Le Sacre du printemps: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 7 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8 |
Recuperando 8 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8 |
||
Liña 124:
Taruskin enumerou numerosas fontes que Rerikh consultou cando creou os seus deseños. Entre elas está a ''[[Crónica de Néstor]]'', un compendio de indumentarias pagás de principios do [[século XII]], e o estudo de [[Aleksandr Afanasev]] sobre o folclore campesiño e a historia pagá.<ref name=Vdt14>{{Cita Harvard|Van den Toorn|1987|sp=sí|pp=14–15}}</ref> A colección de traxes da princesa Tenisheva foi unha das primeiras fontes de inspiración.<ref name=H4 /> Cando os deseños estiveron rematados, Stravinskii expresou o seu pracer e os declarou como «un verdadeiro milagre».<ref name=Vdt14 />
A relación de Stravinskii co seu outro principal colaborador, Nizhinskii, foi máis complicada. Diagilev decidira que o xenio de Nizhinskii como bailarín debía traducirse no papel de mestre de ballet, non foi disuadido cando o primeiro intento de Nizhinskii como coreógrafo, ''[[L'après-midi d'un faune (ballet)|L'après-midi d'un faune]]'' de Debussy, causou controversia e case un escándalo a causa dos novos movementos estilizados e os seus xestos abertamente sexuais ao final da obra.<ref>{{Cita Harvard|Stravinskii|1962|sp=sí|p=36}}</ref><ref>{{Cita Harvard|Kelly|2000|sp=sí|p=263}}</ref> Da correspondencia contemporánea despréndese que, canto menos inicialmente, Stravinskii viu os talentos de Nizhinskii con aprobación; unha carta que enviou a Findeyzen louva «o celo apaixonado e a completa modestia» do bailarín.<ref name=H109>{{Cita Harvard|Hill|2000|sp=sí|p=109}}</ref> Con todo, nas súas memorias de 1936 Stravinskii escribe que a decisión de contratar a Nizhinskii neste papel o encheu de aprehensión; aínda que admiraba a Nizhinskii como bailarín non confiaba nel como coreógrafo: «... o pobre rapaz non sabe nada de música. Non pode nin ler nin tocar ningún instrumento».<ref>{{Cita Harvard|Stravinskii|1962|sp=sí|pp=40–41}}</ref><ref>A irmá de Nizhinskii, Bronislava Nizhinska, posteriormente insistiu en que o seu irmán podía tocar varios instrumentos, entre os que incluía a [[balalaica]], o [[clarinete]] e o [[piano]]. {{Cita Harvard|Kelly|2000|pp=273–77}}</ref> Aínda máis tarde, Stravinskii ridiculizou ás bailarinas de Nizhinskii como «Lolitas patexas e trenzadas».<ref>{{Cita Harvard|Stravinskii|Craft|1981|sp=si|p=143}}</ref> Stephen Walsh, un destacado analista de Stravinskii, suxeriu que o tardío rexeitamento á coreografía de Nizhinskii, xunto coa negación das influencias da música popular, formaban parte dun intento por parte do compositor, daquela no exilio, de restar importancia ás raíces e influencias rusas da música.<ref>{{Cita web |apelidos=Walsh |nome=Stephen |título=Proms 2012: Programme note: Stravinsky – The Rite of Spring |url=http://www.bbc.co.uk/proms/whats-on/2012/analysis/139 |publisher=BBC |dataacceso=18 de outubro de 2014 |lingua=inglés
O relato autobiográfico de Stravinskii fai referencia a moitos «incidentes dolorosos» entre o mestre de ballet e os bailaríns durante o período de ensaios.<ref>{{Cita Harvard|Stravinskii|1962|sp=sí|p=42}}</ref> A principios de 1913, cando Nizhinskii estaba gravemente atrasado na planificación, Stravinskii foi advertido por Diagilev que «a non ser que veñas aquí inmediatamente [...] ''Le Sacre'' non se levará a cabo». Os problemas foron superados lentamente, e cando tiveron lugar os ensaios finais en maio de 1913 os bailaríns parecían ter superado as dificultades da obra. Mesmo o escéptico director de escena, Serge Grigoriev, estaba cheo de loanzas pola orixinal e dinámica coreografía de Nizhinskii.<ref>{{Cita libro |last=Grigoriev |first=Serge |title=The Diaghilev Ballet 1909–1929 |publisher=Constable |year=1952 |location=Londres|lingua=en|páxina=84}}</ref>
|