Eva Almazán

tradutora galega

Eva Almazán García, nada en Pontevedra en 1976, é unha tradutora galega.

Modelo:BiografíaEva Almazán
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1733415 BUSC: almazan-eva-1976 Dialnet: 1323539

Traxectoria

editar

Licenciouse en 1998 en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo. En 2000, na mesma universidade, completou os cursos de doutoramento, e en 2002 obtivo unha bolsa de estudos promovida pola Fundación Barrié e o British Council. Fixo un máster sobre Pragmática e Tradución na Universidade de Salford.

En 2002, cofundou a empresa Rosetta Tradución. Dende 2007 dedícase en exclusiva á tradución editorial e literaria. Traduciu para diversas editoriais galegas, como por exemplo a editorial Galaxia ou Rinoceronte, e de fóra, como Vicens Vives; e destacan as súas versións en lingua galega dalgunhas obras de autores tales de fala inglesa, como Paul Auster, Jim Thompson, Martin Amis, Doris Lessing ou Edgar Allan Poe.

É membro da Asociación de Tradutores Galegos.

Recoñecementos

editar

Ten recibidos unha morea de premios polos seus traballos, como:

Obras traducidas

editar

Traduciu dende o inglés, o italiano e o alemán unha gran cantidade de obras ó galego[5]:

  1. Eva Almazán, Premio Tradución 2004 Arquivado 01/02/2014, en Wayback Machine., no Diario da Universidade de Vigo, 2004.
  2. A versión en galego do 'Ulises' de Joyce gaña o Premio Nacional de Tradución Arquivado 22 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en El Correo Gallego, 2013.
  3. Redacción (2023-09-08). "Eva Almazán e Xosé Antón Parada gañan o Premio Plácido Castro de Tradución". nosdiario.gal. Consultado o 2024-02-23. 
  4. Redacción (2023-09-08). "Eva Almazán e Xosé Antón Parada gañan o Premio Plácido Castro de Tradución". nosdiario.gal. Consultado o 2024-02-23. 
  5. Eva Almazán García, en Cultura Galega.
  6. "Estamos en desavantaxe publicando un éxito en galego, logo de facelo en castelán" Arquivado 23/08/2017, en Wayback Machine., en Diario da Universidade de Vigo, 2004.
  7. Almazán García, Eva Mª. "O ano do pensamento máxico". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-11-05. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar