Ácido fólico
O ácido fólico ou ácido pteroilglutámico, é unha vitamina hidrosoluble. O ácido fólico por si mesmo non é bioloxicamente activo, pero a súa importancia débese a que del derivan o tetrahidrofolato e outros derivados despois da súa conversión no fígado a ácido dihidrofólico,[3] os cales transportan grupos hidroximetilo e formilo nas reaccións do metabolismo. No organismo humano, é necesario para colaborar na síntese de purinas e timina, que son constituíntes do ADN. Xunto á vitamina B12, é preciso para o crecemento, polo que o seu déficit pode producir un crecemento menor ao fisiolóxico.
Ácido fólico | |
---|---|
Ácido (2S)-2-[(4-{[(2-amino-4-hidroxipteridin-6-il)metil]amino}fenil)formamido]pentanedioico | |
Outros nomes Ácido N-(4-{[(2-amino-4-oxo-1,4-dihidropteridin-6-il)metil]amino}benzoil)-L-glutámico; ácido pteroil-L-glutámico; Vitamina B9; Vitamina Bc; Folacina | |
Identificadores | |
Número CAS | 59-30-3 |
PubChem | 6037 |
ChemSpider | 5815 |
UNII | 935E97BOY8 |
DrugBank | DB00158 |
KEGG | C00504 |
ChEBI | CHEBI:27470 |
ChEMBL | CHEMBL1622 |
Número RTECS | LP5425000 |
Código ATC | B03 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C19H19N7O6 |
Masa molar | 441,40 g mol−1 |
Aspecto | pos crsitalinos amarelos alaranxados |
Punto de fusión | 250 °C (523 K) (descomposición) [1] |
Solubilidade en auga | 1,6 mg/L (25 °C)[1] |
log P | -2,5 |
Acidez (pKa) | 1º: 4,65, 2º: 6,75, 3º: 9,00[2] |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Ademais, o ácido fólico intervén na maduración dos eritrocitos, e a falla desta vitamina produce unha anemia de eritrocitos de grande tamaño (megaloblástica).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Folic acid na base de datos ChemIDplus 59-30-3
- ↑ R. M. C. Dawson: Data for Biochemical Research, Oxford University Press, Oxford, 1989, 3rd Edition, p. 134, ISBN 0-19-855299-8.
- ↑ Bailey SW, Ayling JE (2009). "The extremely slow and variable activity of dihydrofolate reductase in human liver and its implications for high folic acid intake". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 106 (36): 15424–9. Bibcode:2009PNAS..10615424B. PMC 2730961. PMID 19706381. doi:10.1073/pnas.0902072106.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Tradado de Fisiología Médica. Guyton. Undécima edición. ISBN 84-8174-926-5 (en castelán)