Agresión
En psicoloxía e nas ciencias do comportamento, a agresión é un acto executado coa intención de causar dano. A agresión pode ser física ou verbal, e o comportamento cualifícase como agresión mesmo se non ten éxito en causar o dano. A convención é que os comportamentos que por accidente causan dano non se clasifiquen como agresións, polo menos non de forma directa.
Definición
editarDollard afirma[1] que é calquera comportamento cuxo obxectivo é causar certo dano á persoa a quen vai dirixido. Existen algunhas controversias sobre o comportamento agresivo: Archer e Browne establecen en Developmental Origins of Agression (2005)[2] tres características do caso prototípico de agresión:
- Intención de causar dano.
- Provocar dano real.
- A existencia de alteracións do estado emocional.
Nas definicións que se usan habitualmente nas ciencias sociais e nas ciencias do comportamento, a agresión é unha acción ou resposta dun individuo que proporciona algo desagradable a outra persoa.[3] Algunhas definicións inclúen que o individuo ten a intención de facer dano á outra persoa.[4]
Desde unha perspectiva interdisciplinar, a agresión considérase:
"Un conxunto de mecanismos formados no curso da evolución para impoñerse a un mesmo, familiares ou amigos fronte aos demais, para obter ou defender recursos (causas últimas) por medios prexudiciais. Estes mecanismos adoitan estar motivados polas emocións; como o medo, a frustración, a ira, os sentimentos de estrés, de dominación ou de pracer (causas próximas). Ás veces, o comportamento agresivo serve para aliviar o estrés ou como sentimento subxectivo de poder".[5][6]
A agresión pode adoptar unha variedade de formas, que poden expresarse fisicamente, comunicarse verbalmente ou non verbalmente; incluíndo:
- Agresión antidepredadora.
- Agresión defensiva (inducida polo medo).
- Agresión depredadora.
- Agresión por dominación.
- Agresión entre homes.
- Agresión entre residentes e intrusos.
- Agresión materna.
- Agresión específica da especie.
- Agresión relacionada co sexo.
- Agresión territorial.
- Agresión inducida polo illamento.
- Agresión irritable.
- Agresión inducida pola estimulación cerebral (hipotálamo).
Hai dous subtipos de agresión humana:
- Subtipo controlado-instrumental (con propósito ou orientado a obxectivos).
- Subtipo reactivo-impulsivo (moitas veces provoca accións incontrolables que son inadecuadas ou indesexables).
Por definición, a agresión difire do que comunmente se chama asertividade, aínda que os termos adoitan usarse indistintamente en frases como "un vendedor agresivo".
Clases de agresións
editar- Agresión verbal ou psicolóxica: Dáse cando unha persoa é agredida mediante malos tratos ou insultos de calquera índole, os cales poden chegar a causar lesións psicolóxicas.
- Agresión física: Producida pola acción de golpes de maneira directa o mediante calquera medio físico que cause lesións directamente á outra persoa ou animal.
- Agresión sexual: Acontece cando un individuo invade o espazo íntimo doutra persoa sen consentimento ou abusando sexualmente dela.
Etoloxía (ciencias naturais)
editarOs etólogos estudan a agresión no que se relaciona coa interacción e a evolución dos animais en ambientes naturais. Neste ambiente, a agresión pode incluír o contacto físico a través de morder, golpear ou empurrar, pero a maioría dos conflitos resólvense mediante ameazas e avances intimidatorios que non causan dano físico. Esta forma de agresión pode incluír a exposición do tamaño do corpo, hastas, garras ou dentes; sinais estereotipados, incluíndo expresións faciais; vocalizacións como o canto dun paxaro, a liberación de produtos químicos e cambios na coloración.[7] Ás veces úsase a expresión comportamento agonístico para referirse a estas formas de conduta relacionadas coa loita.
A maioría dos etólogos cren que a agresión proporciona vantaxes biolóxicas. A agresión pode axudar a un animal a controlar un territorio, incluíndo recursos como alimentos e auga. A agresión entre machos adoita producirse para garantir oportunidades de apareamento e resulta na selección natural do animal máis san ou vigoroso. A agresión tamén pode producirse para a autoprotección ou para protexer á descendencia.[8] A agresión entre grupos de animais tamén pode producir vantaxes. Por exemplo, un comportamento hostil pode obrigar a unha poboación de animais a penetrar nun novo territorio, onde a necesidade de adaptarse a un novo ambiente pode levar a unha maior flexibilidade xenética.[9]
Sociedade
editarOs seres humanos comparten aspectos relacionados coa agresión co resto de animais, e teñen aspectos específicos e complexos relacionados con factores asociados á xenética, as primeiras etapas do desenvolvemento, a aprendizaxe e flexibilidade social, a cultura e a moral.
- Konrad Lorenz expresou na súa obra On Aggression (1963) que o comportamento humano está conformado por catro imperativos animais de loita pola subsistencia ou supervivencia. Considerados en conxunto, estes factores impulsores: fame, medo, reprodución e agresión, dan como resultado a selección natural.[10]
- E. O. Wilson afirmaba na súa obra On Human Nature que a agresión é un medio para tomar o control dos recursos. Polo tanto, a agresión agrávase nos tempos nos que as altas densidades de poboación conducen á escaseza de recursos.[11]
- Segundo Richard Leakey, a agresión no ser humano foi aumentando a medida que se acentuaba o principio de propiedade e a súa defensa.[12]
- A UNESCO adoptou o Manifesto de Sevilla sobre a Violencia en 1989, que refuta os pronunciamentos dos científicos evolucionistas, no sentido de que a información xenética é a única causa da agresión.[13]
Os aspectos sociais e culturais poden interferir significativamente coas diferentes expresións de agresividade. Por exemplo, unha alta densidade de poboación, cando se produce xunto cunha diminución dos recursos dispoñibles, pode ser unha variable significativa no desencadeamento de actos violentos.[14]
Cultura
editarA cultura é un factor que inflúe na agresividade. As sociedades ou bandas tribais que existían antes ou fóra do estado moderno foron ás veces descritas como pacíficos "nobres salvaxes".
- O pobo ǃKung foi descrito como "O pobo inofensivo" nunha obra popular de Elizabeth Marshall Thomas en 1958[15].
- A Guerra Antes da Civilización (1966) de Lawrence Keeley suxeriu que a guerra sen tecnoloxía moderna foi levada a cabo pola maioría dos grupos ao longo da historia da humanidade (incluíndo á maioría de tribos nativas americanas). Os estudos sobre cazadores-recolectores mostran unha variedade de sociedades diferentes. En xeral, ás veces ocorren agresións, conflitos e violencia, pero adoita evitarse a confrontación directa e o conflito xestiónase socialmente a través de diversos métodos verbais e non verbais.
- O psicólogo estadounidense Peter Gray formulou a hipótese de que as sociedades de cazadores-recolectores de bandas son capaces de reducir a agresión mantendo relacións relativamente pacíficas e igualitarias entre os seus membros a través de diversos métodos, como o fomento do espírito lúdico en todos os ámbitos da vida, o uso do humor para contrarrestar a tendencia da persoa a dominar o grupo, e prácticas de crianza non coercitivas ou "indulxentes". Gray compara as bandas de cazadores-recolectores cos grupos de xogo social, aínda que subliña que ese xogo non é frívolo nin fácil en todo momento. Segundo Gray, "o xogo social" -é dicir, xogo no que participa máis dun xogador- é necesariamente igualitario. "Esixe sempre unha suspensión da agresión e do dominio xunto cunha maior sensibilidade ás necesidades e desexos dos demais".[16]
- Joan Durrant da Universidade de Manitoba escribiu que varios estudos descubriron que o castigo físico está asociado con "niveis máis altos de agresión contra pais, irmáns, compañeiros e cónxuxes", mesmo cando se controlan outros factores.[17]
- Segundo Elizabeth Gershoff da Universidade de Texas en Austin, cantos máis nenos sexan castigados fisicamente, máis probable é que, como adultos, actúen violentamente cos membros da familia, incluídas as parellas íntimas.[18]Nos países onde o castigo físico dos nenos se percibe como máis aceptable culturalmente, está menos fortemente asociado co aumento da agresión. Non obstante, descubriuse que o castigo físico predí algún aumento da agresión infantil independentemente da cultura.[19] Aínda que estas asociacións non proban a causalidade, unha serie de estudos lonxitudinais suxiren que a experiencia do castigo físico ten un efecto causal directo sobre as condutas agresivas posteriores.[20]
Analizar a agresión cultural ou politicamente complícase polo feito de que a etiqueta de "agresiva" pode ser usada por si mesma como unha forma de afirmar un xuízo desde un punto de vista particular. Se un método coercitivo ou violento de control social se percibe como agresión -ou como agresión lexítima fronte a ilexítima- depende da posición das partes implicadas en relación coa orde social da súa cultura. Isto, á súa vez, pode estar relacionado con factores como:
- Regras de coordinación de actuacións e división de recursos.
