Daniel Studi
Daniel Michael Studi, nado o 4 de xullo de 1976 en Oklahoma, é un actor amerindio fillo do tamén actor de orixe cherokee Wes Studi. Foi educado do xeito dos cherokee, e para coñecer e respectar as tradicións das distintas tribos nativas americanas. Isto foi inestimable para a dobraxe do filme de animación de DreamWorks Spirit: Stallion of the Cimarron (2002).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1976 (48 anos) Oklahoma, Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Pobo cherokee |
Actividade | |
Ocupación | actor de televisión |
Tamén actuou previamente xunto ó seu pai no telefilme Crazy Horse.
Filmografía
editar- Crazy Horse (1996) - Wasu
- Spirit: Stallion of the Cimarron (2002) - Little Creek
- A Thief of Time (2004)