Ave de presa
Unha ave de presa ou rapaz é unha ave que caza a súa comida empregando o seu peteiro, duro, curvado e rematado en punta, e mailas súas poutas, afiadas, que fan presa nas súas capturas. As aves de presa divídense en diúrnas e nocturnas que se inclúen en dúas ordes distintas sen relación de parentesco:
Falconiformes - rapaces diúrnas
- Catártidos: voitres do novo mundo
- Pandiónidos: aguia peixeira
- Accipítridos: aguias, azores, gabiáns e voitres do vello mundo
- Saxitáridos: secretario
- Falcónidos: falcóns, falcóns pequenos, esmerillóns e lagarteiros.
Estrixiformes - rapaces nocturnas
A semellanza entre as rapaces diúrnas e as nocturnas dáse pola denominada converxencia evolutiva (animais filoxeneticamente distantes adquiren, evolutivamente, aspectos semellantes por alimentarse do mesmo ou ocupar os mesmos nichos ecolóxicos). Aínda que o termo "rapaz" ás veces é utilizado amplamente, en xeral refírese a especies diúrnas.
Cetraría
editarA caza co uso de rapaces denomínase cetraría, e iniciouse hai máis de 4.000 anos, sendo moi habitual na Idade Media. Desaparecida no século XVII, o seu principal impulsor e rescatador moderno foi Félix Rodríguez de la Fuente, un dos maiores expertos mundiais en rapaces.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Fotos, vídeos e sons de aves de presa Arquivado 27 de maio de 2010 en Wayback Machine. en Internet Bird Collection