- O que é considerado autodefensa ou provocación.
- Actitudes cara aos “forasteiros”.
- Actitudes cara a colectivos concretos como mulleres, persoas con discapacidade ou de menor status.
- Dispoñibilidade de estratexias alternativas de resolución de conflitos.
- Interdependencia comercial e pactos de seguridade colectiva.
- Medos e impulsos.
- Obxectivos finais en canto a resultados materiais e sociais.[21]
Xénero
editarO xénero é un factor que inflúe na agresión tanto humana como animal. Historicamente creíase que os homes eran máis agresivos fisicamente que as mulleres desde pequenos[22][23] e que os homes comeían a gran maioría dos asasinatos.[24] Esta é unha das diferenzas máis sólidas e fiables no comportamento segundo o sexo, e atopouse en moitos grupos de idade e culturas diferentes. Porén, algúns estudos empíricos descubriron que a discrepancia na agresión masculina e feminina é máis pronunciada na infancia e que a diferenza de xénero nos adultos é modesta cando se estuda nun contexto experimental.[25] Aínda así, hai evidencias de que os homes son máis rápidos na agresión (Frey et al. 2003) e é máis probable que as mulleres expresen a súa agresión fisicamente.[26]
Cando se consideran formas indirectas de agresión non violenta, como a agresión relacional e o rexeitamento social, algúns científicos sosteñen que as mulleres poden ser bastante agresivas, aínda que a agresión feminina raramente se expresa fisicamente.[27][28][29]Unha excepción é a violencia de parella ou de xénero.
Véxanse tamén as seccións sobre testosterona e consideracións sobre explicacións evolutivas das diferenzas de xénero.
Notas
editar- ↑ Dollard, John; Miller, Neal E.; Doob, Leonard W.; Mowrer, O. H.; Sears, Robert R. (1939). Frustration and aggression. (en inglés). New Haven: Yale University Press. doi:10.1037/10022-000.
- ↑ Gendreau, PL & Archer, J. 'Subtypes of Aggression in Humans and Animals', in Developmental Origins of Aggression, 2005, The Guilford Press.
- ↑ Buss, A. H. (1961). La psicología de la agresión. Hoboken, NJ: John Wiley.
- ↑ Anderson, Craig A.; Bushman, Brad J. (2002-02). "Human Aggression". Annual Review of Psychology (en inglés) 53 (1): 27–51. ISSN 0066-4308. doi:10.1146/annurev.psych.53.100901.135231.
- ↑ Wahl, Klaus (2020). The radical right: biopsychosocial roots and international variations. Cham, Switzerland: Palgrave Macmillan. ISBN 978-3-030-25130-7.
- ↑ Wahl, Klaus (2013). Aggression und Gewalt: ein biologischer, psychologischer und sozialwissenschaftlicher Überblick. Heidelberg: Spektrum. ISBN 978-3-8274-3120-2.
- ↑ Huber, Robert (2011). Aggression. Advances in genetics. San Diego, CA: Academic Press. ISBN 978-0-12-380858-5.
- ↑ Maestripieri, Dario (1992-06-01). "Functional aspects of maternal aggression in mammals". Canadian Journal of Zoology (en inglés) 70 (6): 1069–1077. ISSN 0008-4301. doi:10.1139/z92-150.
- ↑ Carlson, Neil R. Psychology: The Science Of Behaviour (4.ª edición). p. 420.
- ↑ Konrad Lorenz, On Aggression (1963).
- ↑ E.O. Wilson, On Human Nature (Harvard, 1978) pp.101–107.
