Aeroporto Chhatrapati Shivaji
O aeroporto internacional Chhatrapati Shivaji (IATA: BOM, OACI: VABB), anteriormente coñecido como aeroporto internacional Sahar, é o principal aeroporto internacional que serve a área metropolitana de Bombai, na India. É o segundo aeroporto máis concorrido do país en termos de pasaxeiros despois do aeroporto de Delhi, ademais de ser o 14º de Asia e o 29º máis concorrido do mundo no ano 2016, con 44,68 millóns de pasaxeiros. Tamén é o segundo máis concorrido do país en termos de carga. En marzo de 2017 superou a Londres-Gatwick como o aeroporto cunha única pista operativa ao mesmo tempo máis concorrido do mundo.[1] O aeroporto ten tres terminais operativas e opera uns 850 movementos de avións por día.
Aeroporto Chhatrapati Shivaji Chhatrapati Shivaji International Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Airports Authority of India | ||
Operador | Mumbai International Airport Limited (MIAL) | ||
Cidade/Illa | Bombai | ||
Elevación (msnm) | 11 metros / 37 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
14/32 | 2 990 | 9 760 | asfalto |
09/27 | 3 660 | 12 008 | asfalto |
Estatísticas (Abril 2016 - marzo 2017) | |||
Pasaxeiros | 45 154 345 |
No ano 2015 gañou o premio ASQ Best Airport Award na categoría dos aeroportos entre 25 e 40 pasaxeiros anuais concedido por Airports Council International.[2] Tamén gañou o premio a Mellor Aeroporto na India e Centro de Asia na edición de 2016 dos World Airport Awards de Skytrax.[3]
O aeroporto está operado por Mumbai International Airport Limited (MIAL), unha empresa conxunta do consorcio formado pola Autoridade Aeroportuaria da India e GVK Industries Ltd, que foi elixida en febreiro de 2006 para encargarse da súa modernización.[4] A nova terminal integrada T2 foi inaugurada o 10 de xaneiro de 2014[5] e abriuse para as operacións internacionais o 12 de febreiro do mesmo ano.[6]
O aeroporto foi bautizado na honra do emperador maratha do século XVII Chhatrapati Shivaji.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarNotas
editar- ↑ The Times of India (ed.). "Now, Mumbai world's busiest airport with only one runway". Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
- ↑ Airports Council International (ed.). "Airport Service Quality (ASQ)". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
- ↑ The Hindu Business Line (ed.). "CSIA voted Best Airport in India and Central Asia". Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
- ↑ APAO (ed.). "Mumbai International Airport Limited – MIAL". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2017. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
- ↑ Business Standard (ed.). "Mumbai airport T2 to open for passengers on Feb 12" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
- ↑ DNA India (ed.). "With maiden Air India flight, T2 opens to public" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
- ↑ Sun.mv (ed.). "3 airlines to start scheduled flights; 2 new airlines to start operations". Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 SpiceJet (ed.). "SpiceJet flight schedules". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
- ↑ Blue Dart (ed.). "Corporate Background". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
- ↑ AeroLogic (ed.). "Winter schedule 2017/2018". Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
- ↑ Ethiopian Airlines (ed.). "Cargo Network". Archived from the original on 08 de abril de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
- ↑ Lufthansa Cargo AG flight schedule Arquivado 30 de decembro de 2005 en Wayback Machine. (9mb file in Excel format) only those destinations with MD-11 service are Lufthansa Cargo destinations
- ↑ "MALAYSIA AIRLINES - MASKargo". Asia Today International. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ "MAS Cargo network". Maskargo.com. 2016-10-30. Consultado o 2017-03-27.
- ↑ "Route Map". Qatar Airways Cargo. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2017. Enlarge the map to see all mentioned destinations
- ↑ "2017 Winter Freighter Schedule effective (01 FEB 17-28 FEB 17)" (PDF). Saudia Cargo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ "Our Network". siacargo.com. Consultado o 2017-03-27.
- ↑ "WINTER 2016 CARGO SCHEDULE (16-22 JAN 2017)" (PDF). Turkish Airlines Cargo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xuño de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ "International Airports served by UPS Cargo" (PDF). UPS Cargo. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ "Uni-Top Airlines: Flight Schedule". Uw-air.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2018. Consultado o 2017-03-27.
- ↑ "Uzbekistan Airways cargo 767 freighter flights new format". Uzairways.com. 2015-03-04. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 2017-03-27.