Bernard Herrmann
compositor estadounidense
Bernard Herrmann, nado en Nova York o 29 de xuño de 1911 e finado en Hollywood o 24 de decembro de 1975, foi un compositor estadounidense de música para cinema. O seu debut fíxoo grazas a Orson Welles con Cidadán Kane e a súa colaboración máis coñecida e continua foi con Alfred Hitchcock. Estivo nomeado ao Oscar en 5 ocasións.