3 de setembro
data
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | ||||||
2024 Todos os días |
O 3 de setembro é o 246º día do ano do calendario gregoriano e o 247º nos anos bisestos. Quedan 119 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 401 a.C. - Batalla de Cunaxa: Ciro, príncipe pretendente ao trono persa, malia a axuda de mercenarios gregos, é vencido e morto polas tropas do xa Artaxerxes II. Os gregos emprenden, á consecuencia da derrota, a retirada ao seu país, narrada por Xenofonte na Anábase.
- 32 - México: primeiros documentos escritos de América nas estelas da época Olmeca tardía (ver Tres Zapotes)
- 301 - Fundación da república de San Marino.
- 1189 - Ricardo Corazón de León é coroado rei de Inglaterra na Abadía de Westminster.
- 1539 - Apróbanse os estatutos que Ignacio de Loiola presentara ao papa Paulo III para a fundación da Compañía de Xesús.
- 1783 - Inglaterra recoñece a independencia dos Estados Unidos de América a través dun Tratado de Paz asinado en París.
- 1791 - en Francia proclámase a primeira Constitución escrita da súa historia.
- 1813 - O pobo do Perú invade edificios públicos contra a demora na abolición da Inquisición.
- 1816 - O comandante ecuatoriano Carlos de Montúfar, fillo do prócer Juan Pío de Montúfar, é fusilado en Colombia.
- 1821 - Chiapas declárase independente de España.
- 1854 - Bartolomé Mitre funda o Instituto Histórico-Geográfico del Río de la Plata na Arxentina.
- 1864 - Prodúcese unha explosión na fábrica de Alfred Nobel para a elaboración de glicerina, elemento esencial para a produción de dinamita.
- 1873 - En España, Santiago Ramón y Cajal é destinado, como tenente militar, a Burgos
- 1900 - Gran Bretaña anéxase Natal.
- 1914 - O cardeal Giacomo della Chiesa é nomeado Papa Bieito XV.
- 1925 - Xógase o primeiro partido internacional de balonmán.
- 1930 - Un furacán devasta Santo Domingo, na República Dominicana, e causa a morte de máis de 800 persoas.
- 1930 - Os pilotos franceses Dieudonné Costes e Maurice Bellonte aterran preto de Nova York, despois de cruzar o Atlántico nun voo de 37 horas.
- 1935 - Malcolm Campbell convértese no primeiro home en conducir un automóbil a máis de 300 mi por hora.
- 1939 - Chega a Valparaíso no navío Winnipeg, que transporta emigrantes españois sacados de Francia polo cónsul especial chileno, o poeta Pablo Neruda.
- 1939 - Francia e Inglaterra declaran a Guerra a Alemaña, tras a invasión de Polonia por parte desta.
- 1944 - As tropas aliadas liberan Bruxelas da ocupación alemá.
- 1947 - Estados Unidos entrega isótopos radioactivos a científicos de países amigos.
- 1950 - O Racing Club de Avellaneda, Arxentina, inaugura o Estadio Presidente Juan Domingo Perón.
- 1953 - Entra en vigor a Convención Europea de Dereitos Humanos.
- 1954 - É canonizado San Pío X.
- 1955 - Inauguración do estadio Ramón de Carranza, pertencente ao equipo andaluz Cádiz Club de Fútbol.
- 1967 - Suecia adopta a man dereita para a circulación.
- 1971 - Na Arxentina, Juan Domingo Perón recibe dos militares o cadáver da súa segunda esposa, Evita.
- 1976 - A nave Viking II aterra en Marte.
- 1978 - Comeza oficialmente o pontificado de Xoán Paulo II.
- 2004 - Masacre nunha escola da cidade de Beslan (Rusia), con 344 mortos, entre profesores e alumnos.
Nacementos
editar- 1834 - Luís Otero Pimentel, militar e escritor galego (m. 1920).
- 1854 - Isidoro Bugallal, político galego (m. 1914).
- 1869 - Fritz Pregl, químico austríaco, Premio Nobel de Química (m. 1930).
- 1870 - Federico Maciñeira, historiador e xeógrafo galego (m. 1943).
- 1875 - Ferdinand Porsche, proxectista de automóbiles austríaco (m. 1951).
- 1888 - Nereu Ramos, presidente do Brasil (m. 1958).
- 1898 - Marcial Fernández Vázquez, mestre e político galego (m. 1963).
- 1899 - Frank Macfarlane Burnet, biólogo australiano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1985).
- 1900 - Urho Kekkonen, presidente de Finlandia (m. 1986).
- 1900 - Maurice Dobb, economista inglés (m. 1976).
- 1905 - Carl David Anderson, físico estadounidense (m. 1991).
- 1926 - Irene Papas, actriz grega.
- 1928 - Renán Flores Jaramillo, escritor ecuatoriano.
- 1930 - Xoán Bautista Andrade, escritor galego (n. 1879).
- 1938 - Ryoji Noyori, químico xaponés, Premio Nobel de Química o 2001.
- 1940 - Eduardo Galeano, xornalista uruguaio (m. 2015).
- 1942 - Levy Mwanawasa, presidente de Zambia.
Mortes
editar- 1658 - Lord Oliver Cromwell, líder político e militar inglés (n. 1599).
- 1883 - Iván Turguiéñef, escritor ruso (n. 1818).
- 1911 - Pancho Rodríguez, agrarista galego.
- 1927 - Luís Amado Carballo, poeta galego (n. 1901).
- 1936 - Juan Abramo Dios, mestre e político galego (n. 1908).
- 1948 - Edvard Beneš, presidente de Checoslovaquia (n. 1884).
- 1951 - Manuel Rodríguez González, guerrilleiro antifranquista galego.
- 1959 - Manuel García Rodríguez, guerrilleiro antifranquista galego.
- 1986 - Tomás Barros, pintor e escritor galego (n. 1922).
- 1991 - Frank Capra, director de cine estadounidense (n. 1897).
- 2017 - John Ashbery, escritor estadounidense (n. 1927).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: San Gregorio Magno.