súa asociación con ''Le Sacre'' coreografiando unha nova produción no [[David H. Koch Theater|State Theater]] de Nova York.<ref>{{Cita Harvard|Johnson|1992|sp=si|pp=235–236}}</ref> O crítico do ''[[The New York Times]]'' declarou a representación como «un triunfo [...] totalmente elemental, como unha expresión de emoción primaria como calquera cerimonia tribal, como inquietantemente representada na súa desolación deliberada, xa que é rica en implicación».<ref>{{Cita publicación periódica|last= Kisselgoff|first= Anna|title= Dance: The Rite, by Martha Graham|url= http://www.nytimes.com/1984/02/29/arts/the-dance-rite-by-martha-graham.html|journal= The New York Times|date= 29 de febreiro de 1984|accessdate=31 de outubro de 2014|lingua=inglés}}</ref>
O 30 de setembro de 1987, o [[Joffrey Ballet]] de [[Os Ánxeles]] representou ''Le Sacre'' baseado nunha reconstrución da coreografía de Nizhinskii de 1913, que ata aquela pensábase que permanecía perdida no recordo. A representación foi o resultado de anos de investigación, primeiro por [[Millicent Hodson]], quen reconstruíu a coreografía a partir dos libros orixinais dispoñibles, bosquexos e fotografías da época, e os recordos de Marie Rambert e outros sobreviventes.<ref name="Fink299">{{Cita publicación periódica|last= Fink|first= Robert|title= The Rite of Spring and the Forging of a Modern Style|journal= Journal of the American Musicological Society|volume= 52|issue= 2|date= Verán de 1999|pages= p. 299|jstor= 832000|doi= 10.1525/jams.1999.52.2.03a00030|lingua=inglés}}</ref> A versión de Hodson xa foi realizada polo [[Ballet do Mariinsky|Ballet Kirov]], no [[teatro Mariinsky]] en 2003 e posteriormente ese mesmo ano no Covent Garden.<ref>{{Cita web |título=The Joffrey Ballet Resurrects The Rite of Spring |url=
Os editores musicais [[Boosey and Hawkes]] estimaron que dende a súa estrea, o ballet foi obxecto de canto menos 150 producións, moitas das cales se converteron en clásicos e foron representadas en todo o mundo.<ref name=BH /> Entre as interpretacións máis radicais se encontra a versión de [[Glen Tetley]] de 1974, na que a elixida era un mozo novo.<ref>{{Cita web |título=The Rite of Spring |url=http://www.pnb.org/AboutPNB/Repertory/TheRiteofSpring.aspx |páxina-web=Pacific Northwest Ballet |dataacceso=1 de novembro de 2014 |lingua=inglés |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120319004727/http://www.pnb.org/AboutPNB/Repertory/TheRiteofSpring.aspx |dataarquivo=19 de marzo de 2012 |urlmorta=yes }}</ref> Máis recentemente houbo versións de danza en solitario ideadas por [[Molissa Fenley]]<ref>Kisselgoff, Anna. "In 'State of Darkness', a Dancer's Rite of Passage", ''The New York Times'', 8 de outubro de 1988.</ref><ref>D'Aoust, Renée E. "Lowenberg en Pacific Northwest Ballet & School", The Dance Insider. Xullo de 2007.</ref> e [[Javier de Frutos]], unha interpretación de punk rock de [[Michael Clark (bailarín)|Michael Clark]],<ref name= BH>{{Cita web |título=Stravinsky: towards The Rite of Spring's centenary |url=http://www.boosey.com/cr/news/Stravinsky-towards-The-Rite-of-Spring-s-centenary/12217 |páxina-web=Boosey & Hawkes |data=marzo de 2011 |dataacceso=1 de novembro de 2014 |lingua=inglés}}</ref> e ''Rites'' (2008), de [[The Australian Ballet]] en colaboración con [[Bangarra Dance Theatre]], que representa percepcións aborixes dos elementos da terra, aire, lume e auga.<ref>{{Cita web |título=Aboriginal ballet hits Paris stage |url=http://www.abc.net.au/news/2008-09-30/aboriginal-ballet-hits-paris-stage/527590 |páxina-web=Australian Broadcast Company |data=3 de outubro de 2008 |dataacceso=1 de novembro de 2014 |lingua=inglés}}</ref>
Liña 184:
Malia as innovacións que presenta ''Le Sacre du printemps'', o ballet estendeu e intensificou unha serie de técnicas que o compositor xerara nos seus primeiros ballets, especialmente en ''Petrushka''. De acordo con [[Robert P. Morgan]], a novidade viña do ton da obra: «unha nova calidade agresiva, de propulsión que colocaba á música fora do exotismo de ''L'Oiseau de feu'' ou do humor distanciado e do vigoroso esplendor de ''Petrushka''. A forza brutal coa que se realiza ''Le Sacre'' pode verse nos seus momentos máis relaxados, nos que proxecta unha intensidade expresiva descoñecida ata o momento na música de Stravinskii, e que permaneceu como algo excepcional na súa obra».<ref name="Morgan1"/>
As innovacións máis destacadas da obra están relacionadas co ritmo, e tiveron unhas implicacións tan radicais como o abandono da tonalidade. Unha técnica rítmica constante na obra é a superposición de múltiples ostinatos con diferentes valores rítmicos de duracións distintas, o que dá como resultado unha estrutura rítmica de varios niveis. Tamén relacionado co ritmo, salienta a acentuación de pequenos fragmentos melódicos que posúen unha simplicidade similar á das cancións folclóricas e que se combinan para producir unidades máis complexas e extensas, unha característica que comparte con ''Petrushka''. Un trazo significativo de ''Le Sacre'' son
Polo que respecta á harmonía, cómpre destacar a nova concepción da tonalidade que, aínda que enormemente independente da tradicional, é capaz de integrar extensas estruturas musicais. Como sinalou o propio Stravinskii no seu libro publicado en [[1942]] ''[[Poétique musical]]'': «O que nos preocupa, pois, non é tanto a tonalidade propiamente dita coma aquilo que se podería denominar a polaridade do son, dun intervalo ou, mesmo, dun complexo sonoro. O polo do ton constitúe en certo modo o eixo esencial da música».<ref>{{Cita libro |apelidos=Stravinskii|nome=Igor |título=Poética musical |editorial=Acantilado |ano=2008 |lugar=Barcelona |edición=1ª |lingua=es|isbn=978-84-96489-37-0}}</ref> Esta idea de centralidade tonal transformou o que fora un concepto dinámico e esencialmente diatónico noutro enormemente estático que se podía aplicar tanto a contextos diatónicos como cromáticos. Esta técnica permitiulle a Stravinskii o desenvolvemento do tipo de técnicas que aparecen nos seus tres grandes ballets, cun brusco corte transversal entre os planos harmonicamente estáticos que sería imposible manter dentro dun contexto tonal tradicional.<ref name="Morgan1"/>
Liña 226:
A melodía inicial está interpretada por un fagot solista nun rexistro moi alto, o que fai que o instrumento case non sexa identificable;<ref>{{Cita Harvard|Kelly|2000|sp=sí|p=259}}</ref> gradualmente soan outros instrumentos de madeira e finalmente únenselles as cordas.<ref name=Berger /> O son acumúlase antes de deterse de súpeto; Hill di, «do mesmo xeito que está estoupando en éxtase na floración». Despois hai unha repetición do solo de fagot inicial, agora interpretado un semitón máis baixo.<ref name=Hill62>{{Cita Harvard|Hill|2000|sp=sí|pp=62–63}}</ref>
A primeira danza, «Les Augures printaniers», está caracterizada por un repetitivo acorde nas trompas e nas cordas, con base en Mi♭ superposto a unha [[tríade (música)|tríade]] de Mi, Sol♯ e Si.<ref>{{Cita Harvard|Van den Toorn|1987|sp=sí|p=138}}</ref> White suxire que esta combinación bitonal, que Stravinskii consideraba o punto central de toda a obra, foi ideado no piano, xa que os acordes constituíntes son cómodos para as mans no teclado.<ref>{{Cita Harvard|White|1961|sp=si|p=57}}</ref> O ritmo do acorde é perturbado polo constante desprazamento do [[acento (música)|acento]], dentro e
| people = Berger, Arthur (liner notes)
| title = ''Stravinsky'': The Rite of Spring. ''Antal Dorati conducting the Minneapolis Symphony Orchestra''
Liña 271:
== Edicións ==
[[Ficheiro:Boosey and Hawkes logo.jpg|miniatura|A editorial británica [[Boosey and Hawkes]] publicou varias edicións das distintas revisións da partitura de Stravinskii.]]
A primeira publicación da partitura foi o arranxo para piano a catro mans (Edition Russe de Musique, RV196), en 1913. O inicio da [[
En 1922 Ansermet, que estaba a preparar a representación da obra en Berlín, mandoulle a Stravinskii unha lista de erros que atopara na partitura publicada.<ref name=Craft /> En 1926, como parte da súa preparación para a representación ese mesmo ano coa [[Koninklijk Concertgebouworkest]], Stravinskii reescribiu a «Evocation des ancêtres» e realizou numerosos trocos na «Danse sacrale». O alcance destas revisións, xunto coas recomendacións de Ansermet, convenceron a Stravinskii de que era necesaria unha nova edición, e esta apareceu nun formato longo e de peto en 1929. Con todo, a nova edición non incorporaba todos os trocos de Ansermet e, confusamente, levaba a data e o código RV da edición de 1921, facendo difícil identificar a nova edición.<ref name=VdT39 />
Liña 281:
A [[Paul Sacher|Paul Sacher Foundation]], en asociación con Boosey and Hawkes, anunciou en maio de [[2013]], como parte das celebracións polo centenario de ''Le Sacre du printemps'' a súa intención de publicar a partitura autógrafa orixinal de 1913, e empregada nas primeiras representacións. Despois de permanecer en Rusia durante décadas, o manuscrito foi adquirido por Boosey and Hawkes en 1947. A compañía presentou a partitura a Stravinski en 1962, no seu 80 aniversario. Despois da morte do compositor en 1971 o manuscrito foi adquirido pola Paul Sacher Foundation. Así como a partitura de orquestra manuscrita, publicaron tamén o manuscrito da partitura para piano a catro mans.<ref>{{Cita Harvard|Van den Toorn|1987|sp=sí|p=36|texto=note 30}}</ref><ref>{{Cita web|url= http://www.paul-sacher-stiftung.ch/en/collections/p_t/igor_strawinsky.html|title= Collections: Igor Strawinsky|publisher= Paul Sacher Foundation|accessdate= 29 de agosto de 2012|urlarquivo= https://web.archive.org/web/20141018090002/http://www.paul-sacher-stiftung.ch/en/collections/p_t/igor_strawinsky.html|dataarquivo= 18 de outubro de 2014|urlmorta= yes}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.boosey.com/cr/news/Stravinsky-Rite-of-Spring-centenary-publications-announced/100069"| title= Stravinsky: Rite of Spring centenary publications announced|publisher= Boosey & Hawkes|accessdate= 3 de abril de 2013}}</ref>
En 2000, [[Kalmus]] Music Publishers levou a cabo unha edición que o antigo arquiveiro da Philadelphia Orchestra, Clint Nieweg realizara con 21 000 correccións da partitura xeral e das partes. Dende aquela unha lista de erratas publicada engadiu algo máis de 310 correccións, e é considerada a versión máis exacta da obra na actualidade.<ref>{{Cita web|url=http://www.artsjournal.com/slippeddisc/2013/05/the-absolutely-right-rite-of-spring.html|
== Notas ==
Liña 290:
[[Ficheiro:W.gl.Le Sacre du printemps.png|125px|dereita]]
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |first=Richard |last=Buckle |year=1979 |title=Diaghilev |url=https://archive.org/details/diaghilev0000buck_x6n8 |isbn=0-297-77506-5 |publisher=Weidenfeld e Nicholson |location=Londres|lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita libro |last=Bullard |first=Truman |title=The first performance of Igor Stravinsky's Sacre du printemps |publisher=Ann Arbor University |location= Ann Arbor, Michigan |year=1971|oclc= 937514|lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita libro |last=Calvocoressi |first= Michel-Dimitri|title= Music and Ballet |publisher=Faber & Faber |location=Londres|year=1934 |oclc=3375044|lingua=en|ref=harv}}
Liña 296:
* {{Cita libro |authorlink2=Claude V. Palisca |last1=Grout |first1=Donald Jay |first2=Claude V. |last2=Palisca |title=A History of Western Music |edition=3rd |year=1981 |location=Londres e Melbourne |publisher=J. M. Dent & Sons |isbn=0-460-04546-6|lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita libro |last= Hill |first=Peter |year=2000 |title=Stravinsky: The Rite of Spring |publisher=Cambridge University Press |isbn=0-521-62714-1|lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita libro |last=Hodson |first=Millicent |year=1996 |title=Nijinsky's Crime Against Grace: Reconstruction of the Original Choreography for Le sacre du printemps |url=https://archive.org/details/nijinskyscrimeag0000hods |publisher=Pendragon Press |lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita publicación periódica |last=Johnson |first=Robert |title=Sacred Scandals |journal=Dance Chronicle |volume=15 |issue=2|year=1992 |pages=227–36 |jstor=1567675 |doi=10.1080/01472529208569095|lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita libro |last=Kelly |first=Thomas Forrest |year=2000 |title=First Nights: Five Musical Premieres |url=https://archive.org/details/firstnightsfivem0000kell |location=New Haven |publisher=Yale University Press |isbn=0-300-07774-2|lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita libro|nome= Robert P.|apelidos= Morgan|ano= 1998|título=Antología de la Música del siglo XX|editorial=Akal|lingua=es|isbn=9788446006381|ref=harv}}
* {{Cita libro |last=Morrison |first=Richard |year=2004 |title=Orchestra |url=https://archive.org/details/orchestralsocent0000morr |location=Londres|publisher=Faber e Faber |isbn=0-571-21584-X|lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita libro |last=Ross|first=Alex|title=The Rest Is Noise|publisher=Fourth Estate |location=Londres|year=2008 |isbn= 978-1-84115-475-6|lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita libro |authorlink=Igor Stravinskii|last=Stravinskii|first=Igor |year=1962 |title=An Autobiography |location=Nova York |publisher=W. W. Norton |oclc=2872436|lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita libro |last1=Stravinskii|first=Igor |last2=Craft |first2=Robert |title=Conversations with Igor Stravinsky |url=https://archive.org/details/dli.ernet.151251|publisher=Doubleday |location=Nova York |year=1959 |oclc=896750|lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita libro |last1=Stravinskii|first1=Igor |last2=Craft |first2=Robert |title=Expositions and Developments |url=http://books.google.com/?id=2weWzRoq3roC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false |publisher=University of California Press |location=Berkeley e Os Ánxeles |year=1981 |origyear=1959 |isbn=0-520-04403-7|lingua=en|ref=harv}}
* {{Cita libro |last1= Stravinskii|first1= Igor |last2=Craft |first2=Robert |title=Dialogues |url=http://books.google.com/?id=_13CPSTh1oAC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false |publisher= University of California Press |location=Berkeley e Os Ánxeles |year=1982 |origyear=1961 |isbn=0-520-04650-1|lingua=en|ref=harv}}
Liña 319:
* {{Cita web|url=http://www.youtube.com/watch?v=BryIQ9QpXwI|título= Representación de ''Le Sacre du printemps'' na súa versión de 1913 no Teatro Mariinski|páxina-web=[[YouTube]]}}
* {{Cita web|url=http://www.keepingscore.org/sites/default/files/swf/stravinsky/full|páxina-web=Keeping Score|título=Revolutions in Music: Stravinsky's ''The Rite of Spring''|lingua=en}}
* {{Cita web|url=http://www.merlot.org/merlot/viewMaterial.htm?id=751353|título=Stravinsky Rite of Spring with Music Animation Machine|lingua=en|páxina-web=MERLOT II}}
|