Aeroporto de Sá Carneiro
O aeroporto Francisco Sá Carneiro ou aeroporto internacional do Porto (código IATA: OPO; código ICAO: LPPR) localízase no Grande Porto, na zona de confluencia entre os concellos de Maia, Matosinhos e Vila do Conde, en Portugal.
Aeroporto de Sá Carneiro Aeroporto Francisco Sá Carneiro
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Vinci Airports | ||
Operador | ANA Aeroportos de Portugal | ||
Cidade/Illa | Porto | ||
Elevación (msnm) | 69 metros / 226 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17/35 | 3 480 | 11 417 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 10 782 461[1] |
O aeroporto foi inaugurado en 1945 e substancialmente mellorado en 2003. Actualmente é administrado pola empresa ANA - Aeroportos de Portugal, SA e ten unha capacidade para 6 millóns de pasaxeiros/ano. En 2006 recibiu 3 402 893 pasaxeiros, 2 600 toneladas de carga e 4 120 voos.
É, en termos de movementos e pasaxeiros, o terceiro aeroporto portugués despois do aeroporto de Lisboa e do aeroporto de Faro. Mesmo así, ten testemuñado un incremento progresivo das súas ligazóns, froito do aumento das operacións das compañías de baixo custo, en concreto da compañía Ryanair.
O aeroporto está constituído por unha pista 17/35 con 3 480 m de longo e 45 m de ancho.
Prevese que no futuro o aeroporto poida ser ampliado cara ao sur cunha nova terminal que permitirá mellorar os servizos do aeroporto cando este supere os 5 millóns de pasaxeiros. Tamén está previsto, para mediados de 2009, o inicio da construción dunha nova pista, servindo a actual como pista de rodadura.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Air France Cargo | Cidade de México, París-Charles de Gaulle |
ASL Airlines Belgium | Liexa |
ASL Airlines France | Brive, Rennes[7] |
DHL Aviation operado por European Air Transport Leipzig |
Leipzig/Halle, Londres-Heathrow, Vitoria |
UPS Airlines operated by Star Air |
Colonia/Bonn, Lisboa |
Accesos
editarO aeroporto, outrora precario e con malas comunicacións, é hoxe considerado un dos mellores aeroportos europeos, enlazado con novas autoestradas e con infraestrutura, dentro do aeroporto, do Metro do Porto ligándoo directamente co centro da cidade do Porto, cos trens de velocidade elevada (Campanhã) e co estadio de fútbol do Dragão e, facendo transbordo, con outros centros urbanos do Grande Porto: Póvoa de Varzim e Vila do Conde (Liña B, estación Verdes); Maia (Liña C, estación Fonte do Cuco); Matosinhos (Liña A, estación Senhora da Hora); e Vila Nova de Gaia (Liña D, estación Trindade). Taxis e os autocares dos STCP complementan a conexión do aeroporto coa cidade do Porto.
Dende Galicia hai ligazóns regulares ao aeroporto do Porto en autocares dende A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo (ida e volta) dúas veces ao día, nos días laborables, e unha vez ao día, nos fins de semana.
Premios
editarO aeroporto do Porto ten sido recoñecido internacionalmente pola calidade das súas instalacións e do seu servizo:
- En 2006 a "European Convention for Constructional Steelwork" (ECCS) distinguiu o terminal de pasaxeiros do aeroporto Sá Carneiro na categoría de mellor obra en aceiro, por ser un edificio que vence 80 metros de van a través do emprego de estruturas trianguladas [8].
- En 2007 foi considerado o terceiro mellor aeroporto de Europa (en termos absolutos) e o mesmo lugar a nivel mundial na categoría de menos de 5 millóns de pasaxeiros. A clasificación é da asociación internacional de aeroportos (ACI - Airports Council International) que mide a calidade dos servizos prestados en 90 aeroportos de todo o mundo, con base en enquisas sobre a satisfacción dos pasaxeiros[9].
Galería de fotos
editarNotas
editar- ↑ "Boletins Estatísticos Trimestrais". ANAC. Consultado o 28 de xullo de 2018.
- ↑ Ryanair (ed.). "Ryanair Stellt Winterflugplan 2017/2018 Für Frankfurt Am Main Vor". Consultado o 7 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "TAP Portugal adds Porto – Porto Santo charters in S17". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "TAP Portugal adds Almeria scheduled charters in S17". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "TAP Portugal adds new summer Morocco charters from June 2017". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ USA Today (ed.). "United Airlines: Iceland, Portugal included among four new Europe routes". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Air Journal (ed.). "Europe Airpost desservira Porto et Vienne en lignes régulières". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ "Noticia Arquitectura". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2008. Consultado o 28 de novembro de 2007.
- ↑ Noticia de JN: Aeroporto Sá Carneiro é o terceiro melhor da Europa Arquivado 13 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en portugués)