Colleen Atwood
Colleen Atwood, nada en Yakima (Washington) o 25 de setembro de 1948,[1] é unha deseñadora de vestiario estadounidense.
Atwood foi candidata ao Óscar ao mellor deseño de vestiario en doce ocasións, e gañouno polos filmes Chicago (2002), Memorias dunha gueixa (2005), Alice in Wonderland (2010) e Animais fantásticos e onde atopalos (2016). Colaborou varias veces cos directores Tim Burton, Rob Marshall e Jonathan Demme.[2]
Traxectoria
editarPrimeiros anos e estudos
editarAtwood naceu en Yakima, Washington, e estudou pintura no Cornish College of the Arts de Seattle a principios da década de 1970. Posteriormente traballou en varios lugares, como na tenda de Yves St. Laurent nos almacéns Frederick & Nelson da cidade.[3]
Carreira
editarAtwood comezou a súa carriera como conselleira de moda en Washington a principios da década de 1970. Mudouse a Nova York en 1980, onde estudou na Universidade de Nova York.[4] A súa carreira no cinema comezou tras un encontro casual co fillo dunha das deseñadoras dos decorados do filme Ragtime, tralo que obtivo o traballo de axudante de produción nese filme.[3][5] Traballou como axudante de deseño de vestiario e finalmente logrou o seu primeiro traballo en A Little Sex, dirixido por Bruce Paltrow.[4]
Atwood entrou no mundo do deseño de vestiario para teatro e cinema, acadando a fama polo seu traballo na xira mundial Bring on the Night de Sting, da que se realizou un documental homónimo.[6] Un punto importante na súa carreira chegou cando, a través do deseñador de produción Bo Welch, con quen traballara en Joe Versus the Volcano, coñeceu o director Tim Burton. Atwood e Burton traballaron xuntos en sete filmes nos seguintes anos, a partir de Edward Scissorhands.[3][5] Mudouse aos Ánxeles en 1990.[4]
Atwood involucrouse parcialmente no desenvolvemento o foi a deseñadora xefa en máis de cincuenta filmes. Tamén foi a deseñadora de todos os traxes novos para Ringling Bros. e Barnum & Bailey Circus en 2005-2006 e dos uniformes de The Black Parade para o grupo My Chemical Romance, ademais do vestiario do seu seguinte álbum, Danger Days: The True Lives of the Fabulous Killjoys. Tamén traballa na televisión, como nas series Arrow,[7] The Flash,[7] e Supergirl.[7]
Os deseñadores de moda favoritos de Atwood inclúen Azzedine Alaia,[4] Yohji Yamamoto[4] e Alexander McQueen.[4][8]
Filmografía
editarCinema
editarTelevisión
editarNotas
editar- ↑ "Atwood, Colleen". Current Biography Yearbook 2010. Ipswich, MA: H.W. Wilson. 2010. pp. 19–22. ISBN 9780824211134.
- ↑ "Oscars: Colleen Atwood wins for Alice in Wonderland costume design". LA Times. 27 de febreiro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Who dresses Johnny Depp? Costumer Colleen Atwood, a Northwest native". The Seattle Times. 11 de decembro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Diamond, Jamie (24 de febreiro de 2005). "A Costume Drama in Modern Dress". New York Times.
- ↑ 5,0 5,1 "Behind the Scenes; A Dozen Bright Talents Who Are Helping To Shape the Season Ahead:COLLEEN ATWOOD: Clothes Conscientious". New York Times. 9 de setembro de 1990.
- ↑ Maslin, Janet (8 de novembro de 1985). "SCREEN: STING IN 'BRING ON THE NIGHT'". New York Times.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Costume Designer Colleen Atwood on Making the Heroes of ‘Flash’ & ‘Arrow’ Look Super". Variety. 3 de xuño de 2015.
- ↑ Leung, Mariana (1 de xuño de 2012). "Exclusive Interview: Oscar-Winning Costume Designer Colleen Atwood". Ms Fabulous. Consultado o 8 de xuño de 2013.