Cacicado
O termo cacicado[1] aplícase, en antropoloxía social, a unha das fases da evolución organizativa das sociedades tribais, concretamente ao máis avanzado deles, "que anuncia a forma estatal nas súas complexidades".[2] É unha forma de organización moi típica dos clans de Polinesia e Micronesia, aínda que tamén se encontrou frecuentemente en Asia Central, entre os bantús en África, no Caribe e, en xeral, en toda América.
Organización xeral
editarA organización política do "cacicado" abrangue un ámbito rexional, a cuxa fronte se sitúan xefes militares e poderosas nobrezas primitivas, con economías diversificadas e de elevada produtividade. Trátase, polo tanto, dun modelo ben diferenciado da tradicional "tribo segmentaria", que se caracterizaba por estar escasamente dotada economicamente falando e politicamente fragmentada, con caudillos locais, de alcance limitado e sen privilexios.[3] O "cacicado", en troques, responde a varios elementos estruturais e organizativos, conforme á descrición de Marshall Sahlins:
- Suprime distincións segmentarias entre tribos, mediante a creación dunha xerarquía administrativa, a cuxa cabeza se atopa un cacique (ou figura semellante).
- É unha sociedade pechada, non permeable.
- A comunidade local convértese nunha subdivisión política do conxunto rexional.
- Ten estrutura social estratificada, mais non é unha sociedade de clases.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cacicado.
- ↑ Sahlins, Marshall D. (1972): Las sociedades tribales, Ed. Labor, 1ª edic. Barcelona. Dep.Leg. B-5073-1972, p. 38 (existe unha edición máis reciente, de 1984, con ISBN 84-335-5733-5)
- ↑ Sahlins: op.cit., p.40