Charles Oman
Charles William Chadwick Oman,[1] máis coñecido como Charles Oman, nado en Muzaffarpur, na India Británica, o 12 de xaneiro de 1860 e finado en Oxford, Inglaterra, o 23 de xuño de 1946, foi un historiador militar, numismático e político británico, especializado na reconstrución de batallas medievais e da época napoleónica.[2]
Traxectoria
editarOman naceu o 12 de xaneiro de 1860 no distrito de Muzaffarpur, na India Británica, fillo dun predicador británico, aínda que xa de neno se educou no Winchester College, en Winchester, Hampshire, Inglaterra, e posteriormente cursou os seus estudos superiores na Universidade de Oxford, onde se formou co historiador e bispo anglicano William Stubbs. En Oxford foi convidado a participar como fundador na Stubbs Society, para a defensa dos asuntos exteriores.
En 1881 acadou unha bolsa de estudos no All Souls College, de Oxford, ao que se mantivo vinculado o resto da súa carreira académica.
En 1905 foi nomeado profesor de Historia Moderna na Universidade de Oxford e ese mesmo ano foi elixido membro da Academia Británica.
A súa carreira académica viuse interrompida por mor da primeira guerra mundial, cando serviu como empregado da Oficina de Prensa do Goberno e no Ministerio de Asuntos Exteriores. Recuperada a actividade docente, entre as materias impartidas por Oman en Oxford estivo a de Historia Militar, xunto a C. T. Atkinson, do Exeter College, centrada na Guerra da Independencia española.
Paralelamente á vida académica, Charles Oman foi membro do Parlamento Británico pertencente ao Partido Conservador, entre 1919 e 1935, pola circunscrición da Universidade de Oxford.
Como coleccionista, Oman conformou unha colección de moeda de prata da Antiga Grecia, así como de moeda romana e de moeda inglesa. A colección de moeda grega acabou finalmente no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e no Museo Ashmolean, logo da súa venda a estas institucións en 1947 por parte dos seus herdeiros.[3][4][5]
Entre outras entidades académicas e asociativas, Oman foi o presidente da Royal Historical Society (1917-1921), da Royal Numismatic Society (1919-1930)[6] e do Royal Archaeological Institute.
Vida familiar
editarDous dos fillos de Oman foron tamén escritores; a súa filla Carolina escribiu sobre historia, biografías e ficción para nenos e adultos, e o seu fillo Charles C. escribiu varios volumes acerca das dos xogos de cubertos británicos e outros artigos do fogar, e traballou como conservador de metalurxia no Victoria and Albert Museum.[7]
Oman faleceu o 26 de xuño de 1946 aos 86 anos.[3]
Recoñecementos
editarEntre outras honras, Oman foi nomeado comendador da Orde do Imperio Británico,[8] membro de honra do New College de Oxford (1936) e doutor honoris causa pola Universidade de Edimburgo (1911), pola de Oxford (1926) e pola de Cambridge (1927).
Premios
editarPublicacións
editarEsta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Charles Oman ao longo da súa traxectoria:[10][11][12]
- (1885). The Art of War in the Middle Ages. Blackwell, Londres.
- (1888). A History of Greece From the Earliest Times to the Death of Alexander the Great. Longmans, Londres.
- (1891). Warwick the Kingmaker. Macmillan, Londres.
- (1892). The Story of the Byzantine Empire. T. Fisher Unwin, Londres.
- (1893). The Dark Ages 476-918. Period I. Rivingtons, Londres.
- (1895). A History of England. E. Arnold, Londres.
- (1898). A History of the Art of War in the Middle Ages, from the fourth to the fourteenth Century. Methuen, Londres.
- (1898). A History of the Art of War in the Middle Ages. Vol. II: A.D. 1278-1485. Methuen, Londres.
- (1898). England and the Hundred Years War, 1327-1485 A.D. Blackie & Son., Londres.
- (1899). Reign of George VI, 1900-1925. A Forecast Written in the Year 1763 (ed.). Rivingtons, Londres.
- (1899). England in the Nineteenth Century. Longmans, Londres.
- (1902). Seven Roman Statesmen of the Later Roman Republic. Longman, Londres.
- (1902-1930). A History of the Peninsular War. Oxford University Press, Oxford.
- (1904). A Junior History of England (con Mary Oman). E. Arnold, Londres.
- (1906). Inaugural lecture on the study of history. Oxford University Press, Oxford.
- (1906). The Great Revolt of 1381. Oxford University Press, Oxford.
- (1906). The History of England from the Accession of Richard II to the Death of Richard III. (1377-1485). Longmans, Londres.
- (1910). A History of England Before the Norman Conquest. Methuen, Londres.
- (1912). Wellington's Army, 1809-1814. E. Arnold, Londres.
- (1919). The Outbreak of the War of 1914-18: A Narrative Based Mainly on British Official Documents. Majesty Stationery Office, Londres.
- (1922). The Unfortunate Colonel Despard and Other Studies. E. Arnold, Londres.
- (1926). Castles. The Great Western Railway, Londres.
- (1929). Studies in the Napoleonic Wars. Methuen, Londres.
- (1931). The Coinage of England. Oxford University Press, Oxford.
- (1933). Things I Have Seen. Methuen, Londres.
- (1937). A History of the Art of War in the Sixteenth Century. Methuen, Londres.
- (1937). The Sixteenth century. Dutton, Nova York.
- (1939). On the Writing of History. Methuen, Londres.
- (1941). Memories of Victorian Oxford and of Some Early Years. Methuen, Londres.
- (1945). The Lyons Mail. Methuen, Londres.
Notas
editar- ↑ Cousin, J. W. (1910).
- ↑ "Oman, Sir Charles (William Chadwick)". En Who's Who. Oxford University Press.
- ↑ 3,0 3,1 E. S. G. R. (1945).
- ↑ "Sir Charles William Chadwick Oman". The British Museum.
- ↑ Walker, J. (1953). "The Early History of the Department of Coins and Medals". En The British Museum Quarterly. Vol. 18. Nº 3. Setembro. The British Museum. Páxinas 76-80.
- ↑ "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Society Meetings, 18 June 1958". Folklore. 69 (3): 216. 1958.
- ↑ "Supplement to the London Gazette, 30 March, 1920". Páxina 3.759
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Oman, Charles 1860-1946". WorldCat Identities.
- ↑ "Oman, Charles William Chadwick 1860-1946 Arquivado 21 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Charles William Chadwick Oman (1860-1946)". Bibliothèque nationale de France (BnF Data).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Oman |
Bibliografía
editar- Cousin, J. W. (1910). "Oman, Charles William Chadwick". En A Short Biographical Dictionary of English Literature. J. M. Dent & Sons, Londres
- E. S. G. R. (1946). "Sir Charles Oman". En The British Numismatic Journal. 25. 9. British Numismatic Society, Londres. Páxina 78.
- Todd, F. P. (1946). "Noted Historian Dies: Sir Charles Oman, 1860-1946". En Military Affairs. Vol. 10. Nº 4. Páxinas 47-48.
Predecesor: Arthur Evans |
Presidente da Royal Numismatic Society 1919 - 1930 |
Sucesor: Percy H. Webb |