1290
Ano
1290 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1290 MCCXC | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2043 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 739 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3986 – 3987 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5050 – 5051 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1345 – 1346 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1212 – 1213 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4391 – 4392 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 668 – 669 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 689 – 690 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1540 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarEuropa
editar- 18 de xullo - Eduardo I de Inglaterra expulsa os xudeus da Inglaterra. Refúxianse no Languedoc, Navarra e Castela.
- 10 de xullo - Inicia o seu reinado André III de Hungría (até 1301).
- Ladislau IV de Hungría, vencido polos cumanos e os tártaros, é asasinado polos seus baróns. Non tendo herdeiro directo, a anarquía feudal instálase de novo.
- 1 de agosto - Data tradicional da creación do Principado de Valaquia (até o ano seguinte). Negru Voda, o Príncipe Negro, fuxira do seu ducado de Făgăraş (País de Olt), atribuído polo rei André II de Hungría a un nobre húngaro, Ugrinos, para se refuxiar alén dos Cárpatos, na actual Valaquia.
- 26 de setembro - Morre aos seis anos Margarida I de Escocia, cando se dirixía de Bergen (Noruega) a Escocia.
- John Balliol fai valer as súas pretensións ao trono de Escocia contra Robert Bruce.
- Eduardo I de Inglaterra é consultado para xulgar as reivindicacións dos trece pretendentes. El mesmo o reclamará para si máis tarde.
- 18 de decembro - Comeza o reinado de Birger Magnusson (1280 - 1321), rei de Suecia (até 1318).
- Os cabaleiros teutóns logran a submisión dos campesiños dos países bálticos.
- A illa de Gotland pasa á coroa de Suecia (até 1408).
- Tolkai convértese en Khan da Horda de Ouro (até 1312), levado ao poder por Nogai.
Oriente Próximo
editar- Osmán I faise con Yenişehir, preto de Brousse (Eskhisehir).
- Venecia e o rei de Aragón envían socorro a Acre, onde chega unha tropa indisciplinada de toscanos e lombardos. O masacre dos mercadores musulmáns fornece o pretexto para que o sultán de Exipto interveña decisivamente.
- Novembro - Iníciase o reinado de Malik Achraf Khalil, sultán mameluco de Exipto (até 1293).
Asia
editar- O turco iranizado Khaldji Firuz Chah faise co sultanato de Delhi baixo o nome de Djahal ad-Din Khaldji (Khiji). Funda a dinastía dos Khaldjî (até 1320). Debe, en primeiro lugar, enfrontarse á oposición dos ilbaridas que teñen feito incursións contra os rajahs hindús. Vitorioso, trátaos con magnanimidade.
Ciencias e artes
editar- 1 de marzo - Créase a Universidade de Coímbra, en Lisboa inicialmente o Estudo Geral, no reinado de don Dinís.
- O artista florentino Cimabue pinta o seu Crucifixo.
- Invención dos espectáculos musicais en Italia.
- Virxe Dourada na catedral de Chartres.
Nacementos
editar- 8 de febreiro - Rei Afonso IV de Portugal (m. 1357).
- Marsilio de Padua, teólogo italiano (m. 1343).
- Leopoldo I de Austria.
- Andrea Pisano, escultor e arquitecto italiano, en Pontedera (data aproximada).
- Juan Ruíz, o arcipreste de Hita, poeta castelán (m. 1379).
Mortes
editar- 23 de xuño - Henrique IV o Xusto, duque de Cracovia
- 10 de xullo - Ladislau IV de Hungría
- 10 de xullo - Margarida I de Escocia
- Novembro - Qala'ûn, sultán mameluco do Exipto
- 28 de novembro - Leonor de Castela
- 18 de decembro - Magnus III de Suecia
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1290 |