Petrushka

Revisión feita o 15 de xullo de 2013 ás 11:41 por Piquito (conversa | contribucións) (reduzo imaxe)

Petrushka (en francés Pétrouchka e en ruso Петрушка) é un ballet nun acto e catro escenas coreografiado por Michel Fokine para os Ballets Russes, sobre música de Igor Stravinsky. O ballet foi composto entre 1910 e 1911 (posteriormente revisado en 1947) e estreado no Théâtre du Châtelet de París o 13 de xuño de 1911.

Петрушка (en ruso)
Pétrouchka (en francés)
Petrushka
Stravinsky xunto a Nijinsky como Petrushka.
FormaBallet clásico
LibretistaStravinsky e Benois
Baseado enMateriais populares rusos
Estrea13 de xuño de 1911
Teatro da estreaThéâtre du Châtelet
Lugar da estreaParís
CompañíaBallets Russes
DeseñadorAlexandre Benois
Música
CompositorIgor Stravinsky
CoreógrafoMichel Fokine
Creado paraVaslav Nijinsky
Acción
AmbientaciónSan Petersburgo (Rusia), nos anos 1830

De acordo con Andrew Wachtel, Petrushka é unha obra que fusiona música, ballet, coreografía e historia nun equilibrio perfecto. A obra evoca o Gesamtkunstwerk (obra de arte total) de Richard Wagner, mais dende un enfoque ruso.[1]

Personaxes

Personaxe Reparto na estrea o 13 de xuño de 1911
Petrushka (unha marioneta) Vátslav Nizhinski
A Bailarina Tamara Karsávina
O Mouro Alexandr Orlov
O Mago (ou charlatán) Enrico Cecchetti

Argumento

Escena I: "A Feira de Entroido"

 
A "Feira de Entroido" para a produción orixinal de Petrushka en 1911, por Alexandre Benois.

Escena II: "A Habitación de Petrushka"

 
A "Habitación de Petrushka" para a produción orixinal (A. Benois).

Escena III: "A Habitación do Mouro"

 
Escena da "Habitación do Mouro" para a produción orixinal (A. Benois).

Escena IV:"A Feira de Entroido (á tardiña)"

 
Escena final para a produción orixinal (A. Benois).

Orquestración

Versión orixinal de 1911

A versión orixinal de 1911 está escrita para:

Versión revisada de 1947

A versión revisada de 1947 está escrita para unha orquestra máis pequena:

  • Tres frautas (3ª dobla con piccolo), dous óboes, corno inglés, tres clarinetes en Si bemol (3º dobla con clarinete baixo), dous fagots, contrafagot.
  • Catro trompas en Fa, tres trompetas en Si bemol e Do, tres trombóns, tuba.
  • Timbais, bombo, platillos, caixa, pandeireta, ferriños, tamtam, xilófono, piano, celesta.
  • Arpa.
  • Cordas.

Comparada coa versión orixinal de 1911, a versión revisada require: unha frauta menos; dous óboes menos, mais un intérprete para o corno inglés no lugar dun intérprete que doble co cuarto óboe; un fagot menos, mais un intérprete de contrafagot; ningunha corneta, mais si unha trompeta máis; unha caixa menos e ningún tamboril, xa que se eliminan os instrumentos fóra de escena; non hai glockenspiel; unha arpa menos.

Notas

  1. Wachtel 1998

Véxase tamén