Antas de Ulla
Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes (2 219 no 2012, 2 275 no 2011, 2 346 no 2010, 2 407 no 2009, 2 499 no 2008, 2 549 no 2007, 2 573 no 2006, 2 602 no 2005, 2 640 no 2004, 2 676 no 2003). O xentilicio é seoanés, ullán[1] ou ullao.[2]
Epónimo | río Ulla | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Antas de Ulla | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.887 (2023) (18,2 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 103,66 km² | ||||
Altitude | 600 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Pilar García Porto (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Antas de Ulla | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27570 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27003 | ||||
Páxina web | concellodeantas.org |
Xeografía
editarO concello limita ao norte con Palas de Rei, ao sur con Taboada, ao oeste con Agolada e Rodeiro e ao leste con Monterroso. A capital municipal, do mesmo nome, dista 45 km da capital provincial, Lugo.
Do seu relevo, tendente á horizontalidade, destaca o monte Farelo, con 951 m de altura[3], e da súa hidrografía o río Ulla, que nace na parroquia de Olveda e conta con afluentes coma o Estanco, o Fadal, o Peizal, o Medeiros, o Peibás ou o Pequeno[4].
Demografía
editarCenso total 2014 | 2.152 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 147 (6,83 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.129 (52,46 %) |
Maiores de 65 anos | 876 (40,7 %) |
Fonte: INE
Evolución da poboación de Antas de Ulla Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.409 | 5.290 | 5.401 | 4.287 | 2.640 | 2.407 | 2.275 | 2.219 | 2.171 | 2.152 | 2.109 | 2.080 | 2.059 | 2.008 | 1.976 | 1.940 | 1.935 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarO Neolítico: os primeiros poboadores
editarCrese que os primeiros poboadores do territorio que na actualidade ocupa o Concello de Antas de Ulla se asentaron nesas terras no período Neolítico.
O Megalitismo
editarDe especial interese é o Megalitismo, xa que son moitas as antas (tamén chamadas mámoas, modias ou dolmens) que podemos atopar no Concello, aínda que ningunha está escavada. De feito, crese que é da civilización megalítica da que provén o topónimo (anta). Ademais, tamén existe na capital do Concello o chamado Campo das Antas cuxo nome se pode deber aos numerosos dolmens existentes na zona[4]. Neste lugar construíuse unha capela cristiá e, dalgún xeito, cristianízase tamén o seu nome pola confusión que na pronuncia pode haber entre Campo das Antas e Campo das Santas.
O Bronce
editarDo Bronce inicial ou Protoatlántico consérvanse unhas espirais de prata rectangulares, que se poden ver no Museo Provincial de Pontevedra[4].
A arte rupestre: os petróglifos do Monte Farelo
editarA medio camiño entre a Idade de Bronce e a Cultura castrexa é onde se sitúa unha arte rupestre fortemente relacionada co comercio do metal, da que destacan os petróglifos. Os petróglifos que hoxe podemos atopar no Monte Farelo son as mostras desta arte rupestre máis afastadas da costa que atopamos en Galiza e tamén as mellor conservadas.
Son un total de 54 petróglifos que presentan formas de catro tipos: cazoletas, combinacións circulares, espirais e labirintos.
Destes, 22 foron descubertos en 2003 pola investigadora Cristina Varela Cadahía. Con todo, a maioría do conxunto está sen catalogar e o último estudo publicado sobre el, que data de 2000 (María José Bóveda e María Paz Blanco), só se refire a 16 petróglifos. Ademais, non se tomou ningunha medida para protexelos nin están debidamente sinalados.
A Cultura castrexa
editarO mundo castrexo, que se estende desde o século IV a.C. até a caída do Imperio Romano no 476 d.C., tamén deixou unha importante pegada no Concello de Antas de Ulla. De feito, o centro de Galiza é un dos lugares do país no que son máis abundantes estes asentamentos. Son moitos os castros que podemos atopar, como é o caso do das parroquias de Santa Mariña do Castro de Amarante, Amoexa, Olveda ou o Castro de Seoane, situado na capitalidade do Concello no lugar no que hoxe se atopan as instalacións deportivas municipais.
Os castros do concello son[5]:
|
|
Idade Media
editarNa Idade Media o poder representábao nestas terras o Castelo de Amarante, situado na parroquia de Castro de Amarante, propiedade dos Noguerol, e que máis tarde pasaría a formar parte da casa de Camarada.
A construción das igrexas parroquiais do Concello datan deste período, e nelas predomina o estilo románico. Ademais, coma no resto de Galiza, son moitos os cruceiros que podemos atopar, de entre os que destaca o cruceiro de Amoexa.
Malia seren numerosas as igrexas parroquiais, o grande centro de poder no concello era o Castelo de Amarante, unha boa mostra de que en Antas de Ulla, coma no resto da Ulloa, o poder civil era máis importante có relixioso. De feito, a Ulloa é a única comarca de Galiza na que acontece isto, xa que non atopamos nesta comarca ningún mosteiro, convento ou catedral, agás o antigo convento de Vilar de Donas en Palas de Rei.
Cultura
editarToponimia
editarEntre a súa creación en 1836 e 1916 o concello recibiu simplemente o nome de Antas, pero nese ano pasou a ser chamado Antas de Ulla para distinguilo do concello de Antas (provincia de Almería).[6] O topónimo Antas de Ulla ten dous elementos: Antas do nome común anta (dolmen ou menhir), e Ulla polo río Ulla, que tamén lle dá nome á comarca da Ulloa onde está asentada.[7]
O rexistro máis antigo do topónimo Antas nun documento en galego data de 1390. Trátase dun foro do arquivo de Vilar de Donas en que se fai referencia ao actual Antas de Ulla como Sayoane das Antas,[8] forma abreviada de San Xoán das Antas. A forma moderna, Seoane das Antas, rexístrase por primeira vez en 1473, nunha relación de bens do tombo de Pergamiño do mosteiro de Oseira.[8]
Economía
editarA economía da zona baséase principalmente no sector primario, agricultura e gandería. O sector primario ocupa ó 60 % da poboación. No sector gandeiro predomina a cabana vacún: a rubia galega para carne, e a raza frisoa na produción leiteira.
Os produtos elaborados máis coñecidos de Antas son:
- O pan de Antas
- O queixo da Ulloa
- A carne
Ademais de ovos, castañas, cogomelos, espárragos e outros produtos da terra.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Antas de Ulla.
-
Igrexa de San Miguel de Cervela.
-
Porta Norte Igrexa S.Martiño do Carrasco.
-
Petróglifos en San Fiz de Amarante.
-
Columnas pórtico Igrexa de Peibás.
-
Igrexa de Santa Mariña.
-
Cruceiro de Santa María de Alvidrón.
-
Inscrición en hórreo.
-
Vista praza nova e parque infantil.
Parroquias
editar
Lugares de Antas de Ulla
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Antas de Ulla vexa: Lugares de Antas de Ulla.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ullán.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Farelo (s.d.). En Enciclopedia Galega Universal Ir Indo. Vigo: Ir Indo.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Antas de Ulla. (s.d.). Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2013.
- ↑ O Noso Patrimono, Antas de Ulla
- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 22-23. ISBN 978-84-17807-36-8.
- ↑ 8,0 8,1 Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antas de Ulla |
Bibliografía
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial do Concello de Antas de Ulla
- Bens culturais de Antas de Ulla catalogados en Patrimonio Galego
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |