Charles Lucien Bonaparte
Charles Lucien Jules Laurent Bonaparte, coñecido como Charles Lucien Bonaparte, nado en París o 24 de maio de 1803 e finado o 29 de abril de 1857 na mesma cidades, foi un naturalista, político e ornitólogo francés.
Fillo de Lucien Bonaparte e, por tanto, sobriño do emperador Napoleón I, foi príncipe do Imperio en 1815, despois da reconciliación de Lucien e o seu irmán Napoleón, herdou os títulos pontificios de seu pai á morte deste, e foi así o segundo príncipe romano de Canino, de Musignano e Bonaparte en 1840, e príncipe Bonaparte en virtude do estatuto da familia imperial adoptado por Napoleón III.
Traxectoria
editarBonaparte medrou en Italia e, despois do seu matrimonio coa súa prima Zenaida (Zenaïde Charlotte Julie Bonaparte) o 29 de xuño de 1822 en Bruxelas, viaxou aos Estados Unidos.
Antes de deixar Italia descubrira unha nova especie de folsa, a folosa real (Acrocephalus melanopogon) e, na viaxe a América recolleu espécimes dunha nova especie de paíño, o paíño de Wilson (Oceanites oceanicus). Á súa chegada aos Estados Unidos presentou un artigo sobre a nova especie, que foi bautizada na honra de Alexander Wilson. O xénero de pombas Zenaida foi descrito por el e dedicado á súa esposa.
Bonaparte, daquela, dedicouse a actualizar a obra de Wilson American Ornithology. A versión revisada foi publicada entre 1825 e 1833.
En 1824 Bonaparte intentou que o entón descoñecido John James Audubon fose aceptado pola Academia de Ciencias Naturais, pero non o foi pola oposición do ornitólogo George Ord. A finais de 1826 Bonaparte e a súa familia regresaron a Europa. Viaxou a Alemaña, onde coñeceu a Philipp Jakob Cretzschmar, e a Inglaterra, onde coñeceu a John Edward Gray, no Museo Británico, e renovou a súa amizade con Audubon.
En 1828 instalouse en Roma coa súa familia. Entre 1832 e 1841 Bonaparte publicou a súa obra sobre os animais de Italia, Iconografia della Fauna Italica. Exiliouse en 1849 a causa da súa implicación nun movemento pronacionalista, e morreu en París.
Tivo oito fillos:
- Joseph Bonaparte (1824-1865)
- Lucien Napoleón Bonaparte (1828-1895), cardeal
- Julie Bonaparte (1830-1900)
- Carlota Bonaparte (1832-1901)
- Marie Bonaparte (1835-1890)
- Auguste Bonaparte (1836-1900)
- Napoléon Carlos Bonaparte (1839-1899)
- Mathilde Bonaparte (1840-1861)
Traballos
editar- Collected pamphlets. 1824-26
- Additions to the ornithology of the United States. Filadelfia 1825
- American ornithology or The natural history of birds inhabiting the United States. Mitchell, Filadelfia 1825-33
- Description of a new species of South American Fringilla. Filadelfia 1825
- Descriptions of ten species of South American birds. Filadelfia 1825.
- Observations on the nomenclature of Wilson's ornithology. Finley, Filadelfia 1826.
- Sulla seconda edizione del Regno animale del Barone Cuvier. Marsigli, Boloña 1830.
- Cenni sopra le variazioni a cui vanno soggette la farfalle del gruppo Melitaea. 1831.
- Di una nuova specie d'uccello dell'Isola di Cuba. Florencia 1831.
- Iconografia della Fauna Italica per le quattro Classi degli Animali Vertebrati. Salvineci & Filippo, Roma 1832-41.
- Saggio d'una distribuzione metodica degli animali vertebrati a sangue freddo. Boulzaler, Roma 1832.
- Notices and descriptions of new or interesting birds from Mexico and South America. Londres 1837.
- A geographical and comparative list of the birds of Europe and North America. van Voorst, Londres 1838.
- Amphibia europea ad systema nostrum vertebratorum ordinata. Turín 1840.
- A new systematic arrangement of vertebrated animals. Taylor, Londres 1841.
- Catalogo metodico degli uccelli europei. Boloña 1842.
- Osservazioni sullo stato della zoologia in Europa in quanto di vertebrati nell'anno 1840-1841. Florencia 1842.
- Genus novum fringillinarum, bustamantia capilaurea. Boloña 1844.
- Catalogo metodico dei mammiferi europei. Mailand 1845.
- Observations on the state of zoology in Europe, as regards the Vertebrata. Londres 1845.
- Parere del presidente della sezione sig. principe Carlo Bonaparte e della commissione da lui nominata per lo esame dell'anzidetta memoria del prof. de Nanzio. Nápoles 1845.
- Catalogo metodico dei pesci Europei. Fibreno, Nápoles 1846.
- Conspectus generum avium. Brill, Leiden 1850-57
- Monographie des loxiens. Arnz, Leiden 1850
- Notes ornithologiques sur les collections rapportées en 1853 par M. A. Delattre. Mallet-Bachelier, París 1854
- American Ornithology, or, The Natural History of Birds Inhabiting the United States... Catro vols. publicados inicialmente en Filadelfia entre 1825 e 1833
Abreviatura
editarA abreviatura Bonaparte emprégase para indicar a este naturalista como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Charles Lucien Bonaparte |
Bibliografía
editar- Beolens, Bo e Michael Watkins (2003): Whose Bird? Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven/Londres: Yale University Press. ISBN 0-300-10359-X
- Brodhead, Michael J. (1978): "The Works of Charles Lucien Bonaparte in America", in Proceedings of the American Philosophical Society. ISSN 0003-049X
- Tyson Stroud, Patericia (2000): The Emperor of Nature: Charles-Lucien Bonaparte and His World, Filadelfia: University of Pennsylvania Press (Philadelphie). ISBN 0-8122-3546-0
Ligazóns externas
editar- American ornithology, or, The natural history of birds inhabiting the United States, not given by Wilson: with figures drawn, engraved, and coloured, from nature (en inglés) Consultada o 25/08/2012.
- Charles-Lucien Bonaparte. Biografía na Enciclopadia Británica. (en inglés) Consultada o 25/08/2012.