Corbícula
A corbícula,[1] ou cesta do pole,[2] é unha estrutura que forma parte da tibia da pata posterior das abellas, que está presente nas tres tribos dos apinos (subfamilia da familia dos ápidos).
Ás especies destas tribos chámanselle "abellas corbiculadas".[3][4]
Etimoloxía
editarO nome corbícula deriva do latín tardío corbicula, diminutivo do latín clásico corbis, "cesta".[5]
Función
editarA corbícula é unha estrutura máis especializado que a vasoira de pole, a cal tamén serve para transportar este, e que se encontra nas patas ou no abdome da maioría das especies de abellas.
A abella humedece as súas patas dianteiras coa longa lingua e cepilla o pole que recolectou na súa cabeza, tronco, abdome e no primeiro e no segundo par de patas, transfiríndoo ao último par de patas. Primeiro pásao aos peites das patas posteriores, o cepilla e comprime, e o traslada á superficie externa da tibia das patas posteriores. Alí (na rexión da tibia que na maioría das outras abellas presenta a vasoira ou cepillo de pole) o pole se deposita nunha concavidade puída, rodeada de pelos, a corbícula ou cesta do pole. Un só pelo actúa de cravo que mantén a carga de pole no seu lugar. A abella usa mel ou néctar para humedecer o seco pole e así mellorar a súa adhesión. A cor do pole recolectado pode servir para identificar a súa orixe.[6]
Só as abellas obreiras recolectan pole e teñen corbículas.[2]
Notas
editar- ↑ corbícula, en Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. Alemám, Inglês, Espanhol, Galego-Português. A Coruña: AGAL. ISBN 84-8730-512-1, p. 105.
- ↑ 2,0 2,1 cesta do pólen, en Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. Alemám, Inglês, Espanhol, Galego-Português. A Coruña: AGAL. ISBN 84-8730-512-1, p. 90.
- ↑ George Gordh & David Headrick (2011): A Dictionary of Entomology. 2ª ed. revisada. Clayton, Australia: CSIRO Publishing. ISBN 978-0-6430-9784-1, p. 713.
- ↑ Cane, James H. (2008): "Bees (Hymenoptera: Apoidea: Apiformes)" en Capinera, John L. (Ed.) Encyclopedia of Entomology Vol. 2. Berlín: Springer Verlag. ISBN 978-1-4020-6360-2, pp. 419–434.
- ↑ corbicula no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Hodges, Dorothy (1952): The Pollen Loads of the Honey Bee: A Guide to Their Identification by Colour and Form. Congresbury, Somerset, UK: International Bee Research Association.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Proctor, M., Yeo, P. & Lack, A. (1996): The Natural History of Pollination. Portland, Oregon : Timber Press. ISBN 0-8819-2352-4.