Anscar I de Ivrea (Anscharius en latín) nado no 860 e finado en marzo de 902, foi conde de Oscheret (867-887), no reino de Borgoña, e margrave de Ivrea, en Italia, desde 888[1] ata a súa morte.

Modelo:BiografíaAnscar de Ivrea

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Anschaire Ier d'Ivrée Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento860 Editar o valor en Wikidata
Mortemarzo de 902 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Ivrea, Italia Editar o valor en Wikidata
Arcebispo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMargrave (888–902)
Conde (867–887) Editar o valor en Wikidata
FamiliaAnscáridas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeNN Editar o valor en Wikidata
FillosAdalberto I, Margrave de Ivrea Editar o valor en Wikidata
PaiAmadeu de Langres Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Ivrea-3

Traxectoria

editar

Desde 877 ou 879 foi conde de Oscheret en Borgoña. Apoiou a Guido III de Spoleto para o trono de Francia tras a deposición de Carlos o Gordo en 887, pero tras o infrutuoso intento de Guido e a coroación de Odón, Conde de París, volveu con Guido a través dos Alpes, onde o duque foi elixido rei de Italia. En agradecemento, creou a Marca de Ivrea no nordeste e investiu ao seu amigo borgoñón.

Anscar foi conselleiro de Bosón da Provenza e irmán de Fulk, Arcebispo de Reims, quen apoiou con forza a dinastía carolinxia en Francia. Con Fulk, probabelmente invitou a Guido a Francia. Anscar loitou no nome da dignidade real de Guido en Italia. Enfrontouse a Arnulfo de Carintia durante a súa invasión deste de 894 e apoiou ao fillo de Guido Lamberto tras a morte de Guido nese ano. En 896, foi un dos poucos no norte que se opuxeron á segunda invasión de Arnulfo. Tras a morte de Lamberto, apoiou a Berengario de Friúl como rei e converteuse no seu principal conselleiro.

A esposa de Anscar é descoñecida, pero só tivo un fillo, Adalberto, a través do que foi o fundador dunha dinastía, os Anscáridas.

  1. Wickham, 178. A páxina web da Fundación para a xenealoxía medieval dá a data da asunción do cargo de margrave do 1 de decembro de 898, que tería marcado como unha das primeiras actas de Berengario como rei. Isto é totalmente negado por Wickham.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Wickham, Chris (1981). Early Medieval Italy: Central Power and Local Society 400-1000 (en inglés). Londres: MacMillan Press. ISBN 9780333266717. 

Outros artigos

editar
Predecesor:
Amadeo de Oscheret
Conde de Oscheret
867887
Sucesor:
Manasés I de Châlon
Predecesor:
Nova creación
Marqués de Ivrea
888-902
Sucesor:
Adalberto I