Bertrand Tavernier

director, escritor, actor, e produtor francés


Bertrand Tavernier, nado en Lión o 25 de abril de 1941 e finado o 25 de marzo de 2021 en Sainte-Maxime (Var), foi un director, escritor, actor, e produtor francés.

Modelo:BiografíaBertrand Tavernier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Bertrand René Maurice Tavernier Editar o valor en Wikidata
25 de abril de 1941 Editar o valor en Wikidata
Sexto Distrito de Lión, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte25 de marzo de 2021 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Sainte-Maxime, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepancreatite (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ110358187 Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLión Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Henri-IV Editar o valor en Wikidata
Altura1,8 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, guión cinematográfico e Produción de cinema Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, actor, actor de cinema, actor de televisión, escritor, guionista, produtor de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorCahiers du cinéma Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeColo Tavernier (1965–1980) Editar o valor en Wikidata
FillosNils Tavernier, Tiffany Tavernier Editar o valor en Wikidata
PaiRené Tavernier Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Q112960312 Traducir, (p.128-131) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0851724 Allocine: 1110 Rottentomatoes: celebrity/bertrand_tavernier Allmovie: an7551 TCM: 189375%7C0 Metacritic: person/bertrand-tavernier
BNE: XX832223 Musicbrainz: ffe44b7f-19ce-488a-be1a-49f2f5f444a9 Discogs: 1121836 WikiTree: Tavernier-94 Find a Grave: 227270294 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Tavernier naceu en Lión, fillo de Geneviève (de solteira Dumond) e René Tavernier, publicista e escritora, presidente varios anos do PEN Club francés.[1] Dixo que a publicación polo seu pai dun xornal de resitencia en tempos de guerra e a axuda a intelectuais antinazis formou a súa opinión moral como artista. Segundo Tavernier, o seu pai cría que as palabras eran "tan importante e letal como as balas".[2] Tavernier quería converterse en cineasta dende os 13 ou 14 anos. As súas influencias cinematográficas inclúen John Ford, William Wellman, Jean Renoir, Jean Vigo e Jacques Becker.[3] Tavernier viuse influído pola folga xeral de Francia de 1968.[2] Asociouse coa Organización Comunista Internacional entre 1973 e 1975, e foi golpeado en particular pola literatura de Lev Trotski.[2] O primeiro director co que traballou foi Jean-Pierre Melville. Posteriormente, o seu primeiro filme (O reloxeiro de Saint Paul, 1974) gañou o Prix Louis Delluc e o Oso de Prata no 24.º Festival de Cinema de Berlín.[3]

Os seus primeiros traballos estiveron dominados polos misterios, mais as súas boras posteriores caracterízanse por un comentario social máis aberto, centrándose nas súas visións de esquerdas (A vida e máis nada, Capitaine Conan) e presentando unha crítica da sociedade francesa contemporánea (Ça commence aujourd'hui, Histoires de vies brisées : les double-peine de Lyon).

Gañou o premio da BAFTA ao mellor filme en lingua non inglesa en 1990 por A vida e máis nada e un total de cinco premios César.[4]

En 1995, o seu filme L'Appât gañou o Oso de Ouro no 45.º Festival Internacional de Cinema de Berlín.[5] Catro anos despois, Ça commence aujourd'hui gañou unha mención de honra no 49.º Festival Internacional de Cinema de Berlín.[6]

O seu filme The Princess of Montpensier competiu pola Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2010.[7]

Tavernier estivo casado coa guionista Claudine (Colo) O'Hagen entre 1965 e 1980. Tiveron dous fillos. O seu fillo, Nils Tavernier (nado o 1 de setembro de 1965), foi director e actor. A súa filla, Tiffany Tavernier (nada en 1967), é novelista, guionista e axudante de dirección.

Tavernier foi honrado co premio de honra no 42.º Festival Internacional de Cinema da India en Goa polas súas destacadas achegas á industria cinematográfica.[8]

Filmografía

editar

Cinema

editar

Televisión

editar
  1. "Filmreference.com". 10 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Bertrand Tavernier speaks with the WSWS". World Socialist Web Site. Consultado o 17 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Berlinale 1974: Prize Winners". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 3 de xullo de 2010. 
  4. "Berlinale: 1995 Prize Winners". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2011. 
  5. "Berlinale: 1999 Prize Winners". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 
  6. "Hollywood Reporter: Cannes Lineup". Hollywood Reporter. Consultado o 16 de abril de 2010. 
  7. "Cinema reaches newer heights, says Tavernier". The Hindu (en inglés). Special Correspondent. 2011-11-24. ISSN 0971-751X. Consultado o 2019-03-03. 

Véxase tamén

editar