Clitelados
Clitelados | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Miñoca | ||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||
| ||||||||||
Subclases | ||||||||||
A clase dos clitelados ou Clitellata comprende un grupo de animais dentro do phylum dos Annelida caracterizados pola presenza de clitelo. Neste grupo inclúense os oligoquetos, os hirudíneos e dous pequenos grupos como son os acantobdélidos (con tan só un par de especies) e os branquiobdélidos.
Características
editarOs clitelados son hermafroditas, coas gónadas limitadas a un pequeno número de segmentos e con condutos xenitais ben diferenciados. Todos eles posúen clitelo para a formación de casulos onde se desenvolve, de xeito directo, a posta. Carecen de parápodos (típicos de poliquetos) e, moitos deles presentan sedas quitinosas ou ben ventosas para se fixaren ben no substrato, ben nas súas presas.
Outra das características que os diferencia dos poliquetos é o escaso desenvolvemento de estruturas sensoriais, que nos caso dos poliquetos é notoria, sobre todo parte anterior do corpo.
A súa diferenciación en especies está baseada, fundamentalmente, no seu complexo sistema reprodutor, moi variable.
Habitan no medio terrestre como nos medios acuáticos, tanto de augas continentais como no medio mariño. A maioría das especies son de vida libre aínda que hai algunhas comensais e mesmo parasitas.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Clitelados |