Petrushka
Petrushka (en francés Pétrouchka e en ruso Петрушка) é un ballet nun acto e catro escenas coreografiado por Michel Fokine para os Ballets Russes, sobre música de Igor Stravinsky. O ballet foi composto entre 1910 e 1911 (posteriormente revisado en 1947) e estreado no Théâtre du Châtelet de París o 13 de xuño de 1911.
Петрушка (en ruso) Pétrouchka (en francés) Petrushka | |
---|---|
Stravinsky xunto a Nijinsky como Petrushka. | |
Forma | Ballet clásico |
Libretista | Stravinsky e Benois |
Baseado en | Materiais populares rusos |
Estrea | 13 de xuño de 1911 |
Teatro da estrea | Théâtre du Châtelet |
Lugar da estrea | París |
Compañía | Ballets Russes |
Deseñador | Alexandre Benois |
Música | |
Compositor | Igor Stravinsky |
Coreógrafo | Michel Fokine |
Creado para | Vaslav Nijinsky |
Acción | |
Ambientación | San Petersburgo (Rusia), nos anos 1830 |
De acordo con Andrew Wachtel, Petrushka é unha obra que fusiona música, ballet, coreografía e historia nun equilibrio perfecto. A obra evoca o Gesamtkunstwerk (obra de arte total) de Richard Wagner, mais dende un enfoque ruso.[1]
Historia
Logo do éxito obtido en 1910 con L'Oiseau de feu, Sergei Diaghilev encargou a Stravinsky a composición dun novo ballet. Aínda que o compositor xa estaba a pensar en Le Sacre du printemps, preferiu emprender primeiro unha peza orquestral na que o piano tivera un papel destacado. Na súa biografía, Stravinsky explicou:
“ | A medida que ía compoñendo a música, na miña mente vía a figura dun boneco que de súpeto cobraba vida, exasperando e esgotando a paciencia da orquestra con diabólicos torrentes de arpexios. Á súa vez, a orquestra vingábase con ameazadoras explosións de trompetas. | ” |
— Igor Stravinsky[2] |
Cando o compositor no seu retiro en Suíza lle mostrou o seu traballo a Diaghilev, o empresario entusiasmouse e animou a Stravinsky a que ampliara a partitura e a transformara nun ballet, traballando conxuntamente na definición das liñas xerais argumentais e escénicas.[2]
Finalmente a partitura foi rematada a finais de abril de 1911, cando Alexandre Benois preparou a decoración e Michel Fokine a coreografía. A estrea tivo lugar no Théâtre du Châtelet de París o 13 de xuño dese mesmo ano, e contou con Vátslav Nizhinski e Tamara Karsávina nos principais papeis, mentres que a orquestra foi dirixida por Pierra Monteux.[2] A obra foi ben acollida trala súa estrea, aínda que comezara a motivar tamén unha certa axitaciónentre un público pouco habituado a certas ousadías.[3]
En 1947, Stravinsky revisou o ballet e modificou a orquestración reducindo notáblemente a orquestra.
Personaxes
Personaxe | Reparto na estrea o 13 de xuño de 1911 (Director: Pierre Monteux) |
---|---|
Petrushka (unha marioneta) | Vátslav Nizhinski |
A Bailarina | Tamara Karsávina |
O Mouro | Alexandr Orlov |
O Mago (ou charlatán) | Enrico Cecchetti |
Argumento
Escena I: "A Feira de Entroido"
Petrushka comeza cunha festiva introdución orquestral baseada, en parte, nos berros dos históricos vendedores ambulantes rusos.[4] O telón ábrese para revelar a Praza do Almirantazo de San Petersburgo nos anos 1830. A posta en escena (tamén de Benois) representa postos de varios vendedores ambulantes, unha noria, e (no centro do escenario ao fondo) un teatro de marionetas. Unha multitude reuniuse para a Feira do Entroido (coñecida como Maslenitsa).
Na coreografía orixinal de Fokine, un grupo de esmorguistas bébedos sae da multitude, bailando sobre unha adaptación de Stravinsky da canción popular Canción do Volochobniki.[4]
De repente, a música festiva é interrompida por un estridente ruido que anuncia a chegada do Mestre de Cerimonias no balcon do seu posto. O equivalente a un "charlatán" de Entroido, presume das atraccións que verán no seu interior
Escoitanse os chirridos dun organillo (clarinetes e frautas) mentres un organilleiro e unha bailarina saen de entre a multitude, que ao principio lles presta pouca atención mentres prestan atención ao pregoneiro que continúa a berrar. A bailarina móvese amigablemente e comeza a bailar outra canción popular rusa, Cara a tarde, no outono chuvoso[4] mentres toca o triánguloN.
