David O. Selznick

produtor de cinema estadounidense

David O. Selznick, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 10 de maio de 1902 e finado en Hollywood (California) o 22 de xuño de 1965 foi un produtor cinematográfico estadounidense.

Modelo:BiografíaDavid O. Selznick

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) David Selznick Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1902 Editar o valor en Wikidata
Pittsburgh (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xuño de 1965 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Hollywood (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor de cinema, produtor delegado, director de cinema, emprendedor, guionista, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1923 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeJennifer Jones (1949–1965)
Irene Mayer Selznick (1930–1948) Editar o valor en Wikidata
FillosL. Jeffrey Selznick
 () Irene Mayer Selznick
Daniel Selznick
 () Irene Mayer Selznick Editar o valor en Wikidata
PaiLewis J. Selznick Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006388 Allocine: 35552 Allmovie: p110766 TCM: 174059 TV.com: people/david-o-selznick
BNE: XX1276777 WikiTree: Selznick-2 Find a Grave: 941 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Selznick naceu nunha familia de orixe xudía, fillo do inmigrante lituano e distribuidor de filmes mudos Lewis J. Selznick e de Florence A. Sachs. Engadiu o "O" ao seu nome para distinguirse dun tío seu co mesmo nome.[1]

Estudou na Universidade de Columbia e traballou como aprendiz co seu pai ata a súa bancarrota en 1923. Tres anos despois marchou a Hollywood e grazas aos contactos do seu pai conseguiu un traballo como axudante na Metro-Goldwyn-Mayer. Deixou este estudio por Paramount Pictures en 1928, e en 1931 entrou na RKO como xefe de produción.

Durante a súa etapa na RKO traballou en moitos filmes, como King Kong (1933) e deulle a George Cukor a súa primeira oportunidade como director. En 1933 volveu á MGM, onde o seu sogro, Louis B. Mayer, era un executivo. Mayer deulle a Selznick unha unidade de produción paralela á do poderoso Irving Thalberg, que tiña problemas de saúde. Esta unidade participou en filmes como Cea ás oito (1933), David Copperfield (1935), Anna Karenina (1935) e A Tale of Two Cities (1935).

A pesar do seu éxito cos grandes estudios, Selznick formou a súa propia produtora independente, Selznick International Pictures, en 1935 e distribuía os seus filmes a través de United Artists. Os seus éxitos continuaron con clásicos coma The Garden of Allah (1936), The Prisoner of Zenda (1937), Naceu unha estrela (1937), Nothing Sacred (1937), The Adventures of Tom Sawyer (1938), The Young in Heart (1938), Made for Each Other (1939), Intermezzo (1939) e Foise co vento (1939).

En 1939 e 1940 os seus filmes Foise co vento e Rebecca gañaron o Oscar ao mellor filme. Tras este último pechou a compañía e tomouse un tempo ata que en 1944 formou The Selznick Studio e volveu á produción co grande éxito Since You Went Away, que tamén escribiu, e filmes de Alfred Hitchcock coma Spellbound (1945) e The Paradine Case (1947). Tamén produciu The Third Man (1949) ou Duel in the Sun (1946), coa que sería a súa dona, Jennifer Jones.

Máis tarde escribiu "parei de facer filmes en 1948 porque estaba canso. Estivera producindo durante vinte anos… ademais, era claro que o negocio do cinema estaba nunha terrible loita coa televisión e outras formas novas de diversión, e pensei que era un bo tempo para parar e estudar obxectivamente os obvios cambios do gusto do público… Certamente non tiña intención de apartarme da produción durante nove anos."[2] Selznick pasou a maior parte da década seguinte promovendo a carreira da súa segunda esposa, Jennifer Jones. A súa última produción, Adeus ás armas (1957) foi pobremente recibida.

En 1954 atreveuse coa televisión, con Light's Diamond Jubilee, que fixo historia por ser emitido simultaneamente nas catro emisoras: CBS, NBC, ABC e DuMont.

Faleceu en 1965.

Filmografía

editar
Ano Título
1934 Viva Villa!
1935 David Copperfield
1936 A Tale of Two Cities
1937 Naceu unha estrela
1939 Foise co vento
1940 Rebecca
1944 Since You Went Away
1945 Spellbound
  1. Selznick, David O. (2000). Behlmer, Rudy, ed. Memo from David O. Selznick. Nova York: Modern Library. ISBN 0-375-75531-4. 
  2. Memo from David O. Selznick, p. 423.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar