O folk metal é un xénero de fusión do heavy metal e a música folk tradicional xurdido en Europa nos anos 1990. A música deste xénero caracterízase pola mestura de diversos estilos de heavy metal coa música folk, sendo habitual o uso de instrumentos folclóricos xunto aos tradicionais do heavy metal,[1] en ocasións incluíndo estilos de canto tradicionais.[2] Algúns grupos tamén empregan teclados para simular o son dos instrumentos tradicionais.[3][4] As letras das cancións neste xénero adoitan tratar sobre temas como a fantasía,[5][6][7] mitoloxía,[8][9] paganismo,[10] historia[8][9] e natureza.[1]

Folk metal
Orixe musicalHeavy metal, música folk, folk rock
Orixe culturalAnos 1990 en Europa
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, batería, voz (música), instrumentos folk
DerivadosViking metal, Pagan metal
Subxéneros
Celtic metal, Medieval metal, Pirate metal

Considérase aos grupos Skyclad, Moonspell e Amorphis como os pioneiros deste xénero.[11][12][13][14] A mediados dos anos 1990 outros grupos comezaron a xurdir en diversas zonas de Europa, como por exemplo os irlandeses Cruachan e os alemáns Subway to Sally, cada un deles encabezando as variacións de estilo que serían denominadas celtic metal e medieval metal respectivamente.[15][16] Malia as contribucións destes primeiros grupos, non foi ata comezos dos anos 2000 que o xénero acadou unha gran popularidade, particularmente en Finlandia con grupos como Finntroll,[17] Ensiferum,[18] Korpiklaani,[19] Turisas[20] e Moonsorrow.[21]

  1. 1,0 1,1 Bowar, Chad. "Folk Metal Artists". About.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2008. 
  2. Lehtinen, Arto. "Interview with Jonne Järvelä of Korpiklaani". Metal-rules.com. Consultado o 15 de marzo de 2008. 
  3. Bush, John. "AMG Skyclad". AllMusic. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  4. Sharpe-Young, Garry. "Tuatha de Danann". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2012. Consultado o 13 de decembro de 2008. 
  5. Dujardin, Audrey. "Interview with Markus Toivonen and Petri Lindroos of Ensiferum". Tartareandesire.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2007. Consultado o 20 de marzo de 2008. 
  6. Fisher, Mark. "Interview with Carmen Espanæs of Midnattsol". Musicaldiscoveries.com. Consultado o 13 de marzo de 2008. 
  7. Stefanis, John. "Interview with Keith Fay of Cruachan". Getreadytorock.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2008. Consultado o 20 de febreiro de 2008. 
  8. 8,0 8,1 Bolther, Giancarlo. "Interview with Keith Fay of Cruachan". Rock-impressions.com. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  9. 9,0 9,1 Dieters, Frank. "Interview with Chrigel Glanzmann of Eluveitie". Lordsofmetal.nl. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2008. 
  10. Sharpe-Young, Garry. "Skyclad". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2009. Consultado o 13 de decembro de 2008. 
  11. Boylin, Alex. "Skyclad Biography". Metalstorm.ee. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  12. O'Neill, Wade. "Skyclad". Metaleater.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  13. Bowar, Chad. "Under Satanae Review". About.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2012. Consultado o 13 de marzo de 2008. 
  14. Begrand, Adrien. "Far From the Sun Review". PopMatters. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  15. Rivadavia, Eduardo. "Cruachan". AllMusic. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  16. von Viereck, Matthias (12 de novembro de 2007). "Modern Minstrels: Medieval Rock on the Rise". Goethe-Institut. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  17. Sharpe-Young, Garry. "Finntroll". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2009. Consultado o 2008-12-13. 
  18. Rivadavia, Eduardo. "AMG Ensiferum". AllMusic. Consultado o 16 de marzo de 2008. 
  19. Sharpe-Young, Garry. "Korpiklaani". MusicMight. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2009. Consultado o 13 de decembro de 2008. 
  20. Deming, Mark. "AMG Turisas". AllMusic. Consultado o 2008-03-16. 
  21. Rivadavia, Eduardo. "AMG Moonsorrow". AllMusic. Consultado o 16 de marzo de 2008. 

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.