No outro extremo do escenario, aparece unha segunda bailarina acompañada por unha caixa de música (suxerida pola celesta na orquestra). As dúas bailarinas compiten pola atención da multitude ao son dunha canción de music-hall francés irreverente sobre unha muller cunha perna de madeira: Une Jambe de bois.[4] As dúas músicas son repetidas .
Os esmorguistas bébedos regresan (novamente coa Canción do Volochobniki) interrompidos varias veces polo pregoneiro. Os berros dos vendedores ambulantes escoitanse cada vez máis.
De repente, dous tamborileiros convocan á xente no teatro de marionetas con redobres de tambores enxordecedores. O Mago (ás veces chamado o "Charlatán") xurde místico con queixidos do fagot e o contrafagot. Cando o Mago consigue a atención de todos, saca unha frauta e comeza a tocar unha longa e improvisada melodía. O telón do teatro de marionetas ábrese para mostrar a tres marionetas colgadas da parede: un Mouro, unha Bailarina e Petrushka. Cando o Mago as toca coa súa frauta ( When he has everyone's attention, he produces a flute and begins to play a long, improvisatory melody.
A xente observa asombrada como, cun xesto da man do Mago, as tres marionetas comezan a bailar unha vigorosa danza rusa (baseada noutras dúas cancións populares rusas: Un tileiro está no campo e Canción para a vixilia de S. Xoán [4]) Na coreografía de Fokine, primeiro comezan a mover os seus pes (sen deixar de colgar da parede), entón saen do teatro de marionetas ao medio da multitude. O Mouro (resplandeciente cun turbante e esaxerados pantalóns) está de capa e espada. A Bailarina danza perpetuamente is en pointe. Petrushka, por outra banda, é de madeira e torpe. Faise aparente que Petrushka ama á Bailarina, mais ela só ten ollos para o Mouro. Nun ataque de celos, Petrushka agrede ao Mouro e o Mago pide que remate o baile. O telón cae rápidamente.
Escena II: "A Habitación de Petrushka"
Aínda que a habitación de Petrushka se encontra dentro do teatro de marionetas, o deseño de Benois é fantástico, retratando o ceo nocturno con estrelas e unha media lúa; icebergs abstractos (ou montañas nevadas), e un retrato destacado do Mago.
Redobres de tambor anuncian o inicio da segunda escena. Sen unha Introdución, a música comeza ameazante. "Un pé o golpea ao escenario, Petrushka cae..." [5]
Cando Petrushka vai recuperando pouco a pouco a compostura, escoitase un extraño arpexio nos clarinetes: é o famoso "acorde de Petrushka" (consistente na xustaposición de tríadas de Do Maior e Fa♯ Maior). Petrushka ponse en pé (aínda tremendo) co acompañamento de ondas de arpexios no piano (revela as orixes da música de Konzertstück de Stravinsky). Vólvese escoitar o "acorde de Petrushka", agora de xeito violento nas trompetas, anotados na partitura como "maldicións de Petrushka", dirixidas ao retrato do Mago.
A música tórnase lírica cando Petrushka cae de xeonllos e mimos (á súa vez) a súa autocompaixón, amor pola Bailarina, e o odio ao Mago.
A Bailarina (aínda en pointe) cólase na habitación de Petrushka, nun principio inadvertido. Tan pronto como Petrushka a ve, comeza unha mostra maníaca, atlética de saltos e xestos frenéticos (aínda que era incapaz de manterse en pé antes de que ela chegara). Asustada pola súa exuberancia, a Bailarina fuxe. Petrushka cae ao chan á mofa dos clarinetes.
Outra pasaxe de arpexios do piano medra nunha segunda rolda de maldicións dirixidas ao Mago, unha vez máis representado polo "acorde de Petrushka", desta vez escrito en toda a orquestra.[5]
Por un momento, Petrushka asoma dende a súa habitación á multitude reunida na Praza do Almirantazgo (Stravinsky presenta unha breve referencia á "música de multitude" da primeira escena). Logo, Petrushka derrúbase mentres se escoita unha repetición mofándose dos clarinetes tocando o "acorde de Petrushka", seguido por un toque de trompeta que se sinala como "apagón, cortina".[5]
Escena III: "A Habitación do Mouro"
Como antes, o redobre de tambor conecta a terceira escena coa súa predecesora. Nun agudo contraste coa escuridade da habitación de Petrushka, as cores brillantes do deseño de Benois para a habitación do Mouro evoca un deserto romantizado: palmeiras, flores exóticas, a area.
Na coreografía de Fokine, o Mouro recóstase nun diván xogando cun coco. Logo salta aos seus pes e tenta cortalo coa súa cimitarra. Cando falla pensa que o coco debe ser un deus e ponse a rezarlle.
O Charlatán sitúa á Bailarina na habitación do Mouro. Ela interpreta unha melodía descarada nunha trompeta de xoguete (representada por unha corneta na orquestración orixinal de 1911) e baila co Mouro.
Petrushka finalmente libérase da súa cela, e interrompe a sedución da Bailarina. Petrushka ataca ao Mouro, mais axiña se percata de que é demasiado pequeno e feble. O Mouro golpea a Petrushka. A marioneta de paiaso fuxe perseguido polo Mouro, e escapa da habitación.
Escena IV:"A Feira de Entroido (á tardiña)"
A cuarta e última escena volve ao Entroido. Pasou algo de tempo, agora é pola tarde. A orquestra introduce cadea de coloridas danzas como unha serie de personaxes aparentemente sen relación que van e veñen polo escenario mentes a neve comeza a caer. A primeira e máis importante é o da danza das enfermeiras, coa melodía da canción popular "Cara abaixo da Rúa Petersky". Entón apareceu un labrego co seu oso danzante, seguido á súa vez por un grupo de xitanos, cocheiros e mozos de cuatro enmascarados.
A medida que o alboroto chega ao seu cumio, escóitase un berro procedente do teatro de marionetas. Petrushka de súpeto corre polo escenario, seguido polo Mouro que o persegue brandindo a súa espada. A multitude está horrorizada cando o Mouro alcanza a Petrushka e o mata cun só golpe da súa espada.
A policía pregúntalle ao Charlatán, que pretende restablecer a calma collendo o "cadaver" por riba da súa cabeza e sacudíndoo para lembrarlle a todo que Petrushka é tan só unha marioneta.
Ao caer a noite e dispersarse a multitude, o Charlatán marcha levando o corpo inerte de Petrushka. De súpeto, o fantasma de Petrushka aparece no tellado do pequeno teatro, o seu berro é agora en forma de desafío tormentoso. O espírito de Petrushka desprecia ao seu verdugo.
Agora completamente só, o Charlatán está aterrorizado de ver o fantasma de Petrushka mofándose. El fuxe aterrorizado permitindose só unha mirada por riba do seu ombro. A escena vai calando, deixando á audiencia preguntándose qué é "real" e qué non o é.[6]
Orquestración
Versión orixinal de 1911
A versión orixinal de 1911 está escrita para:
- Catro frautas (3ª e 4ª doblan con piccolo), catro óboes (4º dobla con corno inglés), tres clarinetes en Si bemol, clarinete baixo en Si bemol (dobla con clarinete 4), tres fagots, contrafagot (dobla con fagot 4).
- Catro trompas en Fa, dúas trompetas en Si bemol (frecuentemente dobladas con trompeta piccolo), dúas cornetas en Si bemol e La, tres trombóns, tuba.
- Timbais, bombo, platilloss, dúas caixas (unha fóra de escena), pandeireta (tambour de Basque), tamboril (tambourin) (fóra de escena), ferriños, tamtam, glockenspiel, xilófono, piano, celesta.
- Cordas.
- Dúas arpas.
Versión revisada de 1947
A versión revisada de 1947 está escrita para unha orquestra máis pequena:
- Tres frautas (3ª dobla con piccolo), dous óboes, corno inglés, tres clarinetes en Si bemol (3º dobla con clarinete baixo), dous fagots, contrafagot.
- Catro trompas en Fa, tres trompetas en Si bemol e Do, tres trombóns, tuba.
- Timbais, bombo, platillos, caixa, pandeireta, ferriños, tamtam, xilófono, piano, celesta.
- Arpa.
- Cordas.
Comparada coa versión orixinal de 1911, a versión revisada require: unha frauta menos; dous óboes menos, mais un intérprete para o corno inglés no lugar dun intérprete que doble co cuarto óboe; un fagot menos, mais un intérprete de contrafagot; ningunha corneta, mais si unha trompeta máis; unha caixa menos e ningún tamboril, xa que se eliminan os instrumentos fóra de escena; non hai glockenspiel; unha arpa menos.
Notas
- ↑ Wachtel 1998
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Igor Stravinski, Petrushka, La consagración de la primavera, Orquesta Sinfónica de Detroit, Antal Dorati. Decca 1989
- ↑ Ana Nuño, Juan Carlos Moreno, Josep Pascual, Vartók - Stravinski, RBA Coleccionables ISBN 84-473-4599-8
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Taruskin (1998), p. 696.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Stravinsky, Igor. Petrushka. Orchestral score. Editions russes de musique, n.d. [1912], Plate R.M.V. 348, reprinted by Dover Publications (Mineola, NY: 1988). Retrieved 06-20-2013 from: [1]
- ↑ Beaumont 1937.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Petrushka |