Os descompoñedores son organismos que se alimentan de materia orgánica morta dos ecosistemas e constribúen á súa descomposición natural.[1] Son seres heterótrofos que converten os compostos orgánicos dos que se alimentan en compostos inorgánicos (sales, gases), que poden volver ser utilizados polos seres vivos, polo que xogan un papel moi importante nos ciclos bioxeoquímicos da natureza. Os descompoñedores máis típicos absorben substancias orgánicas do seu ambiente por osmotrofia (a través das súas paredes) e descompóñenas directamente nos seus metabolismos, sen utilizaren aparatos dixestivos, e estes son especies de bacterias, arqueas e fungos, mentres que os pequenos animais descompoñedores, como por exemplo, miñocas ou artrópodos, que comen e dixiren nos seus aparatos dixestivos os residuos orgánicos, reciben o nome máis específico de detritívoros. Algúns protistas tamén funcionan como descompoñedores. Xeralmente se exclúen dos descompoñedores aos animais necrófagos ou preeiros (larvas de mosca, escaravellos, voitres, hienas etc.), pero os restos deixados por estes son descompostos polos descompoñedores.[2]

Os fungos e os procariotas son seres descompoñedores.

As bacterias saprótrofas poden descompoñer case calquera tipo de materia orgánica.[3] As bacterias saprófitas son moi abundantes nos solos, onde pode haber 40 millóns de bacterias por gramo de solo.

En moitos ecosistemas os principais descompoñedores de residuos orgánicos son fungos saprótrofos. Os fungos poden penetrar coas súas hifas na materia en descomposición acelerando a súa descomposición. Os fungos liberan encimas para descompoñer a materia orgánica e mesmo teñen encimas capaces de degradar a lignina da madeira, o que os fai os principais descompoñedores dos bosques.[4]

  1. "NOAA. ACE Basin National Estuarine Research Reserve: Decomposers.". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 03 de agosto de 2014. 
  2. C.Michael Hogan. 2011. Trophic level. Eds. M.McGinley & C.J.cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC
  3. "USDA Natural Resources Conservation Service: Soil Biology.". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2013. Consultado o 03 de agosto de 2014. 
  4. Waggoner, Ben; Speer, Brian. "Fungi: Life History and Ecology". Introduction to the Fungi. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2019. Consultado o 24 January 2014. 
  • Beare MH, Hendrix PF, Cheng W (1992) Microbial and faunal interactions and effects on litter nitrogen and decomposition in agroecosystems. Ecological Monographs 62: 569-591
  • Hunt HW, Colema9n DC, Ingham ER, Ingham RE, Elliot ET, Moore JC, Rose SL, Reid CPP, Morley CR (1987) "The detrital food web in a shortgrass prairie". Biology and Fertility of Soils 3: 57-68
  • Smith TM, Smith RL (2006) Elements of Ecology. Sixth edition. Benjamin Cummings, San Francisco, CA.
  • Swift MJ, Heal OW, Anderson JM (1979) Decomposition in Terrestrial Ecosystems. University of California Press, Berkeley, CA.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar