Carnoedo, Sada

parroquia civil do concello de Sada

Santo André de Carnoedo[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.005 habitantes (513 mulleres e 492 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 926 habitantes.

Carnoedo
Igrexa de Santo André de Carnoedo.
ConcelloSada[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°22′25″N 8°16′09″O / 43.3735, -8.2691
Poboación1.005 hab. (2019)
Entidades de poboación26[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

O seu territorio ten, cando menos, tres poboados castrexos:

  • San Amede: un castro de pequenas dimensións emprazado nunha punta rochosa sobre o mar.
  • Taibó: de tamaño mediano e forma circular, está bastante ben conservado.
  • Espiñeiro ou Pazos: practicamente desaparecido pola acción urbanizadora dos últimos anos.

Ningún foi escavado, se ben foron catalogados por E. Monteagudo.

A igrexa parroquial de Santo André foi construída no 1878 e sufragada polo párroco Baltasar Canle Souto, coma reza unha inscrición. Tamén destaca un cruceiro do s. XVIII, así coma algunha mostra significativa da arquitectura popular.

Con todo, o seu patrimonio máis importante é o natural, especialmente a súa costa rochosa, na que se suceden as praias de Arnela, As Fontiñas, Os Lobos, Armenteiro, Pedralba, Lourido e Amoreiras e outros accidentes xeográficos como a Illa da Paz ou a punta de San Amede.

Historia

editar

O topónimo da parroquia é de orixe prerromana. Nas linguas gaélicas, a palabra Carn aplícase principalmente a sitios megalíticos ou a amilladoiros de pedras. O topónimo Carnoedo faría polo tanto probable referencia a un dolmen, mámoa, ou morea de pedras con significación relixiosa conservadas antigamente na parroquia.

Tradicionalmente, os seus habitantes combinaban coma profesión a pesca coa agricultura, coma se pode apreciar no Catastro de Ensenada.

Coma parroquia, Carnoedo adheriuse ás do seu contorno para formar o concello de Sada no ano 1812. Durante as primeiras décadas do s. XX destacaría pola actividade asociativa, co Sindicato de Oficios Varios y Campesinos de Carnoedo, ligado á CNT, ou a Asociación Agrario Republicana de Carnoedo.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Carnoedo

editar
Lugares da parroquia de Carnoedo no concello de Sada (A Coruña)

Agra | As Brañas | Campo da Cruz | Campo das Mantas | O Carballo | A Carreira | O Chan da Aldea | Espiñeiro | Fonte Grande | A Fonte Nova | Fonterrota | O Foxo | Gaiba | A Lamela | A Pedreira | A Pega | A Pereira | Os Pereiros | Ríos | Salto | Seixo | Sobre da Vila | Souto | Taibó | As Torres | A Xesteira

Parroquias de Sada

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sada

Carnoedo (Santo André) | Meirás (San Martiño) | Mondego (San Xián) | Mosteirón (San Nicolao) | Osedo (San Xián) | Sada (Santa María) | Soñeiro (San Xián) | Veigue (Santa Comba)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar