Día Nacional de Galicia
O Día Nacional de Galicia,[1] coñecido tamén como Día da Patria Galega,[2] Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
Historia e características
editarOrixes
editarAs orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte[3], impoñéndose ás teses defendidas por Antón Villar Ponte[4] para celebralo o 17 de decembro, considerado daquela o aniversario da decapitación do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo.[5]
Ditadura de Primo de Rivera
editarEn 1924 o ditador Miguel Primo de Rivera foi designado delegado rexio na ofrenda ao apóstolo, ao que levou a algúns grupos a propor o cambio de día de Galicia ao 17 de decembro, data do axustizamento do mariscal Pardo de Cela.[6][7] A discusión aínda perduraba en 1930 cando a fin da ditadura permitiu de novo a celebración de actos galeguistas, como o mitin no teatro García Barbón de Vigo o 25 de xullo dese mesmo ano.[6]
Primeiros anos da ditadura franquista
editarDurante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continuaron esta convocatoria, e en Galiza o galeguismo concentrouse ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalizouse como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país. Asemade, seguían as conmemoracións no exilio, como a lectura do discurso Alba de Groria de Castelao, pronunciado en Buenos Aires en 1948.[6]
Derradeiros anos do franquismo e democracia
editarEn 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Santiago de Compostela. Foron o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) os que se manifestaron de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega.[Cómpre referencia]
Actos
editarO Día Nacional de Galicia entréganse as medallas de Galicia, creadas en 1984,[8][9] e realízase unha ofrenda a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres.[10]
Os diferentes partidos nacionalistas de Galiza convocan manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega. O PSdeG realiza unha ofrenda floral no monumento a Castelao en Rianxo.[11]
Notas
editar- ↑ "35 anos de 'Día Nacional de Galicia'", Praza Pública, 20-7-2013.
- ↑ A orixe da denominación 'Día da Patria Galega' contada por Bautista Álvarez Arquivado 15 de xullo de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 15 de xullo de 2018.
- ↑ Dobarro, Xosé María (24-7-2016). "As Irmandades botan a andar o Día de Galicia (IX)". Diario de Ferrol. Consultado o 18-12-2016.
- ↑ Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 210. ISBN 978-84-9121-304-8.
- ↑ Beramendi, Xusto. "Non pode haber nación sen día nacional". sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 20/07/2018. Consultado o 20/07/2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Día Nacional de Galicia: 96 anos dunha festa en construción
- ↑ As Irmandades da Fala institucionalizaron o Día de Galicia en 1920
- ↑ Las imágnes del acto de entrega de las Medallas de Ouro de Galicia
- ↑ Medallas de Galicia
- ↑ "Ofrenda floral a Rosalía de Castro no Panteón dos Galegos Ilustres". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2016.
- ↑ Axenda do 25 de xullo: Múltiplas reivindicacións políticas, festa e ningunha celebración da Xunta
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Día Nacional de Galicia |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Decreto do DOG Nº 1 do 1 de xaneiro de 1979 polo que se estabelece como Dia Nacional de Galicia o 25 de xullo de cada ano.
- Páxina do 25 de xullo
- 25 olladas para o Día Nacional de Galicia, Praza Pública, 25 de xullo de 2018.
- Así naceu o Día da Patria Galega Arquivado 10 de novembro de 2019 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 10 de novembro de 2019.