Coruxo, Vigo
San Salvador de Coruxo é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Comesaña, Navia, Oia e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Presenta unha extensión de 900 hectáreas de superficie. Ten 40 entidades de poboación, 3 lugares e, segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 5.352 habitantes (2.620 homes e 2.732 mulleres).
Coruxo | |
---|---|
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°11′28″N 8°48′03″O / 42.1912, -8.80073483 |
Poboación | 5.352 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 41[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarAtopáronse achados arqueolóxicos da Idade de Bronce, coma os petróglifos no lugar de Fragoselo ou en Casteñeirón. Hai restos castrexos en San Lourenzo e na Illa de Toralla, onde tamén hai restos romanos. A igrexa románica de San Salvador conserva tres ábsidas románicas, sección dun antigo mosteiro beneditino desaparecido no século XIV. O cruceiro é o máis antigo de Vigo, datado no ano 1631.[3]
A gamela coruxeira é un tipo de embarcación tradicional moi estendida nas augas viguesas e que debeu nacer nas carpintarías desta parroquia.
Coruxo dispón dun Centro Recreativo Artístico e Cultural, dunha asociación de veciños e dun pavillón polideportivo. Ademais, conta cunha xunta de montes en mancomunidade que administra unha superficie de 231 hectáreas.
No martes do Entroido quéimase a figura do Castrón. No verán, os barrios de Fragoselo, O Vao e San Lourenzo celebran respectivamente as súas festas na honra de san Sebastián, a Virxe do Carme e San Lourenzo.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Coruxo.
-
Vistas da Ría de Vigo dende Coruxo.
-
Carballo nos montes de Coruxo.
-
No monte de Coruxo atópanse rochas decoradas.
-
Fonte da Abilleira.
Lugares e parroquias
editarLugares de Coruxo
editarLugares da parroquia de Coruxo no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Abade | Os Bouzós | Breadouro | Burdés | A Calzada | O Carballal | A Carrasqueira | O Ceán | O Combro | Coruxo de Abaixo | O Cotarelo | Couto de Abaixo | Couto de Arriba | Fontela | Fragoselo | A Gándara | O Gato | A Igrexa | As Laxes | A Longra | A Luz | Melcas | Moláns | Muíños | A Parrocha | A Pedreira | As Quintas | O Río | Romeu | As Roteas | O Rozo | San Lourenzo | A Silveira | A Taberna | Tarrío | A Tintureira | Toralla | A Torre | O Vao | O Verdeal | Viñó |
Parroquias de Vigo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Lamas, Jorge (18 de agosto de 2021). "Un arte popular con la mirada puesta en el más allá". La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coruxo, Vigo |
Bibliografía
editar- Mosquera, Javier; Cameselle, Gillermo (1995). Vigo a través de sus barrios (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-87657-90-7.
- Mosquera, Javier; Franco, Fernando (2002). Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana (en castelán). Fundación Caixa Galicia, Faro de Vigo. pp. 289–304.