Petrushka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Liña 56:
=== Escena I: "A Feira de Entroido" ===
[[Ficheiro:Petrouchka by A. Benois 01.jpg|250px|miniatura|A "Feira de Entroido" para a produción orixinal de ''Petrushka'' en 1911, por [[Alexandre Benois]].]]
''Petrushka'' comeza cunha festiva introdución orquestral baseada, en parte, nos berros dos históricos vendedores ambulantes rusos.<ref name="TarTunes696"> Taruskin (1998), p.&nbsp;696.</ref> O pano ábrese para revelar a Praza do Almirantado de [[San Petersburgo]] nos anos 1830. A posta en escena (tamén de Benois) representa postos de varios vendedores ambulantes, unha noria, e (no centro do escenario ao fondo) un teatro de marionetas. Unha multitude reuniuse para a Feira do [[Entroido]] (coñecida como ''[[Maslenitsa]]'').
 
Na coreografía orixinal de Fokine, un grupo de esmorguistas bébedos sae da multitude, bailando sobre unha adaptación de Stravinsky da canción popular ''Canción do Volochobniki''.<ref name="TarTunes696" />
Liña 76:
Aínda que a habitación de Petrushka se encontra dentro do teatro de marionetas, o deseño de Benois é fantástico, retratando o ceo nocturno con estrelas e unha media lúa; icebergs abstractos (ou montañas nevadas), e un retrato destacado do Mago.
 
Redobres de tambor anuncian o inicio da segunda escena. Sen unha Introdución, a música comeza ameazante. "Un pé o golpea ao escenario, Petrushka cae..." <ref name="Score">Stravinsky, Igor. ''Petrushka.'' Orchestral score. Editions russes de musique, n.d. [1912], Plate R.M.V. 348, reprinted by Dover Publications (Mineola, NY: 1988). Retrieved 06-20-2013 from: [http://imslp.us/php/linkhandler.php?path=/scores/Stravinsky_Igor_1971/Stravinsky_-_Petrushka_OrchScore.pdf] </ref>
 
Cando Petrushka vai recuperando pouco a pouco a compostura, escoitase un estraño arpexio nos clarinetes: é o famoso "[[acorde de Petrushka]]" (consistente na xustaposición de tríadas de Do Maior e Fa♯ Maior). Petrushka ponse en pé (aínda tremendo) co acompañamento de ondas de arpexios no piano (revela as orixes da música de ''Konzertstück'' de Stravinsky). Vólvese escoitar o "acorde de Petrushka", agora de xeito violento nas trompetas, anotados na partitura como "maldicións de Petrushka", dirixidas ao retrato do Mago.
Liña 84:
A Bailarina (aínda ''en pointe'') cólase na habitación de Petrushka, nun principio inadvertido. Tan pronto como Petrushka a ve, comeza unha mostra maníaca, atlética de saltos e xestos frenéticos (aínda que era incapaz de manterse en pé antes de que ela chegara). Asustada pola súa exuberancia, a Bailarina fuxe. Petrushka cae ao chan á mofa dos clarinetes.
 
Outra pasaxe de arpexios do piano medra nunha segunda rolda de maldicións dirixidas ao Mago, unha vez máis representado polo "acorde de Petrushka", desta vez escrito en toda a orquestra.<ref name="Score" />
 
Por un momento, Petrushka asoma dende a súa habitación á multitude reunida na Praza do Almirantado (Stravinsky presenta unha breve referencia á "música de multitude" da primeira escena).
Liña 123:
=== Versión revisada de 1947 ===
A versión revisada de [[1947]] está escrita para unha orquestra máis pequena:
* Tres frautas (3ª dobla con piccolo), dous óboes, corno inglés, tres clarinetes en Si bemol (3º dobla con clarinete baixo), dous fagots, contrafagot.
* Catro trompas en Fa, tres trompetas en Si bemol e Do, tres trombóns, tuba.
* Timbais, bombo, platillos, caixa, pandeireta, ferriños, tamtam, xilófono, piano, celesta.
Liña 132:
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==