Partido Comunista da Unión Soviética

Revisión feita o 28 de abril de 2020 ás 18:03 por CommonsDelinker (conversa | contribucións) (Substitución automática de "State_Emblem_of_the_Soviet_Union.svg" por "Coat_of_arms_of_the_Soviet_Union_1.svg" segundo o ordenou [[commons:User:C)

O Partido Comunista da Unión Soviética (en ruso Коммунисти́ческая па́ртия Сове́тского Сою́за, КПСС) foi o nome usado polo partido bolxevique do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia de 1952 a 1991, aínda que a expresión Partido Comunista pertencese ao nome do partido desde 1918, cando os bolxeviques se tornaron o Partido Comunista de Todas as Rusias. En 1925 pasou a chamarse Partido Comunista da Unión (Всесоюзная коммунистическая партия (большевиков), ВКП(б)). En 1934 tornouse o Partido Comunista da Unión Soviética (Bolxeviques). Finalmente, en 1952 tornouse, simplemente, o Partido Comunista da Unión Soviética, nome que permaneceu até 1991.

Escudo da Unión Soviética
Pin coas siglas do PCUS (КПСС)

Unha vez que a Terceira Internacional ou Komintern se formou en 1919, a estrutura marxista-leninista do PCUS foi copiada por outros dos seus membros. Durante toda a historia da Rusia soviética e da URSS, o Partido Comunista foi o partido gobernante e maioritario. En consecuencia, a historia do PCUS e da URSS entrecrúzanse e solápanse.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.