Catedral da Habana
A Catedral da Habana é un templo católico da capital cubana, adicado á Inmaculada Concepción, que foi construído entre os anos 1748 e 1832 en estilo barroco, no corazón da zona vella da cidade. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1982.
Está composta por tres naves, con oito capelas laterais. O chan é de mármore branco e negro.
As cinzas de Cristovo Colón repousaron no seu interior dende o ano 1795 até que foron levadas a Sevilla en 1898.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral da Habana |