Década de 680
Primeiro milenio | |||||
Século VII | |||||
| |||||
|
680
- Artigo principal: 680.
- Ervixio comeza o seu mandato como rei dos visigodos (até 687), ao depor ao rei Vamba, a quen fai tonsurar e recluír nun mosteiro.
- Xisulfo I convértese en duque de Benevento.
- IV Concilio ecuménico de Constantinopla (680-681): conclúe condenando o monotelismo e recoñece ao papa como xefe da primeira sede da Igrexa. As conclusións achegan ao emperador bizantino a Occidente, en momentos nos que a presión musulmá ameaza a aquel e domina nas zonas de predominio monoteísta.
681
- Artigo principal: 681.
América
- Comeza o seu reinado, Itzamnaaj B'alam II, soberano de Yaxchilán, no actual Chiapas, México (até 742).
Europa
- 9 de agosto - Vitoria dos búlgaros, mandados por Asparukh, sobre o imperio bizantino: creación do estado búlgaro, con capital entón en Pliska (hoxe Aboba, preto de Chumen).
- Reino visigodo: XII Concilio de Toledo.
682
- Artigo principal: 682.
- 17 de agosto - Iníciase o pontificado de León II (até 683).
683
- Artigo principal: 683.
América
- Comeza o goberno de Chan Bahlam II, soberano da cidade maia de Palenque (até 702).
Oriente Próximo
- Muawiya II ibn Yazid (683–684), sucede no califato omeia a Yazid I.
684
- Artigo principal: 684.
América
- K'inich Kan B'alam II, coñecido orixinariamente como Chan Bahlum II, accede ao trono da cidade-estado maia de Palenque (até 702)
Asia Oriental
Islam
- Marwan I sucede no califato omeia a Muawiyah II (até 685).
- Revolta de escravos en Kufa, Iraq (até 686).
Europa
Ciencia e tecnoloxía
- Rexístrase, máis unha vez, o paso do cometa Halley.
685
- Artigo principal: 685.
Europa
Asia
- Comezo do goberno de Abd al-Malik, califa de Damasco (até 705).
- Os árabes toman Cabul (actual Afganistán).
- Proclamación do budismo como relixión oficial do Xapón.
686
- Artigo principal: 686.
Asia
Europa
- 21 de outubro - Conon é o novo papa (até 687), sucedendo a Xoán V.
687
- Artigo principal: 687.
- Vitoria de Tetry pola que Pipino II acada o goberno sobre a totalidade do reino franco vencendo ao mordomo de Neustria-Borgoña.
- Ervixio, rei visigodo, abdica, facéndose tonsurar (como á forza fixera el co seu antecesor, o rei Vamba)
- 15 de decembro - Serxio I é o novo papa (até 701).
688
- Artigo principal: 688.
- Caedwalla, rei de Wessex, Gran Bretaña, abdica para ir a Roma en peregrinación.
689
- Artigo principal: 689.
África
Asia
- A cidade-estado de Sriwijaya (no sur da illa de Sumatra) vence en batalla naval ao reino de Tarumanagara ( no oeste da illa de Xava), obtendo a supremacía no control dos estreitos de Malaca e de Sonda.
Europa
- Vitoria de Pipino II sobre Radbodo e os frisóns en Wyk-lez-Duurstede. Frisia incorpórase ao reino franco
- Inicio do reinado de Ina, rei de Wessex (até 726).
- Expedición de Xustiniano II, emperador bizantino, contra os eslavos de Macedonia. Deportará varios milleiros a Bitinia, para reforzar a fronteira contra os musulmáns.
Oriente Medio
- O califa Abd El-Malik asina unha tregua de dez anos con Bizancio.