Unha alfándega[1] (do árabe al-fundaq, "hospedaría") ou aduana[2] (do árabe ad-dīwān, "rexistro", "escritorio") é unha oficina situada nalgún porto, aeroporto ou fronteira para cobrar taxas das mercadorías que se importan e exportan. Na época moderna teñen a responsabilidade de vixiar as fronteiras, concretadas polos Estados mediante cadansúa organización. Réxense polas regras de cada Estado, mais teñen a función principal de controlar as importacións e exportacións, e a cobranza dos impostos pertinentes.

Edificio da alfándega na Raia entre Galiza e Portugal, que deixou de ter uso en 1986 ao entraren España e mais Portugal no mercado común.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alfándega.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aduana.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.