Francos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «expulsou aos»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «expulsaron aos»
 
Liña 34:
Os estudosos modernos dedicados ao período das [[migracións]] suxeriron que o pobo franco podería xurdir da unificación de grupos [[pobos xermánicos]] anteriores máis pequenos ([[Usipetes]], [[Tenchteri]], [[Sugambri]] e [[Bructeri]]), que habitaban o [[val do Rin]] e os territorios situados inmediatamente ao leste. Esta unión podería estar relacionada co aumento do caos e as insurreccións acontecidas na zona como resultado da guerra entre [[Roma]] e os [[marcomanos|marcomanni]], que comezara no ano [[166]]; así como os conflitos derivados desta durante a segunda metade do [[século II]] e o [[século III]]. Pola súa banda, Gregorio afirma que os francos viviron orixinalmente en [[Panonia]], pero que máis tarde se asentaron ás beiras do Rin. Existe unha rexión ao nordeste da actual [[Países Baixos|Holanda]] (ao norte do que unha vez foi a fronteira romana) que leva o nome de Salland, e podería recibir ese nome dos salios.
 
Cara ao ano [[250]], un grupo de francos, aproveitándose da debilidade do Imperio Romano, chegou ata [[Tarragona]] (en [[Hispania]]), ocupando esta rexión durante unha década antes de que as forzas romanas os dobregasen e expulsasen de territorio romano. Uns corenta anos despois, os francos tomaron o control da rexión de [[Scheldt]], interferindo nas rutas marítimas da [[Bretaña]]. Os romanos pacificaron a rexión, pero non expulsaron aosos francos.
 
==== As etnias da liga dos francos ====