Califato omeia
O califato omeia foi o segundo dos catro grandes califatos establecidos trala morte de Mahoma. O califato foi gobernado pola dinastía Omeia (en árabe: ٱلْأُمَوِيُّون, al-ʾUmawīyūn, ou بَنُو أُمَيَّة, Banū ʾUmayyah, "fillos de Umayyah"). O terceiro califa do califato Rashidun, Uthman ibn Affan (r. 644–656), foi tamén membro do clan omeia. A familia estableceu un goberno dinástico e hereditario con Muawiya ibn Abi Sufyan, gobernador de al-Sham (Gran Siria), que se converteu no sexto califa ao final da primeira guerra civil musulmá en 661. Trala morte de Mu'awiyah en 680, os conflitos pola sucesión acabaron na segunda guerra civil[1] e o poder finalmente caeu nas mans de Marwan I doutra rama do clan. A rexión de Siria permaneceu baixo o poder dos omeias, con Damasco como a súa capital.
الدَّوْلَةُ الأُمَوِيَّةُ (ar) | ||||
Epónimo | Dinastía Omeia | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Capital | Damasco (661–744) Harran (744–750) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 70.000.000 (6,31 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua árabe | |||
Relixión | Islam | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 11.100.000 km² | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Fundador | Muawiyah I | |||
Creación | 661 | |||
Disolución | xullo de 750 | |||
Sucedido por | Abbásida e Emirato de Córdoba | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||
Moeda | Umayyad dinar (currency unit) (en) | |||
Os Omeias continuaron as conquistas musulmás, incorporando Transoxiana, Sindh, o Magreb e a Península Ibérica (Al-Andalus) ao mundo musulmán. Na súa máxima extensión, o califato omeia cubría 11 100 000 km2,[2] converténdoo nun dos máis grandes imperios do mundo por superficie. A dinastía finalmente foi derrocada por unha rebelión liderada polos abbásidas en 750. Os superviventes da dinastía establecéronse en Córdoba que, en forma de emirato e despois califato, se converteu nun centro mundial[3][4] da ciencia, da medicina, da filosofía e dos inventos, guiando o período da Idade de Ouro do islam.
O califato omeia gobernou sobre unha poboación multiétnica e multicultural. Os cristiáns, que constituían a poboación maioritaria do califato, e os xudeus podían practicar as súas propias relixións, aínda que tiña que pagar un imposto (jizya) do que estaban exentos os musulmáns.[5] Porén, existía tamén o imposto zakat só para os musulmáns, que estaba destinado explicitamente a programas para o benestar.[5][6] Os cristiáns tiñan postos relevantes, algúns deles pertencentes a familias que serviran nos gobernos bizantinos. O emprego de cristiáns era parte dunha política máis ampla de acordo relixioso que era precisa pola gran presenza de poboacións cristiás nas provincias conquistadas, como en Siria. Esta política tamén estimulou a popularidade de Muawiya e consolidou Siria como a base do seu poder.[7][8]
A era omeia adoita ser considerada o período de formación da arte islámica.[9]
Califas
editarCaliph | Reign |
---|---|
Caliphs of Damascus | |
Muawiya I ibn Abu Sufyan | 28 de xullo de 661 – 27 de abril de 680 |
Yazid I ibn Muawiyah | 27 de abril de 680 – 11 de novembro de 683 |
Muawiya II ibn Yazid | 11 de novembro de 683 – xuño de 684 |
Marwan I ibn al-Hakam | Xuño de 684 – 12 de abril de 685 |
Abd al-Malik ibn Marwan | 12 de abril de 685 – 8 de outubro de 705 |
al-Walid I ibn Abd al-Malik | 8 de outubro de 705 – 23 de febreiro de 715 |
Sulayman ibn Abd al-Malik | 23 de febreiro de 715 – 22 de setembro de 717 |
Umar ibn Abd al-Aziz | 22 de setembro de 717 – 4 de febreiro de 720 |
Yazid II ibn Abd al-Malik | 4 de febreiro de 720 – 26 de xaneiro de 724 |
Hisham ibn Abd al-Malik | 26 de xaneiro de 724 – 6 de febreiro de 743 |
al-Walid II ibn Yazid | 6 de febreiro de 743 – 17 de abril de 744 |
Yazid III ibn al-Walid | 17 de abril de 744 – 4 de outubro de 744 |
Ibrahim ibn al-Walid | 4 de outubro de 744 – 4 de decembro de 744 |
Marwan II ibn Muhammad (gobernou dende Harran en Jazira) | 4 de decembro de 744 – 25 de xaneiro de 750 |
Notas
editar- ↑ Bukhari, Sahih. "Sahih Bukhari: Read, Study, Search Online".
- ↑ Taagepera, Rein (setembro de 1997). "Expansion and Contraction Patterns of Large Polities: Context for Russia". International Studies Quarterly 41 (3): 496. JSTOR 2600793. doi:10.1111/0020-8833.00053.
- ↑ Barton, Simon (30 de xuño de 2009). A History of Spain. Macmillan International Higher Education. pp. 44–5. ISBN 978-1-137-01347-7.[Ligazón morta]
- ↑ Venable, Francis Preston (1894). A Short History of Chemistry. Heath. p. 21.
- ↑ 5,0 5,1 H.U. Rahman, A Chronology Of Islamic History 570–1000 CE (1999), p. 128.
- ↑ "Islamic Economics". www.hetwebsite.net.
- ↑ Cavendish, Marshall (1 de setembro de 2006). World and Its Peoples. Marshall Cavendish. ISBN 9780761475712 – vía Google Books.
- ↑ Haag, Michael (1 de novmebro de 2012). The Tragedy of the Templars: The Rise and Fall of the Crusader States. Profile Books. ISBN 9781847658548 – vía Google Books.
- ↑ [1] The Art of the Umayyad
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Califato omeia |
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Bibliografía
editar- Crone, Patricia (1994). "Were the Qays and Yemen of the Umayyad Period Political Parties?". Der Islam (Walter de Gruyter and Co.) 71 (1): 1–57. ISSN 0021-1818. doi:10.1515/islm.1994.71.1.1.
- Donner, Fred M. (1981). The Early Islamic Conquests. Princeton: Princeton University Press. ISBN 9781400847877.
- Duri, Abd al-Aziz (2011). Early Islamic Institutions: Administration and Taxation from the Caliphate to the Umayyads and ʿAbbāsids. Traducido por Razia Ali. Londres e Beirut: I. B. Tauris and Centre for Arab Unity Studies. ISBN 978-1-84885-060-6.
- Dixon, 'Abd al-Ameer (August 1969). The Umayyad Caliphate, 65–86/684–705: (A Political Study) (Tese). Londres: University of London, SOAS.
- Kaegi, Walter E. (1992). Byzantium and the Early Islamic Conquests. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-41172-6.
- Kennedy, Hugh (2007). The Great Arab Conquests: How the Spread of Islam Changed the World We Live In. Philadelphia: Da Capo Press. ISBN 978-0-306-81585-0.
- Lilie, Ralph-Johannes (1976). Die byzantinische Reaktion auf die Ausbreitung der Araber. Studien zur Strukturwandlung des byzantinischen Staates im 7. und 8. Jhd. (en alemán). Munich: Institut für Byzantinistik und Neugriechische Philologie der Universität München. OCLC 797598069.
- Madelung, Wilferd (1997). The Succession to Muhammad: A Study of the Early Caliphate. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-56181-7.
- Wellhausen, J. (1927). Weir, Margaret Graham, ed. The Arab Kingdom and its Fall. Calcuta: University of Calcutta. ISBN 9780415209045. OCLC 752790641.