- ↑ Leakey, R.,& Lewin,R. (1978). People of the lake. New York: Anchor Press/Doubleday.
- ↑ UNESCO, (1989). El Manifiesto de Sevilla sobre la Violencia. Manifesto descargable en PDF
- ↑ De Almeida, Rosa Maria Martins; Cabral, João Carlos Centurion; Narvaes, Rodrigo (2015). "Behavioural, hormonal and neurobiological mechanisms of aggressive behaviour in human and nonhuman primates". Physiology & Behavior. 143: 121–35.
- ↑ Thomas, E.M. (1958). El pueblo inofensivo. Nueva York: Vintage Books
- ↑ Gray, Peter (16 de mayo de 2011). «Cómo los cazadores-recolectores mantuvieron sus costumbres igualitarias». Psychology Today.
- ↑ Durrant, Joan; Ensom, Ron (2012-09-04). "Physical punishment of children: lessons from 20 years of research". Canadian Medical Association Journal (en inglés) 184 (12): 1373–1377. ISSN 0820-3946. PMID 22311946. doi:10.1503/cmaj.101314.
- ↑ Gershoff, E.T. (2008). Report on Physical Punishment in the United States: What Research Tells Us About Its Effects on Children. Columbus, OH: Center for Effective Discipline. p. 16. Archivado desde el original el 27 de enero de 2016. Consultado el 15 de diciembre de 2015.
- ↑ "Corporal Punishment" (2008). International Encyclopedia of the Social Sciences.
- ↑ Durrant, Joan; Ensom, Ron (2012-09-04). "Physical punishment of children: lessons from 20 years of research". Canadian Medical Association Journal (en inglés) 184 (12): 1373–1377. ISSN 0820-3946. PMID 22311946. doi:10.1503/cmaj.101314.
- ↑ Bond, MH. (2004) "Agresión y cultura", en Enciclopedia de psicología aplicada, Volume 1.
- ↑ Coie, J.D. & Dodge, K.A. (1997). Aggression and antisocial behavior. In W. Damon & N. Eisenberg (Eds). Handbook of Child Psychology, Vol. 3: Social, emotional and personality development
- ↑ Maccoby. E.E. & Jacklin. C.N. (1974). The psychology of sex differences, Stanford: Stanford University Press.
- ↑ Buss, D. M.; Duntley, J. D. (2006). "The evolution of aggression". In Schaller, M.; Simpson, J. A.; Kenrick, D. T. (eds.). Evolution and Social Psychology. New York: Psychology Press. pp. 263–86..
- ↑ Eagly, Alice H.; Steffen, Valerie J. (1986). "Gender and aggressive behavior: A meta-analytic review of the social psychological literature.". Psychological Bulletin (en inglés) 100 (3): 309–330. ISSN 1939-1455. doi:10.1037/0033-2909.100.3.309.
- ↑ Björkqvist, Kaj; Österman, Karin; Lagerspetz, Kirsti M. J. (1994). "Sex differences in covert aggression among adults". Aggressive Behavior (en inglés) 20 (1): 27–33. doi:10.1002/1098-2337(1994)20:1<27::AID-AB2480200105>3.0.CO;2-Q.
- ↑ Archer, John (2004-12). "Sex Differences in Aggression in Real-World Settings: A Meta-Analytic Review". Review of General Psychology (en inglés) 8 (4): 291–322. ISSN 1089-2680. doi:10.1037/1089-2680.8.4.291.
- ↑ Card, Noel A.; Stucky, Brian D.; Sawalani, Gita M.; Little, Todd D. (2008-09). "Direct and Indirect Aggression During Childhood and Adolescence: A Meta‐Analytic Review of Gender Differences, Intercorrelations, and Relations to Maladjustment". Child Development (en inglés) 79 (5): 1185–1229. ISSN 0009-3920. doi:10.1111/j.1467-8624.2008.01184.x.
- ↑ Hines, Denise A.; Saudino, Kimberly J. (2003-04-01). "Gender Differences in Psychological, Physical, and Sexual Aggression Among College Students Using the Revised Conflict Tactics Scales". Violence and Victims (en inglés) 18 (2): 197–217. ISSN 0886-6708. doi:10.1891/vivi.2003.18.2.197.