Alejandro Gómez

atleta galego


Alejandro Gómez Cabral, tamén coñecido como Alexandre Gómez[1], nado en Zamáns (Vigo) o 11 de abril de 1967 e finado tamén en Zamáns o 31 de xaneiro de 2021[2], foi un atleta galego. Correu, entre outras, coa sección de atletismo do Celta de Vigo.

Modelo:BiografíaAlejandro Gómez

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alejandro Gómez Cabral Editar o valor en Wikidata
11 de abril de 1967 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 2021 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetumor cerebral Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996
1992Xogos Olímpicos de 1992
1988Xogos Olímpicos de 1988 Editar o valor en Wikidata

IAAF: 14166352 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Empezou de novo, acadando importantes marcas en categorías de idade. Foi récord de España júnior en 2000 m (5'09"5), récord de España xuvenil nos 5000 m (14'16"7) e récord estatal de 10 000 m na categoría promesa, así como campión de España de 3000 m obstáculos nesa última categoría. Na primeira etapa da súa traxectoria deportiva tamén destacou nas probas de campo, onde acadou o estatal de cross en 1984 como xuvenil, e os estatais de cross en 1986, 1987 e 1988 como promesa. O seu maior éxito foi a medalla de prata conseguida nos mundiais de atletismo júnior, en Atenas (1986), na distancia de 5.000 m, cunha marca de 13'55"94.

Xa en categoría absoluta, conseguiu varios campionatos nas distancias máis longas do fondo. Por exemplo, foi campión galego de cross en cinco ocasións consecutivas, e campión estatal de cross en 1989 e en 1995. Tamén foi campión estatal de 10 000 m en pista nos anos 1989, 1991, 1993, 1995 e 1996, e de medio maratón en 1992 e 2003.

 
A cidade de Vigo ós seus atletas.[3]

A nivel internacional, a súa primeira participación olímpica tivo lugar nos Xogos de Seúl, en 1988, na distancia dos 5.000 m. Máis tarde, xa habituado á gran distancia, disputou os 10.000 m de Barcelona e os de Atlanta, onde obtivo a mellor posición ao rematar na 15ª posición cunha marca de 29'38"11.

Nos campionatos do mundo de atletismo a súa mellor actuación foi a 9ª praza na final dos 10.000 m en Toquio, cunha marca de 28'13"71, mentres que en Goteborg foi 16º. Desa época é tamén a medalla de prata conseguida nos campionatos de Europa de cross celebrados en Alnwick e a oitava praza nuns mundiais de medio maratón celebrados en Palma.

Na parte final da súa traxectoria deportiva dedicouse ao maratón. Nesa proba foi 5º nos europeos de Budapest en 1998, 40º nos mundiais de Sevilla en 1999 e 6º nos europeos de Múnic en 2002. Foi 41 veces internacional con España. Ademais, ostentou o récord estatal de maratón en 1997 ao conseguir unha marca de 2:07'54".

En xuño de 2020 foille detectado un tumor cerebral sen posibilidade de operación.[4] O 11 de xullo dese ano recibiu unha homenaxe en Vigo por parte do atletismo galego, organizado pola Federación Galega, e coa participación de numerosos atletas, tamén de fóra de Galicia, como o plusmarquista mundial Sebastian Coe, quen definiu a Gómez como unha "lenda do atletismo".[5][6]

Na data do seu falecemento era o posuidor dos récords galegos de 10000, maratón e medio maratón en categoría absoluta, así como de varios récords en diferentes distancias en categorías de veteranos[7].

  1. "Atletismo. Alexandre Gómez". CRTVG - pasouoquepasou - Arquivo en liña. 2013-10-24. Consultado o 2021-01-31. 
  2. "Fallece el atleta vigués Alejandro Gómez". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-01-31. Consultado o 2021-01-31. 
  3. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  4. "Alejandro Gómez: «Realmente no pensaba que la gente me quisiera tanto»". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xuño de 2020. Consultado o 9 de xullo de 2020. 
  5. "O atletismo galego réndelle unha merecida homenaxe a Alejandro Gómez". CRTVG. 11 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  6. "«Alejandro Gómez, eres único»". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  7. "Federación Galega de Atletismo". ranking.atletismo.gal. Consultado o 2021-01-31. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar