Caroline Records
Caroline Records é un selo discográfico que comezou como unha subsidia de Virgin Records durante principios e mediados dos anos 70. O selo orixinalmente especializouse en poñer a prezo accesible discos de artistas principalmente de rock progresivo e jazz, que consideraban que non tiñan un gran tirón no mainstream ou atractivo comercial, pero que a miúdo tiñan un grande interese pola súa creatividade.
Caroline Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1973 |
Fundador(es) | Richard Branson |
Organización matriz | Universal Music Group e Virgin Music |
Sede | Londres |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.caroline.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa primeira edición foi Outside the Dream Syndicate de Toni Conrad e Faust en 1973. O seu logotipo orixinal foi unha variación do dos "xemelgos" de Virgin deseñado por Roger Dean.
Tanto a súa rama británica como a estadounidense son subsidiarias de Caroline Music, que inclúe a Caroline Distribution e á súa vez pertence a EMI. Caroline ten ou tivo un feixe de selos subsidiarios como Astralwerks, Gyroscope, Caroline Blue Plate, Rocks the World, Scamp e Passenger.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do selo (en inglés)