Francisco Franco (escultor)
Francisco Franco de Sousa, nado en Funchal, Madeira, o 9 de outubro de 1885 e finado en Lisboa o 15 de febreiro de 1955, foi un escultor portugués. Pertence á primeira xeración de artistas modernistas portugueses[1] e destaca, segundo José-Augusto França, como o maior escultor portugués dos anos 20.[2]
Nome orixinal | (pt) Francisco Franco de Sousa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de outubro de 1885 Funchal, Portugal |
Morte | 15 de febreiro de 1955 (69 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Un dos bustos de António Oliveira Salazar realizado por el, que estaba baixo custodia do Estado portugués, foi desaparecido en 2020.[3]
Traxectoria
editarPrimeiros anos e contacto coas vangardas
editarFranco de Sousa iniciou a súa formación artística co seu pai ebanista. Aos 15 anos trasladouse a Lisboa e estudou na Universidade de Lisboa entre 1902 e 1909, onde foi alumno de Simões de Almeida. En 1909, obtivo unha bolsa para estudar en París, onde conviviu con artistas portugueses como Amadeo de Souza Cardoso e Santa-Rita Pintor, e interesouse especialmente na obra de Rodin.[4]
En 1911 viaxou polos Países Baixos. No ano seguinte, a súa bolsa, como a doutros compañeiros, interrompeuse por desacordos políticos, o que o levou a regresar a Lisboa, pero voltou a París arredor de 1920[5] onde conviviu con Diogo de Macedo, Dordio Gomes, Heitor Cramez e Modigliani.
Nesta fase de traballo intenso realizou varias esculturas, debuxos e gravuras coas técnicas de punta seca e xilografía. Expuxo no Salon d'Automne en 1921 e 1924, expoñendo a súa escultura Semenador, e na Société nationale des beux-arts.[6] En 1925 marchou a Italia como bolseiro.
Escultor na ditadura
editarDurante o Estado Novo, a arte pública en Portugal foi usada como ferramenta de propaganda para consolidar a ditadura e promover a súa ideoloxía. Influenciado pola estética fascista de Italia e da Alemaña nazi, o réxime salazarista promoveu un estilo monumental que exaltaba o poder do Estado. Neste contexto, Francisco Franco de Sousa creou obras que contribuíron á imaxe do réxime.[2]
Entre 1927 e 1929 rematou o Monumento a Gonçalves Zarco da Avenida da Liberdade e unha copia para a Feira de Sevilla[4] que se converteu nun punto de inflexión e un referente para a dirección da escultura pública portuguesa a partir dos anos trinta; Francisco Franco foi, entón, un dos autores máis solicitados para crear a estatuaria oficial.[2]
En 1931 creou a estatua do Infante D. Henrique para a Exposición Colonial de Vincennes. En 1934 realizou o seu primeiro retrato de Salazar, sendo condecorado por iso coa Orde Militar de Sant'Iago da Espada.[7] Outra estatua de Salazar presentouse na Exposición Internacional de París de 1937. Durante dous anos traballou na estatua ecuestre de D. João IV.[6]
Os últimos anos revelaron unha ralentización no seu traballo, consecuencia en gran parte do accidente que sufriu preto do seu estudo e do que nunca se recuperou totalmente.
Notas
editar- ↑ O adxectivo "modernista" no contexto portugués abarca un conxunto amplo de tendencias artísticas e culturais. Pode facer referencia ao modernismo no sentido galego do termo, vinculado ao Art Nouveau e chamado en portugués Arte Nova, pero tamén aos movementos que se desenvolveron a partir da primeira metade do século XX, como as vangardas europeas, caracterizado pola súa ruptura con formas tradicionais e a súa exploración de novas estéticas.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 França, José-Augusto – A Arte em Portugal no Século XX: 1911-1961 [1974]. Lisboa: Bertrand Editora, 1991, p. 184, 185, 261-263. ISBN 972-25-0045-7
- ↑ Obras de arte do Estado desaparecidas são quase impossíveis de localizar. Busto de Salazar é uma delas, por ZAP. 6 Fevereiro, 2020
- ↑ 4,0 4,1 A.A.V.V. – Exposição retrospetiva da obra do escultor Francisco Franco. Lisboa: S.N.I., 1966
- ↑ "Museu Henrique e Francisco Franco". Arquivado dende o orixinal o 29-07-2014. Consultado o 29-07-2014.
- ↑ 6,0 6,1 Teresa Campos dos Santos. "O escultor Francisco Franco: entre o modernismo e a construção da imagem da ditadura de António Oliveira Salazar" (PDF). Consultado o 28-07-2014.
- ↑ "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Francisco Franco de Sousa". Consultado o 2019-07-19.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Franco |