Ferdinand Foch
Ferdinand Foch, nado o 2 de outubro de 1851 en Tarbes (Francia) e finado o 20 de marzo de 1929 foi un mariscal de campo francés, comandante en xefe dos exércitos aliados durante a primeira guerra mundial. Tamén fixo algunha publicación especializada.
Traxectoria
editarAlistouse na infantaría francesa no ano 1870, combatendo na guerra franco-prusiana. Un ano despois ingresou na academia militar dende onde foi destinado á artillaría en 1873.
En agosto de 1914, tralo comezo da primeira guerra mundial, tomou o mando do XXX Corpo do exército en Nancy. Durante este servizo contivo o avance das forzas alemás durante a ofensiva de primavera de 1918 na segunda batalla do Marne, lanzando o contraataque que sería o comezo da derrota xermana.
En xullo de 1918 foi nomeado Mariscal de Francia, e como tal aceptou a rendición alemá en novembro. Tanto polo seu consello durante a guerra polaco-bolxevique de 1920 como pola presión sobre Alemaña durante a revolta en Polonia de 1923 foi nomeado Mariscal de Polonia. No ano 1919 tamén obtivo ese mesmo título honorífico do Imperio Británico.
Expresou o seu descontento sobre o Tratado de Versalles coa famosa frase: "Este non é un tratado de paz, senón un armisticio de vinte anos"
Cando o Armisticio de Compiègne foi convertido en memorial nacional, foi erixida no lugar unha estatua na súa honra.
Publicou "Des Principes de la Guerre" ("Os Principios da Guerra") en 1903 e "De la Conduite de la Guerre" ("Sobre o Desenvolvemento da Guerra") en 1904.