Flavio Xosefo
Flavio Xosefo, nado en Xerusalén no ano 37 e finado en Roma no ano 100, foi un historiador xudeu. Os seus relatos son unha importante referencia histórica da Palestina do século I.
Nome orixinal | (grc) Ἰώσηπος Φλάβιος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (he) יוסף בן מתתיהו 37 Xerusalén (Xudea) |
Morte | 100 (62/63 anos) Roma, Italia |
Grupo étnico | Hebreos |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Movemento | Fariseo |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira Guerra Judaico-Romana (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Flavius Hyrcanus, Flavius Justus, Flavius Simonides Agrippa |
Pai | Matias (Pai de Flávio Josefo) |
Irmáns | Matthias |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Иосиф Флавий) Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) , (sec:Josephus (37 BC-AD 100)) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Traxectoria
editarPertencente a unha familia sacerdotal de Xudea, a súa nai estaba vinculada aos Asmoneos. Recibiu unha educación esmerada e axiña interesouse nos movementos relixiosas da época.[1] Durante o goberno de Nerón foi enviado a unha embaixada onde conseguiu a amnistía para varias autoridades xudías acusadas dunha serie de irregularidades. Para iso valeuse do apoio de Atilirio, persoa próxima a Nerón e á emperatriz Popea.[1] No regreso a Xudea atopouse cunha insurrección popular, e foi nomeado gobernador de Galilea polo Sanedrín. Loitou contra os exércitos romanos de Vespasiano. Feito prisioneiro, acadou o favor dos emperadores Vespasiano e Tito e fíxose cidadán romano sen renegar do xudaísmo, mais asentándose en Roma de xeito definitivo.[1] Tomou o nome de Flavio por ser este o da familia imperial que o protexeu.
Obras
editarEscribiu máis de vinte libros de grande interese histórico. Porén Flavio Xosefo é máis coñecido por facer a referencia escrita a Xesús de Nazaret máis antiga[1]. Concretamente trátanse de dous parágrafos dentro do volume Antiquitates Iudaicae. O primeiro deles é coñecido coma o Testimonium Flavianum, texto de autoría controvertida.[1] Algúns estudosos defenden a súa autenticidade, outras defenden que foi un texto manipulado ou engadido polos copistas cristiáns da obra de Flavio Xosefo, aproveitándose do seu prestixio. O segundo texto, contido no capítulo 20 da citada obra, relata a morte de Santiago, facendo alusións a Xesús. Hai consenso en considerar este segundo texto veraz e auténtico.[1]
- De bello judaico
- Antiquitates Iudaicae
- Contra Apionem
- Josephi vita
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Flavius Josephus, en Livius.org (en inglés)
- Contra Apionem, en Perseus (en grego)
- De bello Judaico libri VII, en Perseus (en grego)
- Josephi vita, en Perseus (en grego)
- Antiquitates Judaicae, en Perseus (en grego)
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |