O Porriño: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 127:
En [[2007]], o Concello do Porriño promoveu unha votación popular para escoller sete lugares destacados no municipio, as ''sete marabillas do Porriño''. As escollidas, por esta orde, foron as seguintes:
* '''Faro de Budiño''', un monte formado por enormes penas de granito con paredes case verticais, visible dende todo o val da Louriña.
* '''[[Casa do Concello do Porriño|Casa do Concello]]''', un edificio construído entre 1921 e 1924 en estilo rexionalista. O seu autor é o arquitecto porriñés [[Antonio Palacios]]. A casa do concello do '''Porriño''' foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por [[Antonio Palacios]] para este uso e inaugurado en [[1924]]. É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre ameada, a profusión de vans e a rica ornamentación. O edificio ardeu no ano [[1976]], destruíndose o seu interior na práctica totalidade. A reforma iniciada posteriormente remata en [[1983]]. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e levou á ampliación lateral do edificio en datas máis recentes.
* '''Gándaras de Budiño''', unha zona húmida creada pola confluencia do río Louro con varios regatos, creando un sistema de lagoas, brañas e bosques de ribeira. Forma parte da [[Rede Natura 2000]].
* '''Roteiro da rocha e a auga en Carracido''', un percorrido circular duns 4 quilómetros no que se atopan penedos, zonas arboradas, muíños, lavadoiros etcétera.
Liña 133:
* '''A Risca''', zona de 10 hectáreas dentro do monte Gulpilleira do Porriño, con abundantes penedos de formas singulares e boas vistas sobre o val.
* '''Fonte do Cristo''', outra obra de Antonio Palacios, inaugurada en 1905, de estilo ecléctico e carácter vertical, combina a pedra co ferro e a louza.
== Goberno e política ==
|