El Eco de Galicia (Buenos Aires)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Eco de Galicia.
El Eco de Galicia foi un xornal publicado en Buenos Aires entre 1892 e 1926.
El Eco de Galicia (Buenos Aires) | |
---|---|
Fundación | 1892 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Buenos Aires |
Na rede | |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarFoi fundado por Xosé María Cao Luaces o 7 de febreiro de 1892. Desde a súa fundación foi o órgano dos residentes galegos na Arxentina. Tamén estivo dirixido por Manuel Castro López.
A publicación tiña un forte contido rexionalista. Desde as páxinas de El Eco de Galicia, Cao buscaba a refundación do Centro Galego de Bos Aires. Propuxo a utilización da redacción do xornal como Ateneo Artístico e Literario mentres non se constituíse o Centro Galego. Entre os seus colaboradores figurou Xesús San Luís Romero.
Cesou a súa publicación en 1926.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Eco de Galicia, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Ligazóns externas
editar- Índices na Hemeroteca da Deputación de Pontevedra
- Eco de Galicia of Buenos Aires Newspaper Traveling-cook.com, en inglés.