Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo[1], Carlos V de Flandres,[1] Carlos I de Habsburgo[2] ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.
Traxectoria
editarMocidade
editarA súa infancia transcorreu na corte flamenga baixo as ensinanzas de Adriano de Utrecht. No 1515 fíxose cargo dos Países Baixos, e un ano despois, dos reinos da Coroa de Castela. A política matrimonial dos seus avós, os Reis Católicos, a morte do seu pai e a incapacidade da súa nai concedéronlle a herdanza de catro dinastías.
Do seu avó Maximiliano I de Habsburgo recibiu os territorios centroeuropeos de Austria e os dereitos ao Imperio, da súa avoa María de Borgoña herdou os Países Baixos, de Fernando o Católico recibiu o reino de Aragón, contando tamén tódalas posesións no mediterráneo deste reino, e da súa avoa Isabel a Católica, a Coroa de Castela, Canarias, diversas prazas no norte de África e toda a América xa conquistada.
No 1516 obtivo, polo tanto o goberno das coroas de Castela e Aragón, e dous anos despois, en 1519, logrou coroarse emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Foi mal acollido en Castela pola súa xuventude, pero sobre todo por ser estranxeiro (pois recibira unha educación flamenga) e ter conselleiros tamén estranxeiros. Este malestar conduciu ó levantamento Comuneiro (1520-1521), insurrección das principais cidades castelás, que foron derrotadas en Villalar e se someteron ao novo monarca.
Tamén houbo revoltas en Valencia: os alzamentos das Xermanías, que protestaron contra o poder da nobreza e dos mouriscos, e que foron tamén esmagados. Sobredita insurrección durou dende 1521 a 1524.
As guerras de Carlos V
editarO conflito que xa había dende os tempos dos reis Católicos entre franceses e castelán-aragoneses endureceuse ó sentirse este país cercado polas posesións do emperador Carlos. No 1521 Carlos retirou as aspiracións francesas de se faceren con Navarra. O rei de Francia Francisco I ocupou o Milanesado, pero foi derrotado e feito prisioneiro en Pavia por tres soldados do exército español: o vasco Juan de Urbieta, o galego Afonso Pita da Veiga e o granadino Diego Dávila. Prometeu entón retirarse de Milán e entregar Borgoña ó emperador, mais incumpriu as súas promesas e retomou o conflito.
Na paz de Crépy (1544), Francisco I recoñeceu a soberanía do emperador Carlos sobre Artois e Flandres, retirando tamén as súas aspiracións sobre Milán e Nápoles, namentres que Carlos V abandonaba Borgoña.
Nese período loitou tamén contra os turcos, conténdoos en Austria e atacándoos polo Mediterráneo oriental. No norte de África conquistou Tunes (1535), pero fracasou na toma de Alxer (1541), o que afianzou as posicións berberiscas.
A Reforma protestante
editarA Reforma de Martiño Lutero levou á desaparición da unidade relixiosa de Europa occidental e central, o que fixo perder poder a Carlos V ó ser dividido o Sacro Imperio entre católicos e reformados.
Carlos V tentou reunir a representantes da Reforma e da Igrexa católica, mais o papa, que temía que Carlos V se volvese demasiado poderoso se atinxía centralizar de novo o Imperio Alemán, impediuno ó se mostrar indiferente.
Entón, Carlos V decidiu actuar militarmente. Algúns príncipes alemáns reformados formaron a Liga de Esmalcalda para loitaren contra o poder imperial, pero foron derrotados en Mulberg (1547) polo propio monarca. Non obstante, Carlos V non logrou con esta vitoria a unidade política nin relixiosa no Sacro Imperio.
Abdicación
editarConsciente do seu fracaso ó non lograr impedir a división relixiosa de Europa, o monarca decidiu abdicar. Concedeu ó seu fillo Filipe, o cal se nomeou Filipe II, os Países Baixos (1555) e Castela (1556) aínda que conservou o título imperial ata setembro de 1556.
O emperador Carlos retirouse ó mosteiro de Yuste en 1556, onde morreu dous anos despois.
Descendencia
editarDesde 1504 estaba comprometido coa filla de Lois XII de Francia, Claudia de Francia, que máis tarde terminaría casada con Francisco I de Valois. No entanto casou con súa prima a Infanta Sabela de Portugal (1503-1539), filla de Manuel I, naceron sete fillos:
- Filipe de Habsburgo (21 de maio de 1527-1598)
- María de Habsburgo ou María de Hungría. Naceu en Madrid en xuño de 1528 e morreu en febreiro de 1603. Foi emperatriz do Sacro Imperio Romano e Raíña da Bohemia, de Hungría e de Croacia pois casou o 13 de setembro de 1548 con Maximiliano II de Habsburgo (1527-1576), seu primo, fillo de seu tío Fernando I e de Ana Jagiellon da Bohemia e Hungría.
- Sabela de Habsburgo (nada e morta en 1529)
- Fernando, nacido e morto en 1530.
- Xoana de Habsburgo (nada en Madrid en xuño de 1537 e morta en setembro de 1573) casada o 11 de xaneiro de 1552 en Toro co infante Xoán de Portugal, cuarto fillo de Xoán III e de Catarina da Austria, pais do rei Sebastián o desexado.
- Xoán, nacido e morto en 1538
- Fernando, nacido e morto en 1539.
Ademais destes, tivo sete fillos ilexítimos:
- Xoán de Austria, fillo bastardo. Bautizado Xerónimo, naceu en Ratisbona, en 24 de febreiro de 1547 e morreu de peste ou tifo en Bourges, na veciñanza de Namur, Flandres, o 1 de outubro de 1578.
- Tivo unha filla bastarda, Sabela, nada o 20 de agosto de 1518 e morta despois de 1538. Foi nacida de súa madrasta Xermana de Foix, viúva de seu avó Fernando II de Aragón. Educada polo Inquisidor Josep Corretger, en Perpiñán, morreu pouco despois da nai e segundo o confesor de ambas, foi envelenada por orde de Carlos V.
- Dunha muller flamenga de Oudenaarde, chamada Margarida ou Xoana (von Gante, van der Gheyst, van den Gheynst?), filla dun honrado e talvez afamado tapiceiro, tivo unha filla bastarda: Margarida de Parma.
- Dunha dama de aristocracia media, pertencente aos círculos do Conde de Nassau, naceu súa filla bastarda Xoana de Austria (1522-1524) trasladada coa nai para o convento das agostiñas de Madrigal de las Altas Torres, cuxa abadesa era María de Aragón, bastarda de Fernando II de Aragón. Algúns autores dana por morta aos nove anos.
- Tivo unha filla bastarda de Ursolina della Pena, de Perugia, a bela Pennina Perusina que se pensaba en Bruxelas co marido: chamouse Tadea e naceu en 1522. O emperador viuna en Roma, en 1536, ao retornar da campaña en Tunes. A nai morreu, talvez envelenada, e Tadea tivo que convivir con irmáns violentos. Casou sen consultar o pai, e escribiulle en 1562 solicitando recoñecemento. Pasou o resto da vida no retiro dun convento.
- Solteiro aínda, dunha dama cuxo nome permaneceu no anonimato, nacéralle unha filla, Xoana, morta aos oito anos, que viviu sempre reclusa no convento das Angustias en Madrid.
- De Diana de Talanga, señora de Sorrento: naceulle outra filla bastarda tamén chamada Xoana de Austria, que morrería en 1650, casada co Príncipe de Butera.
Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico Nacemento: 24 de febreiro de 1500 Falecemento: 21 de setembro de 1558
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Filipe I o fermoso
|
Duque de Brabante, Duque de Limburgo, Duque de Lothier e Duque de Luxemburgo, Conde de Artois, Conde de Borgoña, Conde de Flandres, Conde de Hainaut, Conde de Holandd, Conde de Namur e Conde de Zeeland Despois de 1549 Gobernador das Dezasete Provincias dos Países Baixos dos Habsburgo Conde Palatino de Borgoña 1506–1555 |
Sucedido por Filipe II de España |
Precedido por Fernando II de Aragón
|
Rei de Nápoles 1516–1554 xunto con Xoana I de Castela (1516–1554) | |
Rei de Aragón, Mallorca, Valencia e Sicilia; Conde de Barcelona 1516–1556 xunto con Xoana I de Castela (1516–1555) | ||
Precedido por Xoana I de Castela
|
Rei de Castela, Toledo, Galiza, León, Murcia, Xaén, Sevilla, Granada, Xibraltar, Córdoba e Navarra 1516–1556 xunto con Xoana I de Castela (1516–1555) | |
Precedido por Guillerme, Duque de Jülich-Cleves-Berg
|
Duque de Guelders, Conde de Zutphen 1543–1555 | |
Precedido por Maximiliano I,emperador do Sacro Imperio Xermánico
|
Arquiduque de Austria Duque de Estiria, Duque de Carintia e Carniola Conde do Tirol 1519–1521 |
Sucedido por Fernando I, emperador do Sacro Imperio Xermánico |
Rei dos Xermanos (formalmente Rei de romanos) 1519–1530 | ||
Rei de Italia]] 1530–1558 | ||
Emperador do Sacro Imperio Xermánico 1530–1558 (Emperor-elect 1520–1530) | ||
Outros títulos Nobiliarios | ||
Precedido por Infanta Xoana
|
Príncipe de Asturias 1504–1516 |
Sucedido por Filipe II de España |
Títulos que reclamou
| ||
Precedido por Filipe IV |
— TITULAR — Duque de Borgoña 1506–1555 |
Sucedido por Filipe V |
Producións audiovisuais nas que aparece a súa personaxe
editarFilmes
editarAno | Filme | Director | Actor |
---|---|---|---|
1948 | Locura de amor | Juan de Orduña | Jorge Mistral |
1953 | Jeromín | Luis Lucia Mingarro | Jesús Tordesillas |
2001 | Juana la Loca | Vicente Aranda | |
2003 | Lutero | Eric Till | Torben Liebrecht |
Series de televisión
editarAno | Serie | Director | Actor |
---|---|---|---|
2007 | Los Tudor | James Flynn | Sebastián Armesto |
2015-2016 | Carlos, Rey Emperador | Oriol Ferrer | Álvaro Cervantes[3] |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Valembois Verbiest, Víctor (2002). "Carlos V de Flandes y su peculiar vivencia de los idiomas (Lecciones del siglo XVI, a la hora de otra mundialización idiomática)" (PDF). Revista Estudios (en castelán) (Universidade de Costa Rica) (16): 25. ISSN 1659-1925.
- ↑ VVAA (2010). Cronología de los reyes españoles (en castelán). Linkgua. p. 16. ISBN 978-84-9816-763-4.
- ↑ http://lab.rtve.es/carlos-v/serie
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Eiras Roel, Antonio (coord.) (2000). El Reino de Galicia en la época del Emperador Carlos V (en castelán). Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2926-X.