Avito
Marcus Maecilius Flavius Eparchius Avitus nace en Auvernia, na Galia no ano 395, no seo dunha familia senatorial (seu pai fora cónsul no ano 421). Tivo tres irmáns e os tres ocuparon cargos importantes na Galia entre os romanos. De boa educación, tamén foi estudoso das leis romanas. Foi emperador romano entre os anos 455 e 456.
Nome orixinal | (la) Marcus Flavius Maecilius Eparchius Avitus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 395 (Gregoriano) Clermont-Ferrand, Francia |
Morte | 18 de agosto de 457 (61/62 anos) Galia |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Brioude |
Emperador romano de Occidente | |
9 de xullo de 455 (Gregoriano) – 17 de outubro de 456 (Gregoriano) ← Petronio Máximo – Maioriano → | |
Senador romano | |
Bispo | |
Cónsul romano | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, político |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano e Later Roman Empire (en) |
Outro | |
Título | Augusto (título) |
Fillos | Papianilla, Agricola, Ecdício Avito |
Pai | Agricola |
Irmáns | Q12279910 |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarDende moi novo toma parte na administración e ten unha carreira civil e militar moi axeitada, xa que axiña chega a ser embaixador do emperador Constancio na corte visigoda de Tolosa, e no senso militar tomou parte en varias misións baixo o mando de Aecio, acadando no ano 439 o rango de Praetorian Prefectus na Galia.
Poucas veces ocorrera que nunha mesma persoa se xuntasen os dous cargos máis importantes. Tal foi así, que lle permitiu negociar cos visigodos as súas contribucións na loita contra os hunos, e no curto espazo de tempo que estivo Petronio Máximo como emperador, negociou o status como federados dos visigodos.
En canto a morte de emperador Máximo chega a Tolosa, e tralo posterior saqueo de Roma por parte de vándalos, Teodorico, rei dos visigodos, urxe a Avito para que tome a púrpura e se converta en emperador. No 455 celébrase a cerimonia en Tolosa, e despois se desprazan a Arles, onde o Consello das Sete Provincias acepta o nomeamento e volta a se celebrar a súa cerimonia de confirmación. Era o 9 ou 10 de xullo do 455.
Avito atopábase agora cunha serie de problemas para ser aceptado. O primeiro deles era o recoñecemento e aceptación por parte de Marciano, o lexítimo emperador de Oriente. Por parte dos senadores romanos, non estaban dispostos a recoñecer un emperador "estranxeiro" e que viña apoiado nos visigodos. Para atraer ao Senado romano contaba na propia Roma co apoio do seu xenro, Sidonio Apolinar, outro aristócrata das Galias que destacou o papel militar e romano de Avito.[1] Finalmente, os vándalos non eran un problema menor, xa que estaban fortes despois do saqueo de Roma.
Envía embaixadas a Oriente para o seu recoñecemento, pero Marciano pospón a súa decisión. Ao respecto dos vándalos, envía embaixadas a Xenserico, co fin de confirmar o tratado de paz feito no 442 co Imperio, e debido a que estaba fóra do tempo de navegación, Xenserico acéptao nun primeiro momento. Así mesmo, co rei dos visigodos Teodorico II asina un novo tratado de amizade e submisión, e que evita que os suevos na Hispania sexan un perigo, xa que aínda que invaden a Tarraconense, son os visigodos os que arranxan o problema, e que rematou en outubro do 456 na batalla do río Órbigo, cando os visigodos vencen definitivamente os suevos. Mentres tanto, Xenserico xa se atopaba en condicións de atacar e envía 60 barcos a Córsega e Sicilia para unha invasión, pero son destruídos por Ricimer, comandante en xefe das tropas en Italia e aliado do rei visigodo.
Avito atopábase en Roma, onde as súas tropas xa fixeran actos violentos na cidade para cobrar, xa que o tesouro imperial estaba baleiro. Pero as tropas de Maioriano e Ricimer volvían e atópanse coa saída de Avito de Roma, escapando quizais das revoltas dos cidadáns romanos envexados pola actitude da garda persoal do emperador. Neste encontro, ao parecer pídeselle a súa abdicación, pero a súa negativa cústalle a súa vida e máis o seu reino. Pero hai outra versión na historia, xa que din que, obrigado por Ricimer, aceptou a súa abdicación e foi nomeado bispo[2] de Piazenza. Se facemos caso á primeira versión, Avito finou en outubro de 456, mentres a segunda versión pon a súa morte a finais do 457.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Petronio Máximo |
Avito | Precede a: Maioriano |
Imperio Romano de Occidente |
Notas
editar- ↑ Castellanos, Santiago (2013). En el final de Roma (ca. 455-480): La solución intelectual. Madrid: Marcial Pons, Ediciones de Historia. ISBN 9788492820870.
- ↑ Meier, p. 122
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avito |
Bibliografía
editar- Meier, Franz G. (1986). Las transformaciones del mundo mediterráneo. Siglos III/VIII (en castelán) (11ª ed.). Madrid: Siglo XXI Editores. ISBN 968-23-0887-9.