Dante Alighieri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.5
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 58:
[[Ficheiro:Inferno.jpg|miniatura|Primeira páxina da ''[[Divina Comedia]]'', obra mestra de Dante.]]
[[Ficheiro:William Bouguereau - Dante and Virgile - Google Art Project 2.jpg|miniatura|200px|''[[Dante e Virxilio]],'' de [[William-Adolphe Bouguereau]] ([[1850]]).]]
''[[A divina comedia]]'' describe unha viaxe de Dante a través do [[Inferno]], do [[Purgatorio]], e do [[Paraíso (cosmoloxía)|Paraíso]], primeiro guiado polo poeta romano [[Virxilio]], autor do poema épico [[Eneida]], a través do Inferno e do Purgatorio e, despois, no Paraíso, pola man da súa amada Beatriz (con quen probabelmente nunca chegou a falar e apenas viu dunha a tres veces). En termos xerais, os lectores modernos prefiren a descrición vívida e psicoloxicamente interesante para a sensibilidade contemporánea do "Inferno", onde as paixóns se axitan de forma angustiada nun ambiente case cinematográfico. Os outros dous libros, o ''Purgatorio'' e o ''Paraíso'', xa esixen outra abordaxe por parte do lector: contén sutilezas a nivel filosófico e teolóxico, metáforas dificilmente comprensíbeis para a nosa época, requirindo algunha procura e paciencia. O Purgatorio é considerado, dos tres libros, o máis lírico e humano. É interesante verificar que é, tamén, aquel onde aparecen máis poetas. O Paraíso, o máis pesadamente teolóxico de todos, está repleto de visións místicas, raiando o éxtase, onde Dante tenta describir aquilo que, confesa, é incapaz de expresar (como acontece, de feito, con moitos textos místicos que fan a historia da literatura relixiosa). O poema preséntase como "poema sagrado", o que demostra que Dante leva moi a serio o lado teolóxico e, quizais, profético, da súa obra. O poema chámase "Comedia" non por ser divertido ou cómico, senón porque termina ben (no Paraíso). Era ese o sentido orixinal da palabra [[comedia]], en contraste coa [[traxedia]], que terminaba, en principio, mal para os personaxes. Dante escribiu a "Comedia" no seu dialecto local. Ao crear un poema de estrutura épica e con propósitos filosóficos, Dante demostraba que a lingua toscana (moi próxima ao que hoxe é coñecido como lingua [[lingua italiana|italiana]]) ou lingua vulgar (en oposición ao latín, que se consideraba como a lingua apropiada para discursos máis serios) era adecuada para o máis elevado tipo de expresión, ao mesmo tempo que establecía o [[toscano]] como dialecto patrón para o italiano.
 
Outras obras importantes do autor son: