Edgar Morin, nado en París o 8 de xullo de 1921, é un sociólogo francés.

Modelo:BiografíaEdgar Morin

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Edgar Nahoum Editar o valor en Wikidata
8 de xullo de 1921 Editar o valor en Wikidata (103 anos)
9.º arrondissement de Paris (Francia) Editar o valor en Wikidata
Director de investigación do CNRS
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Dereito de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEpistemoloxía, socioloxía, ambiente, política e complex thinking (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, membro da resistencia francesa, sociólogo, director de cinema Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCentre national de la recherche scientifique
École des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés (1941–1951) Editar o valor en Wikidata
MovementoFilosofía continental, Socioconstrutivismo (pt) Traducir e antropoloxía Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoClaude Fischler, Chris Southcott (pt) Traducir, Jean Viard (pt) Traducir, Nicole Lapierre e Bernard Dagenais (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeSabah Abouessalam (2012–)
Edwige Morin (1978–2008), morte do cónxuxe
Johanne Harrelle (1972–) Editar o valor en Wikidata
FillosVéronique Grappe-Nahoum
 ()
Irène Nahoum
 () Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0602841 Twitter: edgarmorinparis BNE: XX995474 Dialnet: 21545 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ligado á Fronte Popular francesa e comprometido coa II República Española, dende moi cedo asumiu o marxismo. Durante a segunda guerra mundial militou na resistencia, participou na liberación de París e na posguerra foi tenente do exército de ocupación francés en Alemaña. Afiliouse ao Partido Comunista Francés. As súas posicións contrarias ao stalinismo, levárono a distanciarse do partido ata a súa expulsión en 1951.

En 1950 entrou no Centre national de la reserche scientifique e máis tarde fundou a revista Arguments. Na Bretaña realizou un traballo de etnoloxía contemporánea. Fundou e dirixe o Centro d´etudes de comunication de masse

Moi comprometido coa axitación estudantil, foi un dos teóricos do maio do 68. Ás súas viaxes por Latinoamérica sensibilízano coas culturas indíxenas e afro-brasileiras.

Contrario á Guerra de Alxeria, estivo preto de posicións pacifistas. Así malia ás súas orixes xudeu-sefardíes, manifestouse crítico con Israel nas súas relacións con Palestina.

Conta con distincións de grande prestixio como a medalla de ouro da UNESCO,Comendadeur da Lègion d´honneur, a Ordem de Sant-Iago da Espada de Portugal ou o Premio internacional de Cataluña.

Pensamento

editar

Defende a transdisciplinariedade e o pensamento complexo. É un dos pais da teoría da complexidade. Nel inflúe a cibernética, os sistemas, a xenética e a informática. Propón unha refundación antropolítica, unha nova toma de conciencia da comunidade de destino terrestre, o planeta como patria. A cultura actual pertence á prehistoria. Todas as grandes creacións foron impensables antes de producírense e todo o afortunado que leva ocorrido na historia foi no seu día improbable.Estes e outros factores son principios de esperanza na desesperanza. Quedan, xa que logo, posibilidades cerebrais e antropolóxicas no proceso de humanización. Isto non significa caer nun optimismo superficial pois ningún desenvolvemento se adquire para sempre e existe un principio de degradación que reclama unha rexeneración sempre incerta.