Hieronymus Bosch

pintor flamengo (c. 1450–1516)

Modelo:Pintor

Hieronymus Bosch, latinizado como Bosco e tamén coñecido como Jeroen Bosch ou polo nome real Jeroen van Aken, nado contra 1450 e finado en agosto de 1516, foi un prolífico pintor neerlandés.

Traxectoria

Nacido nunha familia de pintores holandeses e alemáns, viviu boa parte da súa vida en 's-Hertogenbosch, cidade florecente no século XV, no Ducado de Brabante (Brabant), no sur da actual Holanda. En 1463, arredor de 4.000 casas da cidade ficaron destruídas por un pavoroso incendio, do que Bosch, que tería uns 13 anos de idade, puido ser testemuña. Foi un pintor popular e recibiu encargos incluso do estranxeiro. En 1488 afiliouse á Irmandade da Nosa Señora, unha confraría relixiosa conservadora, que agrupaba a uns 40 individuos influentes de 's-Hertogenbosch e uns 7.000 en toda Europa.

Estilo

Moitas das súas obras describen o pecado e os fallos da moral humana. Bosch usaba imaxes de demos, animais semihumanos e máquinas que evocan o medo e a confusión que retratan a maldade do home. As obras súas conteñen un complexo, orixinal, imaxinativo e denso uso de figuras simbólicas e iconográficas, moitas das cales eran xa misteriosas e enigmáticas no seu tempo. Mantense que ten sido unha fonte de inspiración para o movemento surrealista do século XX.

Obra[1]

 
O xardín das delicias.

Notas

  1. Trátase soamente dunha selección.