Alejandro Lorenzo Alonso
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, popularmente coñecido como Caroca, nado en Chenlo (O Porriño) o 18 de febreiro de 1976, é un político galego do PPdeG.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1976 (48 anos) Chenlo, España |
Alcalde do Porriño | |
decembro de 2021 – ← Eva García de la Torre | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarProfesional da automoción. En 2007 foi elixido alcalde pedáneo da Entidade Local de Menor de Chenlo polo PPdeG. Ó mesmo tempo foi o número 3 da candidatura do PPdeG ó concello do Porriño e foi eilixido concelleiro, situándose na oposición ata a moción de censura de febreiro de 2010, cando pasou a asumir responsabilidades de goberno baixo o mandato de Nelson Santos Argibay. En 2011 foi reelixido alcalde pedáneo cun 78% dos votos, así como concelleiro, mantendo responsabilidades de goberno municipal tras revalidar o PPdeG o goberno municipal con maioría absoluta. En 2015 foi novamente reelixido como alcalde pedáneo e continuou como concelleiro, se ben nesta ocasión na oposición. En marzo de 2017 fíxose cargo do PPdeG en Porriño, trala marcha do exalcalde Nelson Santos Argibay[2].
En 2019 encabezou a candidatura do PPdeG ó concello, non concorrendo á reelección como pedáneo, e logrou a vitoria por maioría simple, mais non logrou a alcaldía dado que os demais grupos da corporación apoiaron a continuidade da socialista Eva García de la Torre como alcaldesa. Nese mandato foi designado deputado provincial. Trala dimisión da alcaldesa en novembro de 2021, foi investido alcalde do Porriño o 23 de decembro como cabeza da lista máis votada, ó non lograr nesta ocasión os demais grupos un acordo alternativo[3]. Nas eleccións municipais de 2023 encabezou novamente a candidatura do PPdeG foi reelixido alcalde con maioría absoluta[4]. Foi novamente designado deputado provincial para dito mandato.
Predecesor: Eva García de la Torre |
Alcalde do Porriño 2021 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
editar- ↑ "Currículo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de decembro de 2021. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ El PP de O Porriño inicia la carrera para intentar reconquistar la alcaldía
- ↑ "Alejandro Lorenzo, del PP, nuevo alcalde de O Porriño" (23/12/2021) Atlántico Diario (en castelán).
- ↑ Emocionado baño de masas del alcalde de O Porriño tras fallecer su abuela: «Te quiero como nunca»