81ª edición dos Óscar
A 81ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2008 dos Estados Unidos e celebrouse o 22 de febreiro de 2009, no Kodak Theatre no distrito de Hollywood, nos Ánxeles (California). Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. O actor australiano Hugh Jackman presentou a cerimonia por vez primeira.[1] O nomeado ó Oscar Laurence Mark serviu como produtor do evento, mentres que o guionista e director gañador dun Oscar Bill Condon serviu como produtor executivo.[2] A Academia agardaba revitalizar a cerimonia a través dun equipo de produción totalmente novo e un xurado gardado en segredo. A transmisión por televisión recibiu críticas xeralmente favorables.
Slumdog Millionaire gañou oito premios, o máis galardoado aquela noite, incluíndo mellor filme e mellor director (Danny Boyle). Outros gañadores foron O curioso caso de Benjamin Button con tres premios, O cabaleiro escuro e Milk con dous, e Departures, The Duchess, La Maison en Petits Cubes, Man on Wire, The Reader, Smile Pinki, Toyland, Vicky Cristina Barcelona e WALL-E gañaron un. A audiencia nos Estados Unidos acadou os 36 000 000 de espectadores.
Gañadores e nomeados
editarOs nomeados da 81ª edición dos Óscar foron anunciados o 22 de xaneiro de 2009, no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills, California, por Sid Ganis, presidente da Academia, e o actor gañador dun Oscar Forest Whitaker.[3]
O filme con máis nomeamentos foi O curioso caso de Benjamin Button. [3] Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia o 22 de febreiro de 2009.[4]
Premios
editarOs gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letras grosas.[5]
Predecesor: 80ª edición dos Óscar |
Premios Oscar 81ª edición dos Óscar |
Sucesor: 82ª edición dos Óscar |
Notas
editar- ↑ "Hugh Jackman to Host 81st Academy Awards". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 12 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2008. Consultado o 12 de decembro de 2008.
- ↑ "Mark and Gordon to Guide 81st Oscar telecast". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 24 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2008. Consultado o 24 de setembro de 2008.
- ↑ 3,0 3,1 "Forest Whitaker to Join Academy President Sid Ganis for Oscar Nominations". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 20 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 26 de febreiro de 2013.
- ↑ "Academy Award winners and nominees". CNN. 22 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 22 de febreiro de 2009.
- ↑ "The 81st Academy Awards (2009) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 2011-11-22.